Archive for the ‘ESPAÑA EN EUROPA E NO MUNDO’ Category

prácticos bloques IV-V, temas 15 e 16

9 Febreiro, 2015

PROBA DE AVALIACION BLOQUES IV-V. XEOGRAFIA 2º BACH D. XANEIRO 2015

3.- PRAXE: A&C “OS INDECADORES DE BENESTAR”. Valor 4 puntos

3.1.1.- Relacione as provincias das CCAA de Extremadura e Castela A Mancha e cita as capitais autonómicas. 1 punto.

3. 1.2.- Comente o documento en cuestión, segundo as seguintes p.d.v. 3 puntos.

3.1.2.1.- Tipo de imaxes. 1 punto.

3.1.2.2.- Lectura dos documentos propostos (desigualdades rexionais segundo os indicadores de benestar social) e aporta as tuas conclusións (rexións de convergencia e rexions de competitividade) . 1 punto.

3.1.2.3.- Desenvolve un comentario coherente cos factores explicativos destes desequilibrios territoriais e das políticas de cohesión (Fonde de Compensación interterritorial). 1 punto.

Fonte: http://files.noespazoenotempo.webnode.es/200000600-cd12ccf066/benestar%20social.pdf

PLANTA/MODELO

.1.2.- COMENTE O DOC. EN CUESTIÓN, SEGUNDO AS SEGUINTES P.D.V. 3 PUNTOS.

3.1.2.1.- TIPO DE IMAXES1 PUNTO.

– Docs cartográficos: Mapas referenciais, político-administrativos, provinciais e mapas temáticos/de temática territorial (contrastes rexionais) en relación con indicadores de benestar social (poboación con estudos superiores, nº de camas hospitalarias por 10.000 habs, nº de asalariados con contrato laboral indefinido e taxa de actividade feminina). Estos mapas temáticos adoptan, como é habitual na representación de superficies, a forma de mapa de coropletas (coras), que no caso concreto dos docs propostos coinciden con agregados de CCAA. As lendas articúlanse en 4 rangos ou categorías con valores expresados en porcentaxes, que na versión en cor reserva os valores extremos aos matices de maior intensidade.

3.1.2.2.- LECTURA DOS DOCS PROPOSTOS (desigualdades rexionais segundo os indicadores de benestar social) e aporta as tuas conclusións (rexións de convergencia e rexions de competitividade) .1 PUNTO.

– Para a lectura ou análise dos docs propostos como exercicio de avaliación (vs traballo de casa) simplificámo-la en función dun rango medio alto e doutro rango medio baixo segundo respectivamente ás porcentaxes superiores e inferiores a 45%, 35%, 65% e 45%, hipotéticamente suficientes para reflictar as rexións en inferioridade ou de superioridade a equilibrar a traves dos Fondos de compensación interterritorial.

Dacordo co anterior, destacamos: 1) un contrate entre as CCAA de Pais Vasco e de Navarra coas de Cantabria e Madrid frente ao resto do territorio nacional; 2º) un contraste norte-sur do territorio español; 3) confirmación do contrate anterior norte-sur con tendencia a privilexiar o benestar do nordeste; 4ª) ratificación da tendencia anterior de maneira nítida. En sentido mais restrinxido constátase unha xerarquía do benestar en España a favor das CCAA de Cataluña (3 veces no rango alto), de Madrid, de País Vasco e da Comunidade Foral (2 veces en rango alto).

Como factor explicativo, apuntamos a coincidencia das 4 CCAA no mapa de asalariados indefinidos, é dicir, da importancia do desenvolvemento económico. Outros factores serían a autonomía orzamentaria no caso das CCAA do norte (cfr., concerto económico), a centralidade histórica de Cataluña como rexión industrializada (cfr., taxa de actividade feminina) vs a unha centralidade de Madrid mais limitada (cfr, capital dun Estado con ampla descentralización política).

3.1.2.3.- DESENVOLVE UN COMENTARIO coherente cos FACTORES EXPLICATIVOS DESTES DESEQUILIBRIOS TERRITORIAIS E DAS POLÍTICAS DE COHESIÓN (Fondo de Compensación interterritorial). 1 punto.

(FONTE TEMA 15) DESEQUILIBRIOS TERRITORIAIS E POLÍTICAS REXIONAIS

No Estado das autonomías, un Estado democrático e social de dereito, que se basea na igualdade territorial e na solidaridade, existen desequilibrios entre as rexións dertivados de factores internos de desigualdade e tamén de factores externos de relacións desiguais que afectan á súa competitividade económica, ao benestar da súa poboación e á calidade do seu medio ambiente.

O desenvolvemento económico dunha rexión relaciónase coa súa capacidade de producción, cos ingresos e nivel de consumo da súa poboación, coa creación de emprego e co investimento de capital realizado en infraestruturas ou en servizos sobre todo cos relacionados coa producción e difusión do coñecemento. Sen embargo, o benestar das rexións non depende só do crecemento económico, senón tamén da distribución dos beneficios entre os seus diferentes grupos de poboación.

A persistencia dos desquilibrios territoriais fai necesario implementar políticas sociais para atenualos. En España a política rexional iniciouse na década dos 60 cos Plans de Desenvolvemento (1964-75), ou de descentralización en certas áreas atrasadas para que actuasen como motor de desenvolvemento do contorno. Tras un periodo de letargo (1975-85, crise das fontes de enerxía e transición política), deron lugar a partir de 1986 coa adhesión española á Comunidade Europea a unha nova política rexional marcada polas directivas da Comisión Europea e os seus instrumentos de financiación, os chamados Fondos Estructurais (FEOGA, FEDER, FSE) e de Cohesión interterritorial, cuxo reparto se establecer segundo criterios socio-económicos que clasifican o mapa europeo en rexións de obxectivo 1 ou de convergencia e de Obxectivo 2 ou de competitividade,

benestar para blogue

PROBA DE AVALIACION BLOQUES IV-V. XEOGRAFIA 2º BACH D. XANEIRO 2015

MAPA DE FLUJOS DE MERCANCIAS

3.- PRAXE: A&C “OS FLUXOS DO COMERCIO MUNDIAL”. Valor 4 puntos

3.1.1.- Relacione as provincias das CCAA de Andalucía e de Aragón. 1 punto.

3.1.2.- Comente o documento en cuestión, segundo as seguintes p.d.v. 3 puntos.

3.1.2.1.- Tipo de imaxe. 1 punto.

3.1.2.2.- Lectura do documento proposto (comercio desigual: grandes área económicas e grandes fluxos comerciais) e aporta as tuas conclusións (relacións de dependencia, rexións centrais e rexions periféricas) . 1 punto.

3.1.2.3.- Desenvolve un breve comentario do novo escenario xeopolítico, dos factores explicativos da desigualdade entre os países e de iniciativas dirixidas a correxilas. 1 punto.

PLANTA/MODELO

3.1.2.- COMENTE O DOC EN CUESTIÓN, SEGUNDO OS SEGUINTES P.D.V. 3 PUNTOS.

3.1.2.1.- TIPO DE IMAXE1 PUNTO.

– Doc. cartográfico: Mapa referencial, un mapamundi sen divisións político-administrativas, se ben con rotulación de continentes e grandes espazos por exemplo Europa occidental ou Oriente Medio (o máis chamativo é a súa proxección azimutal polar a favor da continentalidade do hemisferio norte) e mapa de temática económica O comercio mundial de mercadorías no ano 2000”, sen lenda. Como mapa temático adopta, como é habitual na representación das actividades de transporte, a forma de mapa de fluxos (frechas), que no caso concreto do doc proposto teñen como punto de partida e de destino círculos negros de tamaño proporcional cunha clara intención de xerarquizar os mencionados flujos de intercambios, que en tódolos casos preséntanse como frechas de correspondencia, ainda que non da mesma intensidade en ambas direccións.

3.1.2.2.- LECTURA DO DOC. PROPOSTO (comercio desigual: grandes área económicas e grandes fluxos comerciais) e aporta as tuas conclusións (relacións de dependencia, rexións centrais e rexions periféricas) . 1 PUNTO.

– As vantaxes derivadas da proxección deste mapamundi temático son manifiestamente intencionadas al quedar desde o inicio significativamente expresada coa escala xerárquica, centro vs periferia. Non se trata, en consecuencia, de mera cuestión estética, se non mais ben provocativa.

Os feitos observados son: 3 círculos desiguais de rango superior que identificamos por esta orde, Europa occidental e América do Norte con relacións atlánticas mutuamente intensas, mais favorables aos europeos (á súa balanza comercial ou saldo exportacións vs importacións), que perden esta vantaxe nas súas relacións coa área económica do Extremo Oriente; por outra parte, estos países, Xapón, China, Corea, establecen relacións na área do Pacífico con América Norte mutuamente intensas, mais outra vez favorables aos asiáticos. Nesta descripción queda patente a primacía do comercio exterior da Europa Occ. cun valor de 1654 millardos de $ e unha capacidade productiva de bens de alto valor engadido, a capacidade adquisitiva do mercado norteamericano, a prol da súa divisa, coa metade do valor do asiático, 427 vs 807 millardos de $, malia o volume de tráfico de mercadorías, indicativa do tipo de mercadorías (prezos baixos pola explotación laboral).

Fronte a estas tres áreas económicas que hexemonizan o comercio internacional encontramos as áreas do Oriente Medio con as maiores reservas de hidrocarburos do mundo, Iberoamérica con producción agraria tropical de alto valor nos mercados e finalmente, África como productora de minerais. Este último es, como caso extremo, moi revelador do comercio desigual al mantener todos os fluxos de importanción con volumen superior ás exportacións ou dito forma o seu comercio en lugar de ser fonte de financiación do seu desenvolvemnento o é de endebedamento.

3.1.2.3.- DESENVOLVE UN BREVE COMENTARIO DO NOVO ESCENARIO XEOPOLÍTICO, dos factores explicativos da DESIGUALDADE entre os países e de INICIATIVAS DIRIXIDAS A CORREXILA. 1 PUNTO.

O mundo de hoxe é, en gran parte, o resultado do extraordinario desenvolvemento das novas tecnoloxías da información e da comunicación. O que caracteriza o fenómeno da globalización é que estas relacións na actualidade teñen unha cobertura mundial e unha intensidade descoñecida ao redor de Estados Unidos, a Unión Europea, Xapón e, recentemente, China. Estes países controlan a información e o coñecemento, concentran gran parte do capital, as finanzas mundiais e numerosas empresas, e teñen un gran poder político e de decisión.

Pola contra o sistema de economia de mercado resultou moi problemático para moitos outros países, periféricos ou colonizados, que viron aumentar a súa pobreza, a súa explotación e a súa dependencia. O volume comercial dos países menos desenvolvidos é moi escaso debido as características da súa produción (países de economía de subsistencia ou de monocultivos dos que apenas rendibilizan no mellor dos casos o 10% do seu valor fronte aos beneficios das empresas de producción de capital extranxeiro ou das multinacionais da distribución) e dos fluxos comerciais ás que non teñen acesso con as súas actuais redes de comunicación. A alternativa só pode vir do Comercio Xusto *

Deste xeito, as balanzas comerciais son estructuralmente deficitarias como reflictou á análise (exportan poucos bens a baixos prezos, mentres que importan produtos manufacturados a prezos elevados, procedentes do mundo desenvolvido). A súa vez, o déficit agrava o problema de débeda externa, a acumulación de xuros resultado dos empréstitos do Fondo Monetario Internacional (FMI) ou o Banco Mundial (BIRF), que chega a triplicar o valor dos mesmos e forza a barallar a condonación da débeda, máis tamén a perda de confianza no país das institución acreedoras.

comercio desigual BLOGUE

Advertisements

España en Europa e no Mundo: o novo escenario sociopolítico; tema ppau 2012

25 Maio, 2013

BLOQUE V: ESPAÑA EN EUROPA E NO MUNDO

O NOVO ESCENARIO XEOPOLÍTICO: DESIGUALDADE NO MUNDO. COMERCIO DESIGUAL E DÉBEDA EXTERNA. POSICIÓN DE ESPAÑA NO MUNDO

O mundo de hoxe é, en gran parte, o resultado da crise e afundimento do bloque comunista e do triunfo do sistema capitalista, favorecido polo extraordinario desenvolvemento das novas tecnoloxías da información e da comunicación.

As relacións económicas, sociais e culturais do capitalismo establecido entre os diversos países e rexións da Terra crean situacións de colaboración, de intercambio, de interdependencia e de dominio político, social e económico.

Así e todo, cabe lembrar que o comercio entre lugares ás veces moi afastados, a depredacións dalgúns recursos naturais e o dominio duns países sobre outros existen desde moi antigo. O que caracteriza o fenómeno da globalización é que estas relacións na actualidade teñen unha cobertura mundial e unha intensidade descoñecida ata agora, de xeito que algúns autores din que o planeta se converteu nunha “aldea global” (Marshall McLuhan).

A economía global organízase ao redor de Estados Unidos, a Unión Europea, Xapón e, recentemente, China. Estes países controlan a información e o coñecemento, concentran gran parte do capital, as finanzas mundiais e numerosas empresas, e teñen un gran poder político e de decisión.

A DESIGUALDADE NO MUNDO

O sistema de economía de mercado debía crear o benestar e o progreso dos pobos pero foi favorable só para un reducido grupo de países, ricos e industrializados, e pola contra resultou moi problemático para moitos outros países, periféricos ou colonizados, que viron aumentar a súa pobreza, a súa explotación e a súa dependencia.

O distinto grao de desenvolvemento dos países do mundo explica que se poidan diferenciar outros grupos que non forman parte dos países ricos:

– Os países en desenvolvemento son Estados cun nivel de vida relativamente baixo e un crecemento de poboación elevado. A economía ten unha base agraria e o desenvolvemento industrial é escaso ou incipiente, todo isto determina un nivel de pobreza bastante estendido. Dentro dos países en desenvolvemento hai un grupo de medran a un ritmo moi superior ao resto do mundo, son os chamados países emerxentes ou G-5 (Brasil, China, India, México e Repúbica de África do Sur). Este grupo de países comparte elementos do mundo rico e do pobre e mantén moitas diferenzas sociais internas. Son espazos esenciais para o sistema capitalista porque evitan a polarización entre ricos e pobres, e demostran que o sistema posibilita o progreso. Polo xeral son rexións moi activas que ofrecen man de obra preparada ou barata, baixos impostos, escasas normas ambientais e gobernos fortes e favorables á entrada de empresas estranxeiras.

– Os países pobres, un exemplo poden ser os países subsaharianos, afástanse do benestar en sentido colectivo e viven nunha situación de pobreza e atraso tecnolóxico moi arraigados. Os países desenvolvidos e desde hai poucos anos China explotan os seus recursos naturais en beneficio propio e permiten, e ás veces, apoian a permanencia dos gobernos corruptos favorables aos seus intereses. Outros países, sen recursos naturais relevantes e sumidos en guerras tribais, deixaron de lle interesar ao capital e son países esquecidos que quedaron á marxe do sistema.

O COMERCIO DESIGUAL

O volume comercial dos países menos desenvolvidos é moi escaso debido as características da produción e dos fluxos comerciais. Moitos países, cunha economía de subsistencia, non teñen sequera bens para acceder ao comercio internacional. Outros cultivan productos ben cotizados, como café, cacao, azucre e algodón, destinados á comercialización mundial: as súas economías nacionais chegan a depender nun 80 ou 90% da súa exportación. No entanto, os prezos fíxanos, nas bolsas de Nova York, Londres, París…, as multinacionais que obteñen elevados beneficios do seu papel de intermediarios. Por esta razón xurdiu un tipo de comercio alternativo denominado “comercio xusto ou solidario”.

En ocasións, os países menos desenvolvidos quedan á marxe do tráfico de mercadorías. Existen tres grandes fluxos comerciais a nivel mundial que unen América do Norte, a Unión Europea e Xapón-Corea. Así e todo, extensas áreas de América Latina, África e Asia quedan illadas das rutas comerciais e resúltalles moi difícil acceder a elas porque as súas redes de comunicación son moi deficientes e con escaso potencial.

Deste xeito, as balanzas comerciais destes países son deficitarias, porque exportan poucos bens a baixos prezos, mentres que importan produtos manufacturados a prezos elevados, procedentes do mundo desenvolvido. O déficit agrava o problema de débeda externa, que ameaza as súas economías e pon en evidencia as fondas contradicións da globalización. O Fondo Monetario Internacional (FMI) ou o Banco Mundial (BIRF) concédelles préstamos que non poden devolver, e como consecuencia disto, a acumulación de xuros chega a triplicar o u cuadriplicar o crédito inicial; cada vez lles resulta máis difícil saír da situación de pobreza e por iso se baralla a condonación da débeda externa dos países máis pobres.

POSICIÓN DE ESPAÑA NO MUNDO

España é un dos 27 países membros da Unión Europea e un dos 198 países que hai actualmente no mundo. Forma parte da civilización occidental e da cultura mediterránea. A economía española é das máis desenvolvidas e a poboación goza dun elevado nivel de benestar. Para analizar a súa posición no conxunto mundial convén ter en conta diversas variables:

Extensión. Se ordenamos os países pola súa extensión, nos primeiros lugares figuran países que ocupan unha gran parte dun continente con extensións superiores aos 7 millóns de km. Unha segunda categoría de países inclúe grandes Estados con máis de 1 millón de km. España ocupa pola súa extensión (505.990 km) o lugar cincuenta e un na clasificación mundial, de xeito que se considera un territorio relativamente grande.

Poboación. Se ordenamos os países pola súa poboación, España ocupa un lugar destacado, polo que se pode considerar un país poboado. Salientan nos primeiros lugares China, con máis de 1.300 millóns de habitantes, e a India, con 1.166 millóns, que son os países máis poboados da Terra. España está situada dentro do grupo de pases que teñen un volume considerable de poboación (46 millóns).

Riqueza. O nivel de riqueza dun país adóitase medir segundo o seu Produto Interior Bruto por habitante (PIB per cápita). O PIB per cápita é o valor de toda a produción dun ano dividido polo número de habitantes. España, cun PIB por habitante de 24.020 euros, é un país rico que forma parte do conxunto de países desenvolvidos no mundo. España pertence á Unión Europea e, como tal, está incluída no grupo de países economicamente máis poderosos do planeta.

Desenvolvemento. Para poder situar de forma comparativa o desenvolvemento actual dos países recórrese ao Índice de Desenvolvemento Humano (IDH), un indicador que se calcula a partir de tres variables: a esperanza de vida ao nacer, o índice de escolarización e o índice do PIB por habitante e se puntúan entre un valor máximo de 1 e un valor mínimo de 0; España ocupa o lugar dezaseis na clasificación mundial (0,949 de índice). Todos estes datos veñen confirmar que formamos parte do pequeno grupo de habitantes do planeta que goza das condicións de vida máis favorables.

Respecto a súa proxección cultural no mundo, España é un país multilingüe, no que os diversos idiomas constitúen unha riqueza cultural. Das linguas de España, a que ten maior presenza no mundo é o castelán, porque o falan nas súas diferentes modalidades centos de millóns de persoas de diversos países de América Latina. O castelán tamén é a segunda lingua máis falada de Estados Unidos debido ao número de inmigrantes hispanos, e é lingua oficial da ONU e cooficial no ámbito da Unión Europea.

En canto a súa presenza nos organismos internacionais España, debido á Guerra Civil e á ditadura franquista, viviu illada do ámbito internacional entre os anos 1939 e 1959. A posición estratéxica que ocupa no mar Mediterráneo interesoulle a Estados Unidos durante a guerra fría e iso facilitou a súa apertura ao exterior e a súa entrada na ONU en 1955. Desde aquela España coñeceu un gran desenvolvemento económico e social e hoxe figura como membro da Unión Europea, institución na que se integrou en 1986 (CEE).

Ademais partircipa nun gran número de organizacións internacionais, o que expresa a vontade e a necesidade de resolver os problemas pola vía do diálogo e da cooperación. Unha das máis importantes é a Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN). Esta organización foi fundada despois da Segunda Guerra Mundial, en 1949, para lles facer fronte a posibles ameazas do bloque comunista. É unha organización de defensa político-militar cuxo obxectivo é a axuda mutua, salvagardar a paz, a seguridade e o benestar das potencias que a integran en caso dun ataque exterior. Tras un referendo, España incorporouse definitivamente á OTAN en 1986

Das organizacións económicas máis destacadas na que España tamén ten un papel moi activo salienta a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE). Esta organización foi fundada en 1960 e ten como obxectivo coordinar as políticas económicas e sociais dos Estados membros. España ingresou na OCDE en 1961. Tamén forma parte do Fondo Monetario Internacional (FMI), institución de carácter financeiro, e da Organización Mundial do Comercio (OMC), de tipo comercial.

SEPNOSE DO TEMA SUPRA

ESPAÑA NO MUNDO BLOQUE V

TEXTOS DO INSTITUTO GEOGRAFICO HIPERVINCULADOS SOBRE O TEMA- BLOQUE DA PAU

ESPAÑA EN EUROPA E NO MUNDO

ESPAÑA EN EUROPA

El término Europa se ha utilizado tradicionalmente para denominar a un continente, pero en la actualidad designa una entidad bastante más compleja. En las últimas décadas se han sucedido un conjunto de acontecimientos que están transformando la idea de Europa, y se han materializado en la importancia creciente de un organismo supranacional: la Unión Europea (UE).

Desde el punto de vista estrictamente físico, España ocupa una situación periférica dentro del continente europeo y, además, algunos de sus territorios -como Ceuta y Melilla- se localizan en el continente africano, o son ultraperiféricos, como sucede con las Islas Canarias. Esta última circunstancia se produce también en otros países europeos, como Francia (DOM: Guadalupe, Martinica, Guayana y Reunión) y Portugal (Madeira y Azores).

España ha participado en la evolución histórica de Europa. A la Península Ibérica llegaron, a partir del primer milenio antes de Cristo, distintos pueblos colonizadores procedentes del Mediterráneo: fenicios, griegos y cartagineses, que crearon colonias en la costa. Posteriormente Hispania formó parte del conjunto de provincias del Imperio Romano, luego llegaron los pueblos germanos y, tras ellos, gran parte de la Península se integró en el mundo musulmán. Ya en los siglos XVI y XVII la monarquía española reinó sobre muchos territorios europeos, y desplegó su hegemonia hasta el siglo XIX formando parte de las potencias que colonizaron el mundo. Durante la primera mitad del siglo XX España fue perdiendo importancia en el ámbito internacional y europeo: no participó directamente en las dos guerras mundiales, y durante la primera etapa de la dictadura franquista sufrió un aislamiento internacional. Aunque su posterior alianza con EEUU durante la Guerra Fría le abrió las puertas de los organismos internacionales, no sucedió lo mismo con su integración en la Comunidad Económica Europea. Ésta no se produciría hasta la instauración en España de un régimen democrático.

La idea de crear en Europa una asociación de estados surge después de la Segunda Guerra Mundial. Aunque fue concebida inicialmente como una unión con objetivos estrictamente económicos, éstos se han ido ampliando en las décadas posteriores, sobre todo a partir de la caída del Muro de Berlín y de la globalización. Muestra de ello es la propia evolución de la UE, sufuncionamiento institucional y las actuales políticas comunitarias.

El actual mapa de Europa es el resultado de diversos procesos, entre los que destacan los siguientes: la creación y transformación de la UE; la desintegración de la antigua Unión Soviética y de su área de influencia; y la modificación de las fronteras de algunos estados, unas veces de forma pacífica pero otras violenta (Guerra de Yugoslavia).

España, tras un largo proceso, entró en la Comunidad Económica Europea en 1986, justo cuando se estaba profundizando en la idea de una Europa más común a todos los niveles. Las consecuencias de la integración, a pesar de las dificultades iniciales, han sido bastante positivas en todos los sectores, aunque España está todavía lejos de alcanzar los niveles económicos de los estados más desarrollados de la UE.

La actual UE se localiza en un ámbito donde la ocupación del territorio ha sido antigua e intensa, los procesos de urbanización generalizados, y el desarrollo económico y los índices de bienestar son altos. Sin embargo, existen profundas diferencias en su seno, resultado de la fragmentación territorial y política, y de los contrastes económicos, sociales y culturales. Estos aspectos se reflejan en el análisis de diferentes indicadores socieconómicos (población y superficie,densidadPIB y tasas de actividad y paro) e informes ambientales (Informe Planeta Vivo 2006). Para disminuir esas desigualdades, la UE ha desarrollado una política regional con unos objetivos y unos instrumentos financieros que intentan compensar esas diferencias. Precisamente España es uno de los estados que ha recibido más ayudas procedentes de los fondos estructurales de la Unión, incluyendo también la política de la UE para las regiones ulltraperiféricas (Canarias, DOM, Azores y Madeira). Esta situación se está modificando por la adhesión de nuevos estados con un desarrollo menor, por lo que tendremos que adaptarnos a la nueva realidad europea y valorarsus consecuencias.

En definitiva, si bien en el pasado el papel de España en Europa estuvo relacionado fundamentalmente con su localización geográfica y evolución histórica, en la actualidad éste pivota en torno a la idea de una Unión Europea que intenta ir más allá de la simple colaboración económica.

ESPAÑA EN NO MUNDO

La Península Ibérica está situada en el extremo suroccidental del continente europeo: entre el Océano Atlántico y el Mar Meditérrano, entre Europa y África, entre la zona templada del planeta y la subtropical. Desde el punto de vista natural, las condiciones ambientales derivadas de esa localización permiten que España cuente con una variada representación de los ecosistemas mundiales: bosques templados, mediterráneos, desiertos e, incluso, islas oceánicas subtropicales (Canarias). Esta localización también ha tenido su reflejo en la historia, pues en España se produce un mestizaje de culturas desde épocas remotas, donde es posible encontrar vestigios de diferentes tradiciones, unas procedentes del continente europeo, otras del Mediterráneo y, también, del norte de África.

Por su extensin, 504.645 km², España se halla en el puesto cincuenta y uno entre los países más extensos del mundo. Y aunque no se encuentra entre los más poblados del planeta, con sus 44.108.530 habitantes en 2006 (INE) ocupa el puesto veintinueve. Si observamos la densidad de la población (87,41 hab/km²) podemos considerar que se trata de un territorio relativamente poblado, aunque presenta notables diferencias entre unas regiones y otras.

España forma parte del reducido conjunto de países más ricos del mundo. Si bien por su renta per cápita está entre los treinta estados con mayor nivel de ingresos, si consideramos el “índice de desarrollo humano” (IDH) su posición lo sitúa, en 2004, en el puesto diecinueve. Eso significa que sus habitantes tienen, en promedio, unas condiciones de vida mucho más favorables que buena parte de los que forman la amplia lista de 177 estados con la que se ha elaborado ese índice.

La situación mundial se caracteriza por profundos desequilibrios económicos y sociales, a los que se suman los de carácter ambiental. Según señala el “Informe Planeta Vivo 2006” (WWF/ADENA), el consumo humano supera actualmente la capacidad del planeta para regenerar los recursos renovables. En el caso de los ecosistemas españoles, entre 1975 y 2003 se ha perdido el 4% de su capacidad ecológica (biocapacidad por persona); y en las tres últimas décadas la presión humana sobre los ecosistemas españoles creció un 97% (huella ecológica por persona). Si consideramos el contexto mundial, España se encuentra en el grupo de países con mayor déficit ecológico por persona, pues su consumo de recursos triplica la capacidad ecológica del país para renovarlos.

Tanto la problemática social, como la económica y ambiental, presentan un rasgo característico en el siglo XXI: la globalización, que puede tener algunas consecuencias positivas, pero también negativas. Ésta se caracteriza por una creciente interdependencia de las economías mundiales, donde unas ejercen el papel de potencias hegemónicas y otras ocupan posiciones subordinadas, incrementándose las desigualdades y el poder de los grupos empresariales. A ello se suma la mundialización de las formas de vida, donde la cultura urbana y la imitación los modos de vida de los países más desarrollados se están generalizando a escala planetaria.

En el otro lado de la balanza destaca la universalización, proceso que intenta promover un sistema de valores éticos, común para todos los estados, y basado en la Declaración Universal de los Derechos Humanos de la Organización de Naciones Unidas (ONU). Otra iniciativa relativamente reciente, también propiciada por esta organización, es la Declaración del Milenio. De ella se derivan los denominados “Objetivos de Desarrollo del Milenio“, que pretenden paliar las desigualdades económicas y sociales, así como dar una respuesta a los problemas ambientales.

El papel de España en el Mundo ha ido evolucionando a lo largo del siglo XX. Inicialmente aislada, durante la primera parte de la dictadura franquista, fue incorporándose a partir de los años cincuenta del pasado siglo en distintos Organismos Internacionales. A su vez, y por una combinación de razones históricas y estratégicas, ha mantenido vínculos más estrechos con algunas áreas preferentes: Europa, Iberoamérica y el Mediterráneo. Ya en los últimos años, comienza también a despertar su interés por incrementar las relaciones con el vecino continente africano.