Archive for the ‘SECTOR SECUNDARIO’ Category

situación actual e desafíos de futuro da industria española; temas das pau

6 Febreiro, 2013

A REESTRUTURACIÓN DOS ESPAZOS INDUSTRIAIS. SITUACIÓN ACTUAL DA INDUSTRIA EN ESPAÑA E GALICIA.

– Desafíos: problemas estruturais (dimensión, I+D+i, tecnoloxía) e consecuencias da

incorporación á Unión Europea.

– Tendencias recentes da industria en España: globalización e deslocalización.

España é un país integrado no conxunto dos países industriais do mundo. Pero o desenvolvemento en España da actividade industrial non acadou un nivel notable ata a segunda metade do século XX. A crise industrial de 1974, que evidenciou a necesidade de cambiar os sistemas de produción, coincidiu coa revolución tecnolóxico-informática. Desenvolveuse así unha nova etapa denominada postindustrial ou informacional e tamén terceira revolución industrial que deu lugar a novos modelos de empresas cunha importancia crecente das novas tecnoloxías, a innovación e a investigación. O ingreso de España na Unión Europea supuxo a fin de todo proteccionismo e a apertura do mercado á competencia exterior, o que provocou unha reconversión industrial e o peche

de moitas industrias non competitivas.

Situación actual da industria española

A industria española despois da súa entrada na Unión Europea viviu un proceso de modernización produtiva, aínda que tivo que superar un período de crise a partir do ano 1990 que se agudizou no ano 1993. A mediados dos noventa a industria española, xa recuperada, convertérase no sector de actividade máis produtivo grazas á moderación salarial e á flexibilidade na contratación laboral. A economía crecía por riba da media europea e aumentaba o investimento español nos países da Unión Europea mentres que en Portugal, o norte de África e Latinoamérica se instalaban empresas españolas.

A industria tivo un bo ritmo de crecemento de vendas, produción e demanda aínda que vai perdendo importancia dentro do conxunto de actividades económicas a causa da terciarización xeral do emprego.

No entanto, en 2007 xorde a crise financieira en Estados Unidos e aféctalle a economía mundial. Na Unión Europea iniciouse unha tendencia xeral á baixa, que en España se reflicte cunha recesión da carteira de pedidos, un aumento dos stocks e unha desaceleración do emprego.

Os desafíos da industria española

A industria española presenta diversos problemas estruturais que afectan negativamente á súa competitividade fronte á economía europea e á global:

– Existe un escaso número de grandes empresas, xa que dominan as pequenas e medianas empresas; estas teñen a vantaxe de adaptarse mellor ás demandas do mercado e presentar menos conflictos laborais, porén, non permite facer economías de escala, nin grandes investimentos en novas tecnoloxías. O Instituto da Mediana e Pequena Empresa Industrial fomenta a innovación das PEMEs e a colaboración tecnolóxica entre elas.

– A produtividade industrial é inferior á da Unión Europea, feito que incrementa o custo laboral. Un

dos recursos para mellorar a produtividade é a aplicación das innovacións derivadas das TIC, pero o gasto español neste sentido está moi por debaixo do gasto da UE.

– O nivel de intensidade tecnolóxica é baixo e a porcentaxe de investimento en I+D é insuficiente (só o 1,4% de industrias manufactureiras españolas presentan un nivel alto de intensidade tecnolóxica e unicamente 22 empresas españolas figuran na listaxe das mil empresas comunitarias que máis invisten en innovación).

Isto provoca unha balanza tecnolóxica deficitaria: as principais empresas de automóbiles, maquinaria eléctrica, aparellos electrodomésticos e produtos farmacéuticos fabrican con patentes estranxeiras, que son unha boa fonte de ingresos para os países que as crean, pero un enorme gasto para países como España que deben pagar para a súa aplicación.

É fundamental, polo tanto, dedicarlle unha porcentaxe máis elevada do PIB a I+D e fomentar a mellora do sistema educativo e a formación técnica laboral.

Consecuencias da incorporación de novos Estados á UE

A incorporación de novos países á UE afecta a industria española por diversas causas: estes países gozan dunha maior proximidade ao grande eixe industrial europeo que constitúen os países nórdicos, Alemaña e o Norte de Italia; ademais, a súa estrutura productiva é similar á española, a man de obra, máis barata, e a súa produtividade e cualificación en alta tecnoloxía, maior. Así mesmo o investimento do capital estranxeiro permitiulles a implantación de empresas de alta tecnoloxía co que aumentou o seu potencial industrial dentro da UE.

Un dos sectores da industria española máis afectados é o dos automóbiles, no que España mantivo un bo ritmo de exportacións; o sector está dominado por empresas de capital estranxeiro que poden deslocalizar as industrias na procura de menores custos, o que tería consecuencias negativas para as industrias de compoñentes. España debería orientar o seu tecido industrial a unha maior calidade e produtividade para lle facer fronte á competencia dos novos países da UE que tenden a esprazar a España do seu segmento do mercado exportador.

Os espazos industriais españois nun mundo global

O actual tecido industrial español estase a incorporar á globalización económica, de maneira que as nosas zonas industriais se configuran como puntos dunha rede de produción a nivel mundial.

Esta rede caracterízase pola concentración de capital e de decisión en poucas empresas multinacionais moi poderosas, co que o papel da economía estatal se reduce. Numerosas decisións tómanse fóra de España xa que aquí hai poucas sedes centrais de grandes empresas. Isto explica que, malia ser unha potencia industrial, non teña un papel relevante na economía mundial.

Globalización e deslocalización

Nunha economía globalizada as empresas buscan a competitividade para aumentar a súa conta de mercado; de aquí derívanse as causas da deslocalización: a busca de menores custos laborais e das mellores condicións fiscais e técnicas. Por esta razón trasládanse ao Leste de Europa, Sueste asiático, China…

Por outro lado, a localización dos establecementos industriais flexibilizouse de maneira que a empresa pode deslocalizar parte do proceso produtivo. Este é o caso dalgunhas fábricas téxtiles españolas que desprazaron ao Norte de África os procesos que esixen unha considerable ma de obra, mentres que o deseño dos tecidos, proceso de maior valor engadido, se fai en España.

As consecuencias das deslocalizacións son o aumento da taxa de paro e a perda de emprego do sector secundario que cad avez tende máis a terciarizarse.

As políticas industriais, por parte dos gobernos, proporciónanlles axudas ás empresas para frear o proceso de deslocalización e o aumento do paro.

O proceso de industrialización de Galicia

En 1955, cando outras comunidades españolas comezaban o seu despegamento industrial, preto do 70% da poboación galega aínda se dedicaba ás actividades agrícolas. Así pois, o proceso industrializador en Galicia estivo marcado por un evidene atraso debido non só á falta de iniciativas locais senón tamén á deficiente organización do sector primario e á súa posición periférica e mal comunicada con respecto aos centros de decisión.

Ata as décadas centrais do século XX, as únicas actividades fabrís, limitadas case exclusivamente ao sector naval e ás conserveiras, foran desenvolvidas grazas a inestimentos exteriores como os levados a cabo pola burguesía catalana en certos núcleos costeiros. Posteriormente, as actuacións do goberno central en materia de desenvolvemento -os Polos de Desenvolvemento Industrial- apoiaron un incipiente, aínda que tardío, desenvolvemento industrial. A instalación de Citroën Hispania en Vigo (1957), grazas a un certo aperturismo económico a partir da década dos anos cincuenta, supuxo o inicio do proceso de internacionalización e diversificación da economía galega. Desde 1960, paralelamente á modernización do sector agrario, chegaron a Galicia varias multinacionais alimentarias (como Nestlé), que favoreceron o desenvolvemento das actividades primarias ao garantir e estabilizar a demanda industrial dos nosos productos agrícolas.

En definitiva, as grandes empresas localizadas en Galicia contan con capital eminentemente foráneo e están máis vinculadas á industria española ou europea no seu conxunto que á do resto da comunidade autónoma.

Estrutura e principais áreas industrias galegas

Na actualidade, o sector secundario ocupa en torno ao 29% da poboación activa galega, similar á porcentaxe española (30%), o que indica un importante desenvolvemento do sector nas últimas décadas. Non obstante, algúns dos subsectores empresarias localizados en Galicia supoñen un gran custo ambiental. Tal é o caso da celulosa de Pontevedra, a refinería da Coruña, ou as industrias de base localizadas no concello lucense de Cervo (Alúmina-Aluminio) e no coruñés de Cee (Carburos Metálicos).

As empresas industriais galegas, salvo excepcións, caracterízanse polo seu pequeño tamaño, o que as fai pouco competitivas, ao teren dificultades para incorporar innovacións tecnolóxicas. Os principais subsectores industriais localízanse ao longo do Corredor Atlántico, sobre todo na área metropolitana de Vigo e no Golfo Ártabro, que conta con mellores infraestruturas de comunicación e cunha rede empresarial consolidada:

– A construción naval -sector que sufriu unha forte reconversión, da que logrou saír gracias ás subvencións estatais e ás axudas do Fondo Social Europeo- localízase fundamentalmente nascidades de Ferrol (Navantia) e Vigo (Barreras), aínda que existen arredor de cen empresas polo xeral de pequeno tamaño relacionadas co ramo ao longo da costa galega que empregan máis de 10.000 traballadores.

– A industria automobilística concéntrase fundamentalmente en Vigo e a súa comarca arredor de Citroën Hispania. Así e todo, algunhas empresas dedicadas á fabricación de carrocerías e vehículos especiais aséntanse noutras localidades galegas como Santiago (Castrosúa e URO, vehículos especiais).

– O sector alimentario conta cunha ampla representación en Galicia, dada a vocación agropecuaria e mariñeira do territorio. Destacan as industrias de conserva de peixe, as de máis longa tradición da nosa comunidade, situadas preferentemente nas Rías Baixas e, sobre todo, na de Arousa (Ribeira, Pobra do Caramiñal, Vilagarcía, Vilanova…); os conxelados de produtos do mar -coa multinacional galega Pescanova-; o sector lácteo e o das augas minerais, localizados nas provincias de Ourense e Pontevedra, e o grupo Coren, que, empezando como cooperativa no ano 1961, se converteu na primeira empresa agroalimentaria de España, especializada en produtos avícolas.

– O ramo da madeira está composto por industrias de primeira transformación, representadas por empresas de gran tamaño presentes nos mercados internacionais -como a Financieira MadereiraM FINSA, con sede en Santiago- así como por un bo número de pequenas e medianas empresas (serradoiros, carpinterías, fabricación de mobiliario…) con carácter familiar e espalladas por todo o territorio, tanto nas provincias do interior como na costa.

TOMADO DE:

http://noespazoenotempo.webnode.es

CADRO SENÓPTICO SOBRE A INDUSTRIA ESPAÑOLA ACTUAL (APUNTAMENTOS SUPRA)

CMAPS INDUSTRIA 2 BACH 2013 bis

VIDEOS DA UNED:

“A ORGANIZACIÓN INDUSTRIAL”.

O MADRID INDUSTRIAL

https://www.youtube.com/watch?v=ybxTcU48_J0&list=PLC646B700A694C013&index=2

SITUACIÓN ACTUAL DA INDUSTRIA EN ESPAÑA E GALICIA.

INTRO: CAMBIOS EN LA DISTRIBUCIÓN ESPACIAL DE LA INDUSTRIA

Los factores que mayor peso tuvieron en el emplazamiento de los primeros establecimientos fabriles fueron la cercanía a los recursos naturales (carbón, hierro…) y la proximidad tanto a las áreas portuarias como a las grandes ciudades españolas. Estos factores fueron poco a poco perdiendo relevancia en cuanto fueron implementándose una amplia gama de políticas gubernamentales. No obstante, el resultado de estas medidas, años 70 del siglo pasado, fue una concentración de la actividad industrial en los ámbitos que históricamente contaban con presencia industrial y una ligera difusión hacia los territorios más próximos a ellos.

Ahora bien, la crisis de comienzo de los años 80 del s. XX propició una paulatina transformación en las localizaciones industriales. La reorganización industrial propició que factores como la existencia de recursos naturales o la proximidad a grandes concentraciones de población no fuesen esenciales. La existencia de unas óptimas infraestructuras de transporte, una mano de obra cualificada y las inversiones en tecnología, son los elementos fundamentales que explican las actuales tendencias espaciales vinculadas a la industria.

TERCERIZACIÓN ECONÓMICA Y PROBLEMAS ESTRUCTURALES DE LA INDUSTRIA

Un fenómeno que no admite discusión es la paulatina pérdida de importancia de las aglomeraciones urbanas como polos de concentración industrial. Las ciudades han visto como sus áreas industriales han ido, poco a poco, siendo sustituidas por otros usos (fenómeno de tercerización económica) dentro de un contexto especulativo general en relación con el valor del suelo. El uso residencial, comercial o destinado a la construcción de oficinas ha favorecido que el tejido industrial modifique su emplazamiento buscando rentabilizar un suelo muy apetecible para aquellos usos. La consecuencia es una pérdida muy importante no solo de industrias sino, sobre todo, una disminución considerable del empleo industrial. Se calcula que las ciudades de más de 250.000 habitantes han pedido unos 40.000 puestos de trabajo desde el año 2000 y que concentran solo el 18% de los empleos ligados a las actividades industriales. Si bien las iniciativas legislativas que se han desarrollado en las últimas décadas han intentado reducir los desequilibrios espaciales ligados a la actividad industrial, los resultados no han sido muy positivos.

La mayor parte del empleo y de la producción industrial siguen focalizados en el valle del Ebro, el corredor Mediterráneo, el área Cantábrica y Madrid. Por el contrario, el interior peninsular (ambas Castillas y Extremadura) continúa teniendo un papel secundario en relación con la actividad fabril. No obstante, las actuales diferencias espaciales no tienen que ver tanto con el número de empleos industriales sino con la tipología industrial presente en el espacio. En definitiva, los sectores fabriles más dinámicos y que cuentan con una importante presencia de I+D se localizan en las regiones más prósperas. Este es el fenómeno clave que permite diferenciar claramente los ámbitos punteros de los que se han quedado descolgados de los cambios más recientes en el ámbito industrial.

Un análisis de los datos estadísticos permite destacar el intenso cambio que en el ámbito económico ha experimentado España en las últimas décadas. Si a comienzos de la década de los 70 del siglo XX la actividad industrial representaba, según la Contabilidad Nacional, cerca de un 34% del PIB, en el año 2008 esa cifra descendió hasta el 17%. No se trata de un fenómeno exclusivo de España. A nivel mundial se observa un proceso similar y que tiene como consecuencia un notable incremento del peso del sector servicios en las economías desarrolladas. Ahora bien, en el caso español este fenómeno se ve reforzado por los procesos de deslocalización que favorecen dicha desindustrialización, sobre todo, en los sectores intensivos de mano de obra o con un nivel tecnológico muy bajo.

A este hecho se le añade que el tejido industrial español se caracteriza por el reducido tamaño de sus empresas, lo cual implica una incapacidad tanto para desarrollar una adecuada política de inversiones como para atender los gastos ligados a la innovación y al desarrollo. El porcentaje de empresas vinculadas con los sectores tecnológicos punteros es notablemente inferior respecto de aquellos ligados a una escasa presencia tecnológica. En definitiva, una falta notable de competitividad es lo que caracteriza al tejido industrial español. La mejora en este ámbito económico no puede pasar más que por un notable incremento del gasto en I+D así como de los niveles de innovación y de competitividad. La segmentación y la descentralización productiva es una realidad en el mercado de trabajo español. La plena incorporación de la automatización y la dependencia, cada vez mayor, de los avances tecnológicos desde la perspectiva industrial es un elemento que condiciona de una manera clara las desigualdades presentes en el espacio.

EL FUTURO: I+D+I Y ESTABILIDAD DEL MARCO LEGISLATIVO EUROPEO

El futuro de la industria española no pasa por el refuerzo de los sectores maduros e intensivos en mano de obra sino que debería centrarse en el reforzamiento de las empresas y sectores cuya producción esté relacionada con la tecnología. España no puede competir con los costes laborales de países como China e India pero sí que puede obtener unos resultados aceptables, si desde las instancias públicas y privadas se realiza una apuesta decidida, en los sectores más dinámicos y productivos del tejido industrial. Las inversiones en I+D han representado tradicionalmente un lastre para el sistema productivo español, pues al atraso científico-técnico en numerosas ramas del conocimiento se añadió una integración muy débil entre los elementos del sistema de innovación: universidades, centros de investigación, empresas y organismos públicos.

El incremento en los gastos de I+D y el establecimiento de un marco estable desde la perspectiva legislativa europea podrían ser consideradas como dos factores determinantes para el futuro de la industria en España. No obstante, la ausencia de una plena coordinación entre todas las administraciones públicas implicadas en este asunto supone un lastre y un factor de retraimiento en relación con las inversiones a desarrollar desde el ámbito privado. Los esfuerzos efectuados por los diferentes organismos públicos han sido notables, pero el mantenimiento del tejido industrial y el incremento de las inversiones productivas (nacionales e internacionales) están condicionados por una mejora general de la economía española y por la existencia de una legislación estable en materia jurídica y laboral.

CONCLUSIÓN

Las consecuencias derivadas de un proceso de industrialización tardío en el tiempo y con grandes diferencias desde el punto de vista territorial han propiciado la existencia de unas características bien definidas en la industrialización española, que obviamente afectan al conjunto y a las particularidades de la industria en Galicia. De este modo las carencias que desde el punto de vista estructural manifiestan van acompañadas por enormes desequilibrios en cuanto a su ubicación y evolución, tendencias que, no obstante, los nuevos retos que plantea la integración en el contexto de la globalización podrían estar modificando: de este modo, serían las regiones donde mayor presencia ha tenido y tiene el sector secundario o industrial las que más estarían expuestas a los procesos de pérdida de tejido industrial y de deslocalización.

GALERÍA DE PAISAXES INDUSTRIAIS PARA PRÁCTICOS DE A&C

A&C PAISAXE INDUSTRIAL BILBAO 1920

 

BILBAO 1ª MITADE DO S.XX

A&C PLANO PAISAXE INDUSTRIAL BILBAO 2000

BILBAO, FINAIS DO S.XX

Advertisements