Archive for the ‘Estructura das Pau Xeo’ Category

6 Xullo, 2012

AS PROBAS DE ACCESO UNIVERSIDADE. XEOGRAFIA

 

ESTRUTURA: As partes son as seguintes:

PRIMEIRA PREGUNTA: definir catro conceptos xeográficos a elixir dos seis propostos. Trátase ademais de que o alumnado saiba usar axeitadamente a terminoloxía xeográfica relacionándoo cun exemplo. (2 ptos.).

SEGUNDA PREGUNTA: desenvolver unha pregunta práctica consistente na localización, lectura, interpretación, explicación e análise crítica dun documento gráfico relacionado coas destrezas e habilidades xeográficas fundamentais, e que se recollen no apartado anterior, estruturado por bloques de coñecemento. (4 ptos).

TERCEIRA PREGUNTA: desenvolver unha cuestión teórica referida aos temas extraídos dos bloques de coñecemento. Nesta pregunta incluiranse orientacións para o seu desenvolvemento. (4 ptos).

IMPORTANTE: Os bloques de coñecemento repartiranse en dous grandes grupos de forma que si a pregunta teórica está extraída do primeiro grupo a pregunta práctica será dos prácticos do segundo grupo.

OPCIÓN A

VOCABULARIO (2 ptos.): De todos os temas (relación adxunta de conceptos).

PREGUNTA DO PRÁCTICO (4 ptos): Prácticos dos temas completos 7 ao 14 dos bloques de coñecemento II e III.

PREGUNTA TEÓRICA (4 ptos) Temas extraídos do 1 ao 6 e dos temas 15 e 16, dos bloques de coñecemento I, IV e V.

OPCIÓN B

VOCABULARIO (2 ptos.): De todos os temas (relación adxunta de conceptos).

PREGUNTA DO PRÁCTICO (4 ptos): Prácticos dos temas completos 1 ao 6 e o 15 e 16 dos bloques de coñecemento I, IV e V.

PREGUNTA TEÓRICA (4 ptos) Temas extraídos do 7 ao 14, dos bloques de coñecemento II e III.

Advertisements