Archive for the ‘DEFINE CONCEPTOS XEO’ Category

novo glosario ppau 2011-12; definicións ciug en construccion.

5 Xullo, 2012

NOVO GLOSARIO PPAU 2011-12

Acuicultura, Agricultura ecolóxica, Aluvión, Área metropolitana, Área suburbana, Aridez, Avaliación de impacto ambiental, Balanza de pagamentos, Barlovento, Censo de Poboación, Comisión europea, Comunidade Autónoma, Cualificación do solo, Cunca fluvial, Denominación de orixe, Desagrarización, Difusión industrial, Economía somerxida, Economías de escala, Ecosistema, Ecoturismo, Efecto invernadoiro, Enerxías renovables, Esperanza de Vida, Estatuto de autonomía, Esteiro, Estiaxe, Explotación intensiva, Fondos estruturais, Foz, Franquicia, Industrias verdes, Inversión térmica, Isóbara, Isohieta, Landa, Laurisilva, Litosfera, Maquis, Marisma, Materias primas estratéxicas, Meseta, Movementos antiglobalización, Município, Obxectivos do Milenio, Padrón municipal, Paisaxe, Parque tecnolóxico, Parroquia, Penechaira, Plan Estratéxico de Infraestruturas do Transporte (PEIT), Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU), Poboación Activa, Política Agrícola  Común (PAC), Política Pesqueira Comunitaria (PPC), Provincia, Réxime Demográfico, Ria, Saldo migratorio, Silvicultura, Somontano, Subcontratación, Taxa de Fecundidade, Taxas aeroportuarias, Tectónica de placas, Tómbolo, Tour operadores, Transición demográfica, Transxénicos, Umbría, Unidade Veciñal de Absorción (UVA), Vexetación antrópica, Vexetación clímax, Xentrificación,. Xeopolítica.

NOVO GLOSARIO XEOGRAFICO PPAU 2013-14

Acuicultura, Agricultura ecolóxica, Aluvión, Área metropolitana, Área suburbana, Aridez, Avaliación de impacto ambiental, Balanza de pagamentos, Barlovento, Censo de Poboación, Comisión europea, Comunidade Autónoma, Cualificación do solo, Cunca fluvial, Denominación de orixe, Desagrarización, Difusión industrial, Economía somerxida, Economías de escala, Ecosistema, Ecoturismo, Efecto invernadoiro, Enerxías renovables, Esperanza de Vida, Estatuto de autonomía, Esteiro, Estiaxe, Explotación intensiva, Fondos estruturais, Foz, Franquicia, Industrias verdes, Inversión térmica, Isóbara, Isohieta, Landa, Laurisilva, Litosfera, Maquis, Marisma, Materias primas estratéxicas, Meseta, Movementos antiglobalización, Município, Obxectivos do Milenio, Padrón municipal, Paisaxe, Parque tecnolóxico, Parroquia, Penechaira, Plan Estratéxico de Infraestruturas do Transporte (PEIT), Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU), Poboación Activa, Política Agrícola Común (PAC), Política Pesqueira Comunitaria (PPC), Provincia, Réxime Demográfico, Ria, Saldo migratorio, Silvicultura, Somontano, Subcontratación, Taxa de Fecundidade, Taxas aero-portuarias, Tectónica de placas, Tómbolo, Tour operadores, Transición demográfica, Transxénicos, Umbría, Unidade Veciñal de Absorción (UVA), Vexetación antrópica, Vexetación clímax, Xentrificación,. Xeopolítica.

……………………………………………_________________………………………………………

1.- ACUICULTURA: Concepto económico do sector FAO. Refire ao conxunto de actividades relacionadas coa cría e coidado de animais e plantas acuáticas (peixes, moluscos, crustáceos, algas) cunha finalidade productiva e de recolección controlada. Representa, como resultado do esgotamento dos caladoiros, o paso da depredación á producción na obtención de alimentos de orixe mariña. Exemplo: a nova política de expansión de Pescanova.

1 CIUG.- Acuicultura é o conxunto de actividades que, mediante algún tipo de intervención no ciclo biolóxico ou no medio no que habitan os peixes, permiten controlar a súa reprodución e/ou crecemento. A acuicultura aparece restrinxida a un pequeno abano de especies, principalmente peixes, moluscos e crustáceos. En Galicia, a acuicultura representa aproximadamente a terceira parte da cifra do negocio da pesca.

1.- CIUG.-Conxunto de actividades que, mediante algún tipo de intervención no ciclo biolóxico ou no medio no que habitan os peixes ou plantas, permiten controlar a súa reprodución e/ou crecemento. E moi significativa en Galicia, e está restrinxida a un pequeno abano de especies, en función da súa importancia económica e do desenvolvemento dunha tecnoloxía axeitada e limitada espacialmente á beiramar ou as augas continentais.

http://acuiculturapesca.blogspot.com.es/p/maricultura.html

2.- AGRICULTURA ECOLÓXICA: Concepto de economía sustentable, que refire ao sistema de producción agrícola que pretendendo o máximo equilibrio co medio ambiente e coa saúde humana fai uso racional dos recursos (auga, solo e patrimonio xenético) e emprega métodos de bonificación natural vs productos químicos de síntese.

http://agroecologiaconyarugyver.blogspot.com.es/2010/09/agricultura-ecologica-no-siempre-la.html

3.- ALUVIÓN: Concepto fisioxeográfico, morfoxenético, que refire ó material detrítico depositado polo río nunha superficie de acumulación sedimentaria e que presenta unha morfoloxía redondeada polo frotamento coas outras partículas transportadas polo mesmo río. Pode estar composto por grava, area, arxila ou limo.

3 CIUG.- Depósito de materiais detríticos, transportado e depositado de xeito transitorio ou permanentemente por unha corrente de auga. Habitualmente, está composto por areas, gravas, arxilas ou limos, acumulándose nas canles das correntes, nas chairas inundables e nos deltas.

http://commons.wikimedia.org/wiki/File:River2.jpg?uselang=es

4.- AREA METROPOLITANA: Concepto de xeografia urbana que refire ao conxunto formado por unha cidade principal moi dinámica e varias inmediatas que crecen de forma complementaria, baixo a influencia da primeira. Debe posuer un recoñecemento legal que permita realizar un planeamento supramunicipal e coordinar determinados servizos e obras. Exemplos a área metropolitana de Barcelona ou o proxecto de área metropolitana de Vigo.

4.- CIUG.-  Área metropolitana: rexión urbana que engloba unha cidade central que dá nome a área e unha serie de cidades satélites que poden funcionar como cidades dormitorio, industriais, comerciais e servizos, todo organizado de xeito centralizado.

http://rafaeldemiguel.files.wordpress.com/2010/04/captura-de-pantalla-2010-04-25-a-las-23-57-50.png

http://www.ub.edu/geocrit/b3w-754.htm

5.- ÁREA SUBURBANA: Concepto administrativo e urbanístico, que refire á franxa de transición (coexistencia de modos de vidas rurais e urbanos), determinada pola administración Municipal, que rodea ás ciudades e se extende polas súas vías de acceso e que ven definida por criterios de densidade e pola actividade económica da poboación.

http://geoperspectivas2bachiller.blogspot.com.es/2011_05_01_archive.html

http://www.urbanarbolismo.es/blog/?cat=7&paged=3

http://www.historiaygeografiaucaldas.blogspot.com.es/

6.- ARIDEZ: Concepto climatolóxico,que refire á escaseza de humidade no aire e no solo nunha determinada rexión, definida sobre todo como a relación entre as necesidades hídricas da vexetación e dos cultivos e o réxime térmico. Entre os exemplos de indicadores de déficit hídrico mencionar os de Gaussen, Lautensach, Martonne e Knoche.

http://es.wikipedia.org/wiki/Climograma

7.- AVALIACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL: Concepto de política medioambiental. Se “impacto medioambiental” refire á repercusión no medio ambiente provocada pola acción antrópica ou por un elemento alleo a ese medio, xerando consecuencias notables nél que deberiamos prever, a súa avaliación é o proceso multidisciplinario mediante o cal se avalía o estudo de impacto ambiental realizado a un programa, obra ou proxecto.

http://es.wikipedia.org/wiki/Evaluaci%C3%B3n_de_impacto_ambiental

8.- BALANZA DE PAGAMENTOS: Concepto político de contabilidade económica, que refire á medida de tódalas transaccións económicas realizadas entre un país e o resto dos países durante un ano; é dicir, as mercadorías exportadas e importadas, os gastos de estranxeiros no país, as remesas de emigrantes, os capitais estranxeiros invertidos, etc. En España a balanza de pagamentos equilibra o déficit crónico da balanza comercial.

http://es.wikipedia.org/wiki/Balanza_de_pagos

http://www.bde.es/webbde/es/estadis/bpagos/balpag.html

9.- BARLOVENTO: Concepto fisioxeográfico/meteorolóxico, que refire á ladeira ou vertente exposta á acción directa dos ventos dominantes, razón pola que normalmente recibe maior cantidade de precipitacións. Na situación astronómica da peninsula Ibérica en latitudes medias con CXA do oeste, a fachada a barlovento correspondese cos húmidos ventos do poñente atlántico.

9 CIUG.- Barlovento é a parte dun relevo ou zona orientada cara ao lugar de onde vén o vento. En Galicia, cando domina o fluxo zonal do oeste, a vertente de barlovento das dorsais montañosas é a occidental, máis húmida, mentres que a de sotavento, a oriental, se caracteriza por unha menor pluviometría.

http://es.wikipedia.org/wiki/Barlovento_(relieve)

10.- CENSO DE POBOACIÓN: CENSO DE POBOACIÓN/PADRÓN/ NOMENCLÁTOR son as tres principais fontes demográficas que analizan cuantitativamente a poboación. Os CENSOS, son recontos individualizados do nº de individuos que compoñen unha poboación nun momento censal dado (En España, renovable cada 10 anos e a partir do 2000 anuais) e as súas principais características (idade e sexo, nacionalidade e lugar de nacemento, residencia e variables migratorias, estado civil e nivel de instrucción, situación profesional e condición socio-económica, etc.). Os PADRÓNS municipais (En España, antes quinquenais e dende 1996 anuais) son rexistros dos vecinos elaborados polos Concellos e coordinados polo INE. Os NOMENCLÁTORES, son relacións anuais do INE das entidades colectivas de poboación coa especificación dos seus habitantes de dereito por sexo.

http://es.wikipedia.org/wiki/Censo_de_poblaci%C3%B3n

11.- COMISIÓN EUROPEA: Concepto de integración política e eeconómica, que refire á institución colexiada e políticamente independiente (nomeada por un periodo de 5 años e por maioría cualificada polo Consllo dos EEMM, sométese ao voto de investidura do Parlamento europeo ante o que responde) que representa e defende, en base a seu carácter supranacional, o interese xeral da Unión Europea. En virtude de seu dereito de iniciativa lexislativa, a Comisión é considerada o “motor da integración europea”. Ademáis, no marco das políticas comunitarias adouptadas polo Consello e o Parlamento Europeo, a Comisión ten poderes de xestión e control executivos (programación e aplicación das políticas comúns, administración dos programas comunitarios, execución do orzamento, etc). Finalmente, como «gardiana dos Tratados» vela asimesmo pola correcta aplicación da lexislación europea.

http://es.wikipedia.org/wiki/Comisi%C3%B3n_Europea

http://ec.europa.eu/index_es.htm

12.- COMUNIDADE AUTÓNOMA: Concepto político administrativo, que refire á unidade territorial inscrita no ámbito maior e soberano do Estado. que consta dun certo grao de autogoberno (institucións propias como un parlamento),Ver Estatuto de Autonomía.

http://es.wikipedia.org/wiki/Comunidad_aut%C3%B3noma

http://www.060.es/060/appmanager/portal/desktop/page/webs1_comunidades

13.- CUALIFICACIÓN DO SOLO Concepto xurídico e como tal político-administrativo, que refire á lexislación e planeamento urbanístico; e en concreto, a un dos seus instrumentos: así, mentras por clasificación do solo enténdese a división en tipos de solo (urbano, urbanizable e non urbanizable), por cualificación do solo entendese a subdivisión en zonas segundo os destinos ou usos asignados (residencial/industrial) e á intensidade e á tipoloxía edificatoria (p.ex., colectivo en manzá aberta).

http://urbanismoyderecho.blogspot.com.es/2007/11/situacin-calificacin-y-clasificacin-del.html

14.- CUNCA FLUVIAL: Concepto morfolóxico e hidrográfico, que refire hipsométrica-mente a unha depresión hidrográficamente drenada por un sistema fluvial normalmente xerarquizado; en caso contrario, fálase de conca arreica. Tódolos cursos que verten ó mar son exorreicos; mentras o termo endorreísmo aplícase a aquela rede hidrográfica regular que non chega ó mar, ben por desaugar en lagos interiores, ben por infiltrarse en terreos calcarios.

14 CIUG.- Cunca fluvial ou hidrográfica é a porción de terreo que drena a un colector principal (río ou lago), limitada por unha liña de cumes ou divisoria de augas – liña desde a que as augas correntes flúen en direccións opostas (talweg), e que soe coincidir cos niveis máis elevados de determinados sistemas montañosos.

14 CIUG.- Cunca fluvial ou hidrográfica é a porción de terreo que drena a un colector principal (río ou lago), limitada por unha liña de cumes ou divisoria de augas – liña desde a que as augas correntes flúen en direccións opostas, e que soe coincidir cos niveis máis elevados de determinados sistemas montañosos.

http://es.wikipedia.org/wiki/Cuenca_hidrogr%C3%A1fica

15.- DENOMINACIÓN DE ORIXE: Concepto administrativo, que refire á distinción que se outorga a certos productos xeralmente de alta calidade, para distinguir o seu lugar de procedencia e evitar así falsificacións e invasións de mercado (p. ex., carne de vacún galega).

http://es.wikipedia.org/wiki/Denominaci%C3%B3n_de_origen

16.- DESAGRARIZACIÓN: Concepto económico-social; que refiere á perda de importancia económica da actividade agrícola nun territorio e como consecuencia do descenso da poboación activa no sector primario; a súa vez, orixe do debilitamento das institucións ligadas a esta actividade que organizan diferentes aspectos da vida social (por exemplo, a explotación familiar agraria, a propiedade da terra como base da estratificación social, os sistemas de xestión comunal dos recursos agrícolas, etcétera).

16 CIUG.- Concepto que fai referencia á perda de poboación adicada á actividade agraria, así como á perda de importancia económica da actividade agrícola nun territorio, e o conseguinte debilitamento das instituciónssociais vencelladas a esta actividade que organizan diferentes aspectos da vida social. En toda España tense producido este proceso, especialmente desde finais dos anos setenta.

http://www.interempresas.net/Agricola/Articulos/103510-Desagrarizacion-de-Espana-Los-retos-actuales.html

Texto completo – Dialnet “A desagrarización da sociedade rural española, 1950-1991”

17.- DIFUSIÓN INDUSTRIAL: Concepto económico do sector secundario, que refire aos principios de localización industrial; en concreto, ao proceso de mobilidade dos establecementos industriais, vinculado ao crecemento das aglomeracións urbanas, é causa da profunda transformación dos modelos espaciais de distribución industrial (concentrado/descentralizado) das etapas anteriores.

18.- ECONOMIA SOMERXIDA: Concepto económico que refire á actividade económica ilegal, que se aproveita de situacións de altos índices de desemprego e baixos salarios e procura non pagar impostos, cotas de seguridade social, etc., razóns pola que se coñece tamén como economía informal. Os países mediterráneos son exemplo deste tipo de praxe económica.

18 bis.- ECONOMIA SOMERXIDA: Concepto económico, que refire á actividade económica ilegal non suxeita a control fiscal que se aproveita de situacións de altos índices de desemprego e busca non pagar impostos, cotas de seguridade social e o pago de salarios baixos. Permite a subsistencia marxinal dun sector mais ou menos amplio de poboación que non recibe as contrapartidas sociais legalmente recoñecidas.

http://es.wikipedia.org/wiki/Econom%C3%ADa_sumergida

http://www.gurusblog.com/archives/los-verdaderos-motivos-de-por-que-hay-economia-sumergida/29/05/2013/

http://economia-sumergida.com/

19.- ECONOMÍAS DE ESCALA: Concepto económico relativo á organización interna das actividades productivas e producción, de maneira tal que para unha cantidade do producto, o custo total sexa o máis baixo posible e os beneficios máximos.

19 CIUG.-Concepto que expresa as vantaxes que para unha empresa comporta a súa localización nun determinado contorno: cando se produce unha concentración xeográfica das industrias as fábricas benefícianse de infraestruturas colectivas e repártense o custo destas. Cerca dun gran mercado de consumo economizan en gastos de transporte, benefícianse da concentración de man de obra ou de incentivos fiscais.

http://es.wikipedia.org/wiki/Econom%C3%ADa_de_escala

http://www.economia48.com/spa/d/economias-de-escala/economias-de-escala.htm

http://www.slideshare.net/mayrenevasquezreyes/economias-de-escala-14870743

http://www.slideshare.net/mielizita/economia-de-escala-y-modelo-de-lange-14875887

20.- ECOSISTEMA: Concepto teórico do enfoque ecoxeográfico, que refire ao conxunto de organismos vexetais e animais que habitan un lugar e que interrelacionan entre sí e co medio que lles é propio.

http://es.wikipedia.org/wiki/Ecosistema

http://www.biodiversidad.gob.mx/ecosistemas/quees.html

20.- ECOTURISMO: Concepto económico e medioambiental do sector terciario; chamado tamén turismo ecolóxico, refire á actividade turística vinculada a un sentido da ética ao intentar promover, alén do disfrute do viaxeiro, o benestar das comunidades locais (receptoras do turismo), incentivando xunto á preservación do medio natural o desenvolvemento sostible (é dicir, un crecemento actual que non dane as posibilidades futuras). Os principios do ecoturismo supoñen o respeto pola cultura autóctona, a minimización do impacto negativo da actividade turística e o apoio aos dereitos humanos.

20.- CIUG.- Ecoturismo: chamamos ecoturismo a unha tendencia do turismo alternativo, diferente ao turismo tradicional. Nestas actividades turísticas priviléxiase a sustentabilidade, a preservación, a apreciación do medio natural e cultural; preténdese manter o benestar das poboacións locais, minimizando os impactos negativos para o medio ambiente e a comunidade local, e mantendo sempre un respecto ético polas leis laborais e os dereitos humanos dos traballadores implicados.

http://www.kuyima.com/seco/concepts.html

http://es.wikipedia.org/wiki/Turismo_ecol%C3%B3gico

21.- EFECTO INVERNADOIRO: Concepto medioambiental que refire ao proceso que explica o quentamento da atmósfera terrestre por similitude co que acontece nun invernadoiro; en efecto, a atmósfera pode ser atravesada pola radiación solar calorífica de onda curta, pero non por toda a radiación terrestre de onda larga, gran parte da cal é absorbida polo vapor de auga e o dióxido de carbono.

http://es.wikipedia.org/wiki/Efecto_invernadero

http://efectoinvernadero.es/

http://www.bbc.co.uk/spanish/especiales/clima/ghousedefault.shtml

http://conteni2.educarex.es/mats/14399/contenido/

23.- ENERXÍAS RENOVABLES: Concepto económico que refire ás fontes de enerxía que veñen a complementar mais que a sustituir ás enerxías tradicionais, ben polo seu esgotamento ou polo potencial contaminante das mesmas, ben polo crecemento da demanda enerxética. Son consideradas universalmente como enerxías renovables /alternativas as enerxías hidráulica, solar e eólica. Galicia ocupa un papel de liderazgo a escala nacional na producción deste tipo de enerxías. (cfr., parques eólicos).

23 CIUG.- Son aquelas que se obteñen de fontes naturais virtualmente inesgotables, ben sexa pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen, ben porque son capaces de rexenerarse por medios naturais. Entre as enerxías renovables cóntanse a hidroeléctrica, eólica, solar, xeotérmica, maremotriz, a biomasa e os biocombustibles.

http://es.wikipedia.org/wiki/Energ%C3%ADa_renovable

http://twenergy.com/energias-renovables

http://www.cener.com/es/index.asp

http://www.idae.es/index.php/idpag.16/mod.pags/mem.detalle

24.- ESPERANZA DE VIDA: Concepto demográfico, que refire ós anos que pode esperar vivir como media unha persoa, ben ó nacer, ou ben cando alcanza unha determinada idade, nun territorio determinado e nun ano determinado. O seu cálculo realízase a partir das taxas de mortalidade específicas. España é un bó exemplo de elevada esperanza de vida (+ 80 anos).

http://es.wikipedia.org/wiki/Esperanza_de_vida

http://www.who.int/topics/life_expectancy/es/

25.- ESTATUTO DE AUTONOMÍA: Concepto xurídico-político; refire á norma institucional básica dunha Comunidad Autónoma, recoñecida pola Constitución española de 1978 (no caso da C.A. de Galicia en aplicación do artículo 151 e cuxa aprobación levada a cabo mediante Ley Orgánica, require o voto favorable da maioría absoluta do Congreso dos Deputados e do Senado. No Estatuto recóllese a denominación da Comunidade, a delimitación territorial, a denominación, organización e sede das institucións autónomas, as competencias asumidas e, se procede, os principios do réxime lingüístico.

http://es.wikipedia.org/wiki/Estatuto_de_Autonom%C3%ADa

26.- ESTEIRO: Concepto fisioxeográfico/morfoxenético, que refire ó ecosistema mariño na desembocadura dun río onde as interaccións de augas salgadas e doces son notables dando lugar a modalidades de erosión/deposición peculiares, opostas ás que dan orixe ós deltas.

http://es.wikipedia.org/wiki/Estero

http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=esteiro&tipo_busca=lema

http://www.qnatur.com/parque-natural/esteiro-do-tambre/detalles-del-parque

27.- ESTIAXE: Concepto hidrolóxico que refire ao nivel máis baixo que as augas dun río teñen estacionalmente e que, na medida en que aquelas son a expresión hidrolóxica do rexime de precipitacións, coincide co mínimo anual de chuvias.

http://es.wikipedia.org/wiki/Estiaje

http://www.alegsa.com.ar/Definicion/de/estiaje.php

28.- EXPLOTACIÓN INTENSIVA: Concepto económico que refire a un aproveitamento en procura de altos rendementos na producción e por unidade de superficie, asociado máis ás técnicas de fertilización química e a unha agricultura de mercado que a mecanización, considerada ésta unha forma de optimización do traballo (vs sobre-explotación insostible).

28 bis.- EXPLOTACIÓN INTENSIVA: Concepto económico que refire a aquelas prácticas agrícolas que obteñen unha grande cantidade de productos por unidade de superficie ou varias colleitas na mesma explotación. En xeral, é posible mediante unha elevada mecanización, a utilización de sementes seleccionadas, fertilizantes e abonos. No seu grado máximo, identificase con cultivos baixo plástico e estos co litoral almeriense de El Ejido.

28 CIUG.- Explotación intensiva é aquela explotación agraria que elimina os barbeitos e recorre á produción continua do terreo, estimulada polo emprego de fertilizantes e o regadío artificial. Este tipo de agricultura intensiva obtén unha forte productividade, sobre terreos moitas veces de extensión reducida. É moi habitual no litoral mediterráneo, especializado na horticultura.

http://rde.iiec.unam.mx/revistas/6/articulos/3/31.php

29.- FONDOS ESTRUCTURAIS: Concepto de integración económica, que refire aos instrumentos financieiros de apoio ás políticas económicas, sociais ou de cohesión territorial da UE. Un exemplo é o caso do FEOGA respecto da P.A.C.; é dicir dos problemas estruturais da agricultura en diversas rexións desfavorecidas.

29 CIUG.-Os Fondos Estruturais son instrumentos da Unión Europea que teñen por obxecto reducir as diverxencias de desenvolvemento entre as rexións, e busca reforzar a cohesión económica e social. O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) –destinados ás rexións menos favorecidas- e o Fondo Social Europeo (FSE) –destinado á formación, para fomentar as oportunidades de emprego.

http://www.minhap.gob.es/es-ES/Areas%20Tematicas/Fondos%20de%20la%20Union%20Europea/Paginas/default.aspx

http://www.slideshare.net/salvamenor/los-fondos-estructurales-europeos

30.- FOZ: Concepto fisioxeográfico, concepto polisémico sempre morfoxenético, que refire ao sector no que un río conflúe co mar (cfr., esteiro); boca dunha ría e como tal oposto a delta. 2ª acepción, estreitamento dun río na fase de erosión liñal dun estrato duro (calcarias) ou incoherente (areniscas). Vbgr., Foz do rio Miñor ou a Foz do río Aller.

http://mbiologiacuarto.blogspot.com.es/2010/09/hoz-fozcanon-o-desfiladero.html

31.- FRANQUICIA/FRANQUÍA: Concepto xurídico-mercantil, que refire a unha rede de empresas nas que unha delas (franquiciadora), propietaria da marca, a cede a outras pequenas empresas (franquiciadas),que a utilizan a cambio dun pago mensual e dun estricto control do seu funcionamento por parte da franquiciadora (elección dos proveedores, decoración dos establecementos, prezos, etc.).

http://es.wikipedia.org/wiki/Franquicia

32.- INDUSTRIAS VERDES: Concepto económico e medioambiental do sector secundario, que refire ao proceso no que se compromete unha empresa industrial para reducir os impactos ambientais das súas producción a través da eficiencia dos seus recursos, do uso coidadoso de sustancias químicas e integrado dos residuos, da sustitución das enerxías fósiles por renovables e do ecodeseño dos bens no mercado. (Con esta definición, calquer tipo de industria pode convertirse en verde).

http://boletincidies.blogspot.com.es/2012/01/ques-son-las-empresas-verdes.html

http://www.mundo-geo.es/green-living/cuales-son-las-empresas-mas-ecologicas

33.- INVERSIÓN TÉRMICA: Concepto fisioxeográfico/metereolóxico que refire á anomalía do gradiente térmico vertical normal; é decir, ao aumento da temperatura en sentido ascendente, ben por causa da irradiación nocturna ou por advención de aire quente sobre niveis máis fríos. 

33.- CIUG.- Inversión térmica: incremento da temperatura do ar ao aumentar a altura, cando debera de diminuir segundo o gradiente adiabático normal. O ar máis cálido atópase sobre o máis frío. A nivel do solo, é resultado da irradiación nocturna con ar en calma e ceo despexado nunha situación anticiclónica invernal.

http://es.wikipedia.org/wiki/Inversi%C3%B3n_t%C3%A9rmica

http://teleformacion.edu.aytolacoruna.es/AYC/document/atmosfera_y_clima/temperatura/inversionTermica.htm

http://meteolab.fis.ucm.es/meteorologia/contaminacion-atmosferica-inversion-termica

http://www.slideshare.net/LuisdelaCruz23/invercion-termica

34.- ISÓBARA: Concepto de representación gráfica/metereolóxico, que refire á isolínea dos mapas do tempo de superficie que une puntos de igual valor de presión atmosférica reducida ao nivel do mar). A isobara que representa a presión atmosférica “normal” é a de 1013 mb.

34 CIUG É unha isoliña que, nun mapa meteorolóxico, une os puntos que teñen a mesma presión atmosférica ao nivel do mar. O conxunto de todas elas configuran os cambios de presión. Habitualmente se representan os múltiplos de 4 hPa (hectopascais) ou mb (milibares) (1000, 1004, 1008, 1012,…), unidade de medida da presión.

http://es.wikipedia.org/wiki/Isobara

35.- ISOHIETA: Concepto de representación gráfica/metereolóxico, que refire nos mapas de temática pluviométrica á isolínea que une puntos de igual cantidade de precipitación recollida nun período de tempo determinado.

36.- CIUG.- Isohieta: isoliña imaxinaria que une puntos con iguais valores de precipitacións, nun mapa no que se expresen cantidades de precipitación recibida por áreas.

http://es.wikipedia.org/wiki/Isoyeta

36.- LANDA: Concepto bioxeográfico, que refire á formación arbustiva resultado da degradación do bosque primario típico da fachada atlántica da rexión eurosiberiana, onde destacan especies como os brezos, urces, toxos, etc., e desenvolvida en xeral sobre solos acedos. Característica vexetación de landa a atopamos na rexión noroeste da península ibérica.

36 CIUG.- Formación vexetal de matogueira, característica da rexión eurosiberiana e como consecuencia da degradación do bosque mixto atlántico. Está formada por matogueiras como a xesta, o toxo e o breixo, podendo acadar os 3 m de altura. É característica da España húmida, asentándose sobre solos pobres e pouco aptos para o cultivo.

http://es.wikipedia.org/wikihttp://es.wikipedia.org/wiki/Isoyeta/Landa

http://blogtodohistoriaymas.over-blog.es/article-paisajes-naturales-espana–paisaje-oceanico-85979229.html

http://ies.juancarlosprimero.ciempozuelos.educa.madrid.org/departamentos/gh/recursos/geografia/indice/temario/4_paisajes_biogeograficos/paisaje_vegetal_clima_oceanico.pdf

37.- LAURISILVA: Concepto botánico, que refire á formación boscosa moi densa e composta por árbores de folla perenne da familia das lauráceas,que se degrada pola acción humana no fayal-brezal; é propia de climas subtropicais oceánicos caracterizados por unha elevada humedade relativa, a continua presencia de néboa e unha temperatura prácticamente constante ao largo do ano e como tal, característico da rexión macaronésica, en concreto das Illas Canarias; bosques de laurisilva do mundo.

37 CIUG.- A laurisilva é un bosque nuboso subtropical, propio de lugares húmidos, cálidos e sen xeadas, con grandes árbores, que en España se dá nas illas Canarias, máis concretamente nas vertentes setentrionais das illas occidentais de maior elevación, alí onde o “mar de nubes” -determinado pola afluencia dos alisios- permite o seu crecemento.

http://es.wikipedia.org/wiki/Laurisilva

http://www.todotenerife.es/es/article/show/167/laurisilva-fayal-brezal

http://www.slideshare.net/jose_antonio/la-laurisilva

38.- LITOSFERA: Concepto fisioxeográfico, xeoestructural que refire á estructura interna da Terra e concretamente á capa externa e ríxida situada por riba da astenosfera ou capa viscosa do manto superior. Abrangue algúns kms de espesor e inclúe tanto a codia terrestre como a parte máis externa do manto. A codia terrestre articúlase en cerca de 20 placas principais (vbgr., placa euroasiática).

38 CIUG.- A litosfera é un conxunto máis ou menos ríxido, fragmentado en diversas placas, que forma a superficie sólida do planeta e descansa sobre unha capa plástica, a astenosfera. A litosfera está formada pola códea e unha parte do manto superior terrestre.

http://es.wikipedia.org/wiki/Litosfera

http://www.aula2005.com/html/cn1eso/04lalitosfera/04lalitosferaes.htm

39.- MAQUIS: Concepto botánico, que refire a unha formación arbustiva mediterránea, rica en especies como xaras e tomiños, desenvolvida sobre solos silíceos e de gran densidade a diferencia da garriga.

39 CIUG.- Maquis ou maquia é un ecosistema de matogueira mediterránea, formación de especies perennifolias, principalmente arbustivas, que soe refuxiarse sobre solos silíceos. Os madroños, as xaras, os brezos, lentiscos, romeus e outras especies son características desta formación, de maior porte xeralmente que as garrigas.

http://es.wikipedia.org/wiki/Maquis_(bot%C3%A1nica)

http://wikinatu.wikispaces.com/MAQUIA

40.- MARISMA: Concepto morfoxenético de litoral que refire a un terreo baixo ou anegado, nas ribeiras do mar ou das rías; por tanto, dunha área areosa que de forma recorrente e repetida se inunda de auga salgada procedente do mar. O exemplo máis representivo son as Marismas do Gudalquivir. (Ver definición deEsteiro).

http://es.wikipedia.org/wiki/Marisma

http://www.cuadernosdecampo.es/Website/Ecosistemas/marismas.aspx

41.- MATERIAS PRIMAS ESTRATÉXICAS: Concepto económico; refire ás materias primas e fontes de enerxía que ben pola amplitude da súa demanda, ben polo carácter focal ou hexemónico da súa oferta,constitúen bens escasos ou xeran dependencia nas economías de terceiros países.

http://almadeherrero.blogspot.com.es/2012/01/14-materias-primas-con-valor.html

42.- MESETA: Concepto fisioxeográfico, morfoestructural ou simplemente morfolóxico, que refire á superficie chá ou lixeiramente inclinada nunha determinada dirección, cortada por vales e situada a certa altitude sobre o nivel do mar. (Vbgr., submeseta peninsular).

42.- CIUG.- Meseta: superficie plana de gran extensión, horizontal ou lixeiramente ondulada, elevada con respecto ao nivel do mar. Apenas presenta accidentes topográficos de importancia e os seus rebordos poden ser montañosos. En España é a unidade principal do relevo peninsular, resto do antigo macizo xurdido na oroxenia herciniana, que foi arrasado pola erosión, e afectado e deformado polo movemento alpino que fixo xurdir os seus sistemas interiores e os rebordos montañosos.

http://es.wikipedia.org/wiki/Meseta

43.- MOVEMENTOS ANTIGLOBALIZACIÓN: Concepto socio-político, que refire a unha corrente de protesta mundial que aúna a numerosos e heteroxéneos grupos de diferentes países contra o capitalismo extremo, o modelo neoliberal, e  sobre un mundo globalizado. Ademáis deste termo existen outros moitos que se usan para designar a estos grupos, como por exemplo: Movemiento de Resistencia Global, Movementos Antimundialización, Antiglobalistas, Globalifóbicos, etc.

http://es.wikipedia.org/wiki/Movimiento_antiglobalizaci%C3%B3n

http://e-ducativa.catedu.es/44700165/aula/archivos/repositorio//1250/1326/html/6_los_movimientos_antiglobalizacin.html

http://www.slideshare.net/rosarioa.slide/movimientos-antiglobalizacion

44.- MUNICIPIO: Concepto de administración territorial, que refire á unidade territorial administrativa básica en que se divide oficialmente o territorio español. Normalmente rexida por un concello elexido democráticamente, a súa capital coincide cun núcleo de poboación concentrado; mentras, o resto dos núcleos poden  estár dispersos como no caso de Galicia.

http://es.wikipedia.org/wiki/Municipio

http://www.ine.es/daco/daco42/codmun/codmunmapa.htm

45.- OBXETIVOS DO MILENIO (ODM): Concepto social e político; que refire á “Declaración do Milenio das Nacións Unidas”, adouptada polos EEMM o 8 de setembro de 2000. Síntese de acordos internacionais alcanzados en diversos cumios mundiais ao largo dos anos 90 (sobre medioambiente e desenvolvemento, dereitos de mulleres, desenvolvemento social, racismo, etc.), a Declaración traza unha serie de compromisos concretos que se cumpridos nos prazos fixados, segundo os indicadores cuantitativos que os acompañan, deberán mellorar o destino da humanidade no 2015. Entre os obxectivos atópanse a erradicación de la pobreza, a educación primaria universal, a igualdade entre xéneros, a mortalidade infantil e materna, frear o avance de enfermidades contaxiosas (caso do vih/sida) e a sostenibilidade do medio ambiente aos que se añade como Obxectivo 8, ‘Fomentar unha Asociación Mundial para o Desenvolvemento.

http://es.wikipedia.org/wiki/Objetivos_de_Desarrollo_del_Milenio

http://www.slideshare.net/rsiquiercoll/objetivos-del-milenio-5815740

http://www.rtve.es/noticias/objetivos-milenio/

46.- PADRÓN MUNICIPAL: (Ver CENSO DE POBOACIÓN). Concepto demográfico que refire á fonte ou instrumento estatístico que recolle a relación da poboación dun municipio con algunas das súas características (ver censo). Actúa como proba de residencia, debendo ser permanentemente/anualmente actualizado.

http://es.wikipedia.org/wiki/Padr%C3%B3n_municipal_de_habitantes

http://www.ige.eu/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?idioma=es&codigo=0201001002

47.- PAISAXE: Concepto xeográfico, que segundo sinala a Convención Europea da Paisaxe, “designa calquer parte do territorio, tal como é percibida polas poboacións, cuxo carácter resulta da acción de factores naturais e/o humanos e das súas interrelacións”. As paisaxes son dinámicas e evolucionan ao largo do tempo e son diferentes en cada rexión, polo que están sendo cada vez máis valorados e protexidos. Forman parte de noso patrimonio.

http://es.wikipedia.org/wiki/Paisaje

http://www.magrama.gob.es/es/desarrollo-rural/temas/desarrollo-territorial/paisaje/

http://www.escolagalegadapaisaxe.org/es/

http://www.slideshare.net/meolaosv/paisaje-natural-y-cultural-presentation (Dia 34)

48.- PARQUE TECNOLÓXICO: Concepto de lexislación económica que refire ao conxunto de instalacións que dotan dunha infraestructura básica a todas aquelas iniciativas empresariais que se estimen viables para o desenvolvemento industrial e tecnolóxico dunha determinada área.

http://es.wikipedia.org/wiki/Parque_cient%C3%ADfico

http://www.madridnetwork.org/red/parques/Definicion

49.- PARROQUIA: Concepto de división territorial ue refire a un territorio que abarca a varios núcleos de poboación e de límites asumidos e coñecidos polos moradores; pero non recoñecidos xurídicamente. Tampouco en Galicia, onde a parroquia é a unidade básica da convivencia veciñal.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Parroquias_de_Galicia

50.- PENECHAIRA: Concepto fisioxeográfico, morfoxenético).Superficie de erosión, cunha topografía con tendencia ao aplanamento e de escasos desniveis a certa altitude sobre o nivel do mar. (Vbgr., penichaira cacereña).

http://es.wikipedia.org/wiki/Penillanura

http://www.proyectosfindecarrera.com/definicion/penillanura.htm

51.- PLAN ESTRATÉXICO DE INFRAESTRUTURAS DO TRANSPORTE (PEIT): Concepto político de vertebración socio-económica do territorio, que refire ao documento-proposta do Ministerio de Fomento que asume o obxectivo a largo prazo (vixente ata 2020) de abordar os retos do transporte en España e as medidas que podan contribuir a mellorar a competitividade económica, a cohesión territorial e social, e a seguridade e calidade do servicio en todos os modos de transporte desde os principios de racionalidade e eficiencia no uso dos recursos.

http://peit.cedex.es/

http://www.slideshare.net/grupo3transporte/plan-estratgico-de-infraestructuras-y-transporte-peit

52.- PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANA (PXOU): Concepto xurídico urbanísticoque refire a un instrumento de ordenación integral do territorio que clasifica o solo segundo o seu réxime xurídico: solo urbán, solo urbanizable programado, solo urbanizable non programado e solo non urbanizable.

52 CIUG.-Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU).Instrumento de ordenación integral do territorio. Contén a clasificación do solo, definición dos elementos fundamentais da estrutura xeral do territorio (como poden ser fixar os espazos libres, de equipamento comunitario, ossistemas xerais de comunicación etc.), desenvolvemento, execución e a vixencia do plan. Adoita ser municipal, Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

http://es.wikipedia.org/wiki/Plan_General_de_Ordenaci%C3%B3n_Urbana

http://www.pgou.eu/

http://www.elblogsalmon.com/conceptos-de-economia/que-es-un-plan-general-de-ordenacion-urbana

53.- POBOACIÓN ACTIVA: Concepto demográfico que refire a aquela poboación en idade de traballar. A partires desta definición diferenciamos entre poboación activa ocupada e poboación activa desocupada ou en paro. A efectos estatísticos convén, sen embargo, discriminar a poboación parada (poboación activa ocupada temporalmente sen emprego) da poboación activa desocupada ou de labores non asalariadas.

http://es.wikipedia.org/wiki/Poblaci%C3%B3n_activa

http://es.wikipedia.org/wiki/Encuesta_de_Poblaci%C3%B3n_Activa

http://www.ine.es/daco/daco42/daco4211/epa0213.pdf

54.-POLÍTICA AGRÍCOLA COMÚN (PAC): Concepto de integración económica, que refire ás normas directivas de cohesión e coordinación das políticas e actividades agropecuarias entre os países membros da UE.; como tal, funciona como un mercado sectorial protexido respecto das exportacións de terceiros países.

54.- CIUG.- Política agrícola común (PAC): política europea composta por unha serie de leis e normas que regulan a produción, o comercio e o tratamento dos produtos agrarios na Unión Europea co fin de incrementar a produción fomentando o progreso técnico, asegurando o desenvolvemento racional da produción agrícola e gandeira, así como o emprego óptimo dos factores de produción, en particular, da man de obra. O seu orzamento está próximo ao 50% do comunitario.

http://es.wikipedia.org/wiki/Pol%C3%ADtica_Agr%C3%ADcola_Com%C3%BAn_de_la_Uni%C3%B3n_Europea

http://ec.europa.eu/agriculture/cap-overview/2012_es.pdf

55.- POLÍTICA PESQUEIRA COMUNITARIA (PPC): Concepto de política de integración económica; refire á política de cohesión e coordinación da U.E. en materia pesqueira (Europa Azul). Establece cotas para limitar a cantidade de peixe de cada especie que os EEMM poden capturar, e fomenta a industria pesqueira mediante varias intervenciones en el mercado, servíndose dos fondos estructurais (IFOP e FSE).

http://es.wikipedia.org/wiki/Pol%C3%ADtica_Pesquera_Com%C3%BAn_de_la_Uni%C3%B3n_Europea

http://ec.europa.eu/fisheries/reform/index_es.htm

56.-PROVINCIA: Concepto administrativo, que refire a unidade de xurisdicción sobre un grupo de concellos, sobre os que non posúe competencias lexislativas. A actual división provincial española data de 1833 e divide ó Estado español en 50 provincias.

http://es.wikipedia.org/wiki/Provincia

http://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/provincias-de-espaa-como-se-llama/9c66babb-630b-4d95-b9e2-9c683266891e

57.-RÉXIME DEMOGRÁFICO: Concepto demográfico, que refire a cada etapa pola que pasa a evolución do movemento natural dunha poboación na que a natalidade, a mortalidade e o crecemento natural presenta características homoxéneas. Así, diferenciamos na dinámica demográfica dos países desenvolvidos un rexime tradicional (de baixo crecemento da población con altas taxas de natalidade e mortalidade), un rexime de transición (altas taxas de natalidade e baixas de mortalidade con explosión demográfica)e un rexime actual (baixo crecemento natural con baixas taxas de natalidade e de mortalidade). VER TRANSICION DEMOGRAFICA

http://www.claseshistoria.com/guillermo/gglosariodemografia.htm

58.- RÍA: Concepto de morfoloxía de litoral, que refire a un val fluvial asolagado en parte ou na súa totalidade por mor dos movementos eustáquicos do nivel do mar. H. Nonn baseándose na erosión fluvial nos periodos regresivos do pleistoceno e no basculamento epiroxénico logra diferenciar entre val (ría de Ferrol), cubeta (ría de Arousa) e val tectónico (ría de Vigo).

58 CIUG.-Val fluvial somerxido baixo o nivel do mar a causa da elevación deste. A orixe xeomorfolóxica está relacionada cun asolagamento do val fluvial relacionado con movementos isostáticos e un afundimento tectónico asociado á rede de fracturas preexistentes.

http://es.wikipedia.org/wiki/R%C3%ADa

59.- SALDO MIGRATORIO: Concepto demográfico que refire ao balance entre o volume emigratorio e inmigratorio dunha sociedade ou grupo humano. O saldo migratorio conxúgase co crecemento vexetativo para poder coñercer o crecemento real dunha determinada poboación. Na actualidade a poboación española, cunha das taxas de crecemento vexetativo máis baixas, mantén un leve crecemento grazas ao seu saldo migratorio positivo.

59 CIUG.- Resultado de poñer en relación inmigración e emigración nun determinado territorio.O saldo migratorio é positivo cando o número de inmigrantes é superior ao de emigrantes, e negativo cando a emigración supera a inmigración.

http://es.wikipedia.org/wiki/Saldo_migratorio

http://www.elcaptor.com/2013/09/saldo-migratorio-de-espana-pais-ida-y-vuelta.html

http://www.ine.es/jaxi/menu.do?type=pcaxis&path=%2Ft20%2Fp259%2Fe01&file=pcaxis

60.- SILVICULTURA: Concepto económico, que refire á actividade que ten por obxecto o cultivo, conservación e aproveitamento dos bosques e montes. Entre estos cometidos están a explotación madereira, a rexeneración dos bosques e solos, a prevención de incendios e pragas e o desenvolvemento dos usos múltiples do monte.

60 CIUG.-Actividade que trata do cultivo de montes e bosques. A práctica máis habitual da silvicultura é o aproveitamento forestal de espazos destinados á produciónde madeira, leña ou resinas, pero que tamén poden ter un efecto positivo na protección de cuncas hidrográficas, a conservación de hábitats naturais susceptibles de integrarse en parques naturais protexidose o desenvolvemento de espazos recreativos.

http://es.wikipedia.org/wiki/Silvicultura

http://www.ine.es/inebmenu/mnu_agricultura.htm

http://dialnet.unirioja.es/servlet/revista?codigo=11261

61.- SOMONTANO: Concepto fisioxeográfico, morfoxenético, que refire á parte inferior da aba dunha montaña; frecuentemente, amosa pendentes suaves coincidindo coa zona de acumulación de material detrítico procedente da parte superior da ladeira ou vertente. (vbgr., comarca do somontano oscense).

http://es.wikipedia.org/wiki/Piedemonte

62.- SUBCONTRATACIÓN: Concepto mercantil-administrativo, que refire en xeral ó contrato establecido entre un arrendador e un arrendatario. Particularmente, no sector secundario e especialmente na industria de construcción de infraestructuras, é común que as grandes empresas tendan a externalizar parte das súas actividades a outras máis pequenas.

http://es.wikipedia.org/wiki/Piedemonte

63.- TAXA DE FECUNDIDADE: Concepto demográfico, que refire á relación entre el número de nados vivos nun ano e as mulleres en idade fértil , independentemente do seu estado civil. A taxa de fecundidade (máis interesante que a taxa de natalidade) exprésase baixo a fórmula (Nacementos/Mulleres entre 15 e 49 anos) x 1000.

http://es.wikipedia.org/wiki/Tasa_de_fertilidad

http://es.wikipedia.org/wiki/Tasa_de_fertilidad

64.- TAXAS AEROPORTUARIAS: Concepto xurídico mercantil, que refire á tributación sobre actividades (Dereito de embarque e desembarque, de depósito, de almacenamento, estacionamento de vehículos, de rexistro, etc.) que realicen persoas naturais ou xurídicas nos aeroportos de uso e administración pública.

http://es.wikipedia.org/wiki/Aeropuerto

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/manuales/tectonica_animada/tectonanim.htm

65.- TECTÓNICA DE PLACAS: Concepto fisioxeográfico, xeoestructural, que refire á teoría orográfica máis aceptada na actualidade. Baséase no principio da expansión dos oceanos e da converxencia das placas litosféricas oceánicas e continentais ou só das continentais. Paradóxicamente é tamén coñecida como a teoría da deriva continental.

65 CIUG.- A tectónica de placas é unha teoría que explica a deriva continental e outros fenómenos como a formación de montañas, volcáns e terremotos. Segundo a tectónica de placas, a superficie exterior da Terra, chamada cortiza, consiste en aproximadamente dez bloques ou placas ríxidas que están en constante movemento. España está no límite sur da placa eurasiática.

http://es.wikipedia.org/wiki/Tect%C3%B3nica_de_placas

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/manuales/tectonica_animada/tectonanim.htm

66.- TÓMBOLO: Concepto de morfoloxía de litoral, que refire á barra, formada pola acumulación de gravas e áreas, que comunica unha illa co continente a causa da acción refractaria das ondas mariñas . Un exemplo paradigmático moi coñecido é o tómbolo de Peníscola.

http://es.wikipedia.org/wiki/T%C3%B3mbolo

http://www.southwestcoastalgroup.org.uk/cc_how_tomnolo.html

67.- TOUR OPERADORES: Concepto económico, que refire a un sistema de organización do turismo por parte de axencias especializadas, que lle facilitan ao turista a xestión total da viaxe, dende a estadía ata as visitas pasando polo resto dos pormenores organizativos.

http://es.wikipedia.org/wiki/Operador_tur%C3%ADstico

http://www.uhu.es/uhutur/documentos/masterturismo/Sesion%203Grandes%20Corporaciones%20Turisticas%20Internacionales%20II_TTOO.pdf

68.- TRANSICIÓN DEMOGRÁFICA: Concepto demográfico, que refire ao proceso de cambio desde un rexime demográfico antigo (altas taxas de natalidade e mortalidade) a outro moderno (baixas taxas de natalidade e mortalidade), caracterizado polo alto crecemento natural, consecuencia do desfase entre un descenso brusco da mortalidade e unha tendencia inicialmente estable e logo de descenso progresivo da natalidade.

http://es.wikipedia.org/wiki/Transici%C3%B3n_demogr%C3%A1fica

http://www.slideshare.net/xaor99/modelos-de-transicin-demogrficaica

69.-TRANSXÉNICOS: Concepto bioxenético, que refire aos organismos cuxo contido xenético (xenoma) foi modificado mediante inxeñería para mellorar as súas potencialidades; sen embargo, esta actividade pode estar xerando tamén riscos (desprazamento de especies domésticas non transxénicas, invasión de hábitats non preparados para os organismos tranxénicos, aceleración do empobrecemento dos solos e eliminación da biodiversidade).

http://semillasysalud.wordpress.com/%C2%BFque-son-los-transgenicos-y-como-se-hacen-2/

http://es.wikipedia.org/wiki/Alimento_transg%C3%A9nico

http://www.rtve.es/noticias/transgenicos/

70.- UMBRIA: Concepto fisiográfico, que refire a aba ou ladeira orientada cara o norte; é dicir, con maior tempo baixo sombra o que dificulta a extensión da vexetación fora das especies máis umbrófilas.

70 CIUG.- A umbría (avesedo) é a parte dun terreo en que case sempre fai sombra, por estar exposta ao norte, no noso hemisferio. Por exemplo, as vertentes orientadas cara ao Norte do Cordal Cantábrico.

70.- CIUG.- Umbría: é unha zona que, pola súa orientación, está sempre en sombra. Nas montañas é a vertente do val exposta á sombra e oposta á solana. As súas temperaturas máis baixas adoitan traducirse en diferenzas de vexetación, sendo os bosques máis amplos. En España é a orientada ao norte.

http://es.wikipedia.org/wiki/Umbr%C3%ADa_(geograf%C3%ADa)

http://ocw.uma.es/ciencias-sociales-y-juridicas/elaboracion-de-cartografia-fisica-elemental-3/Material_de_clase/OCW_Tema_3_Mapa_Laderas_y_Exposiciones.pdf

71.- UNIDADE VECIÑAL DE ABSORCIÓN (UVA): Concepto urbanístico, que refire as intervencións do Instituto Nacional da Vivenda durante a etapa do desarrollismo para combater o fenómeno do chabolismo na periferia das grandes ciudades (barrios de Fuencarral, Hortaleza, Vallecas e Villaverde nos 60), consistente na planificación de edificacións prefabricadas de provisionalidade quinquenal.

http://www.espormadrid.es/2012/10/urbanizacion-de-las-unidades-vecinales.html

http://madrilanea.com/2013/02/01/un-hogar-en-la-uva/

72.- VEXETACIÓN ANTRÓPICA: Concepto bioxeográfico, que refire ao efecto de sustitución dunha vexetación climax ou primaria por outra disclimax ou secundaria provocada pola acción do home. Por exemplo, a repoboación con coníferas ou de frondosas tipo eucaliptos.

http://www.juntadeandalucia.es/medioambiente/web/Bloques_Tematicos/Estrategias_Ambientales/Planes/Planes_tematicos/Plan_Andaluz_Desertificacion/diagnostico2.pdf

73.- VEXETACIÓN CLÍMAX: Concepto bioxeográfico, que refire á vexetación que está en equilibrio coas condicións ambientais dun lugar, é dicir, a vexetación potencial que debería existir nun lugar de non mediaren outros factores fora dos meramente ambientais. Un exemplo de vexetación climax é a de carballos no piso basal da provincia eurosiberiana na península Ibérica.

http://es.wikipedia.org/wiki/Vegetaci%C3%B3n_cl%C3%ADmax

http://es.cyclopaedia.net/wiki/Vegetacion-climax

74.- XENTRIFICACIÓN: Concepto urbanístico, que refire ao proceso de transformación física, económica, social e cultural dun antigo barrio degradado e/ou residencial de clase social baixa cando pasa a ser de clase media-alta (cfr., modelos expresivos de composición social urbana, Burgess, Hoyt e Ullmann).

http://es.wikipedia.org/wiki/Gentrificaci%C3%B3n

https://www.google.es/?gws_rd=cr&ei=AW09UsO6GIKLtAawuYD4CA#q=gentrificacion&start=10

75.- XEOPOLÍTICA: Concepto político, que refire á relación entre as institucións político-administrativas e os territorios. Así, os estudos de xeografía política moi variados, realizanse a diversas escalas, abarcando aspectos como poder político, estructura administrativa, divisións territoriais, relacións internacionais e as súas implicacións espaciais.

http://es.wikipedia.org/wiki/Geopol%C3%ADtica

https://revistas.ucm.es/index.php/GEOP

http://www.esglobal.org/10-blogs-sobre-geopolitica

LIGAZÓNS DE INTERESE:

NOVO GLOSARIO DAS PPAU (IES ELVIÑA)

http://es.calameo.com/read/000513658e357f4c0d35d

GLOSARIO XEOGRÁFICO (Universidade Jaume I)

http://www.agh.uji.es/GLOSARIO.pdf

Advertisements