Archive for the ‘Perfil topográfico’ Category

diversidade climática, hidrolóxica e bioxeográfica en Galicia; natureza e medio ambiente en España

11 Xullo, 2012

I.- NATUREZA E MEDIO AMBIENTE EN ESPAÑA (BLOQUE 1 PROGRAMA PAU)

5.  NATUREZA E MEDIO AMBIENTE EN GALICIA. DIVERSIDADE CLIMÁTICA GALEGA E A SÚA INFLUENCIA NOS RÍOS E NA VEXETACIÓN

1. DIVERSIDADE CLIMÁTICA

Pola súa posición xeográfica, entre os 41º 48′ e 43º 47′ de latitude norte, Galicia inclúese dentro das rexións de clima oceánico de fachada occidental, que se caracterizan por contar cunha amplitude térmica reducida, con invernos suaves, veráns frescos e precipitacións abundantes regularmente repartidas durante todo o ano.

Non obstante, certos factores como a disposición do relevo -que segue en moitos casos unha orientación transversal ás masas de aire dominantes, de compoñente O e SO-; a orientación da maioría das rías a favor dos ventos oceánicos, a distancia ao mar, ou as peculiares características das depresións e dos vales fluviais, introducen unha serie de matices climáticos.

De modo simplificado, pódese dicir que de oeste a leste e de norte a sur se produce unha progresiva gradación dos trazos típicos do dominio oceánico. Esta transición bioclimática fai que poidamos distinguir, polo menos, cinco ámbitos diferentes: a Galicia occidental, a fachada cantábrica, as áreas de montaña, a Galicia interior e os vales e depresións do sector meridional.

1.1. GALICIA OCCIDENTAL

As temperaturas medias sitúanse arredor dos 12º, mentres que as precipitacións poden chegar a superar os 1500 mm anuais. No caso da área centro-occidental de Galicia, a orientación das rías favorece a entrada das masas de aire que, ao se atoparen cos pés das serras centrais, producen abundantes precipitacións.

Nas Rías Baixas rexístranse temperaturas elevadas durante gran parte do ano (entre 12-15ºC de media) e, aínda que o total de precipitacións é similar ao resto da fachada, estas presentan unha distribución máis estacional, cunha forte tendencia á aridez estival.

1.2. FACHADA CANTÁBRICA

A Mariña lucense presenta un descenso relativo das precipitacións, que se sitúan entre os 800- 1000 mm anuais, con respecto á fachada atlántica, aínda que sen aridez estival. As temperaturas mantéñense, así e todo, en valores semellantes, con invernos frescos e veráns suaves.

1.3. ÁREAS DE MONTAÑA

En Galicia o clima oceánico de montaña dáse, en xeral, por riba dos 700 metros de altitude, aínda que as súas características esenciais (aumento xeral da oscilación térmica anual e diaria, e maior frecuencia das precipitacións en forma de neve) rexístranse fundamentalmente nas serras orientais e sudorientais.

1.4. GALICIA INTERIOR

A distancia ao mar e a portección das serras nos sectores da Terra Chá, Chantada, Terra deLemos, Arnoia e A Limia fan que as chuvias sexan inferiores ás dos outros dominios e que aumente a oscilación térmica, que se aproxima aos 14º C, con invernos rigorosos e veráns moi cálidos.

1.5. VALES E DEPRESIÓNS DO SECTOR MERIDIONAL

Os vales do Miño medio e do Sil, así como as pequenas depresións do sur, constitúen ossectores máis áridos de Galicia, sobre todo durante a época estival. En xeral, as precipitacións adoitan ser inferiores a 700-800 mm e rexístrase un aumento xeneralizado das temperaturas, cunha media anual superior aos 14º C. Estas características fan que a zona sexa considerada de transición ao clima mediterráneo.

2. INFLUENCIA NA REDE FLUVIAL

A compartimentación do relevo xunto cunha elevada pluviometría e un substrato litolóxico moi impermeable propicia unha rede fluvial moi densa. Os ríos galegos teñen un gran poder erosivo e presentan na súa maioría un réxime pluvial oceánico, cun ritmo anual simple dun máximo no inverno, en xaneiro ou febreiro, e un mínimo no verán, en agosto ou setembro. Os cursos da cunca hidrográfica costeira divíndense en dúas zonas: os ríos da vertente norte, nacen nas serras litorais, a excepción do Eo e do Navia, que teñen o seu nacemento nas serras orientais. Son de curso moi curto, agás o Navia, o máis longo desta vertente, que desemboca fóra de Galicia. Os ríos da vertente atlántica nacen nas serras litorais ou nas occidentais. Destacan o Tambre, o Ulla e o Eume.

O Miño e o Sil son os ríos máis longos de Galicia. O Miño nace na Serra de Meira e, despois de percorrer 340 km, desemboca nun esteiro. O Sil nace fóra da Comunidade, na Cordilleira Cantábrica, a 1.980 m. Esta elevada altitude fai que sexa o único río galego de réxime pluvionival. A cunca meridional situada ao sueste, inclúe algúns ríos que nacen en Galicia pero que desembocan fóra da Comunidade, como o Támega, que desauga no Douro e o Limia, que desemboca en augas oceánicas portuguesas.

Galicia conta con gran cantidade de terreos húmidos diseminados por todo o territorio en forma de zonas de marismas, esteiros, deltas, lagoas, etc. Entre estas zonas húmidas galegas destacan cinco pola súa riqueza natural e pola cantidade de especies endémicas que as habitan. Trátase da ría de Ribadeo; a ría de Ortigueira e Ladrido; a lagoa e areal de Valdoviño; o complexo das praias, dunas e lagoas de Corrubedo e finalmente o complexo intermareal de Umia-O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e lago Bodeira. Os acuíferos, bastante numerosos, supoñen un importante recurso xa que as súas augas abastecen os pequenos núcleos das áreas rurais e algunhas industrias, aínda que a súa principal función é subministrarlles auga ás zonas húmidas e lagoas de Galicia

3. INFLUENCIA NA VEXETACIÓN

O noroeste  peninsular atópase no límite de dúas importantes rexións bioxeográficas: a Eurosiberiana, que ocupa gran parte de Galicia, e a Mediterránea, restrinxida fundamentalmente ao sueste da provincia de Lugo e á maior parte de Ourense. Esta transición faise visible no paso do dominio do carballo (Quercus robur) ao do cerquiño ou rebolo (Quercus pyrenaica); o primeiro, típico da fachada atlántica, adáptase á humidade e aos solos silíceos, mentres que o segundo representa o tránsito cara a condicións climáticas caracterizadas por unha maior irregularidade das precipitacións e pola existencia dun período de seca estival.

En xeral, pódese establecer unha estreita correspondencia entre os diferentes dominios climáticos e as unidades bioxeográficas. Non obstante, a proliferación das plantacións de piñeiro e de eucalipto (orixe antrópica) esvaneceu, en gran medida, a distribución de especies tradicionais que, como o carballo ou o castiñeiro, sufriron un notable retroceso nos últimos tempos debido á menor rendabilidade económica. Nas beiras dos ríos e polo xeral en áreas húmidas medran amieiros, salgueiros ou freixos. Pola contra, nas áreas máis secas están presentes as sobreiras e as aciñeiras.

Dentro das formacións arbustivas atópanse os breixos, que invaden amplas áreas comosotobosque ou como cuberta arbórea, debido á intensiva deforestación, as xestas, que ocupan principalmente a Galicia interior e de montaña, e o piorno, que se estende polas serras orientais. Nas áreas máis secas dos vales orientacións aparecen formacións de xarais, que poñen de relevo a existencia de condicións mediterraneizantes. Nas zonas de marismas e dunas predominan especies adaptadas á salinidade  (psamofilas, cardo mariño), e nas pozas, xuncos, carrizos e ranúnculos.

Tomado de: 

http://noespazoenotempo.webnode.es

SEPNOSE TEMA 5 DIVERSIDADE CLIMATICA HIDRICAS E BIOXEOGRAFICAS

TEMA 5.- “DIVERSIDADE CLIMÁTICA GALEGA E A SÚA INFLUENCIA NOS RÍOS E NA VEXETACIÓN : A) Diversidade climática. B) Os ríos de Galicia. C) A diversidade bioxeográfica”.

DIVERSIDADE CLIMÁTICA

O clima de Galicia vese moi influído pola súa localización xeográfica. Así, a situación á beira do océano e a latitude na que se atopa marcan os caracteres climáticos. A orografía é outro factor definitorio do clima, que favorece a subdivisión interna nunha serie de variedades. A posición do país fai que existan uns contrastes estacionais moi marcados, alternando a influencia da corrente polar no inverno e das altas presiós subtropicais (Anticiclón de Azores) no verán. Esta variedade de condicións atmosféricas explican a diversidade notoria de tipos de tempo que se dan en Galicia.

O clima da nosa comunidade presenta trazos comúns con todos os climas oceánicos de Europa Occidental, pero tamén características diferenciais. Os elementos comúns son as continuas chegadas de masas húmidas do Oeste que favorecen unhas intensas precipitacións e unhas características térmicas de suavidade. Malia estes caracteres comúns, Galicia individualízase pola seca estival acentuada e a maior duración do verán.

As variedades climáticas de Galicia están todas incluídas dentro do clima oceánico, malia que se deben diferenciar diversas áreas:

1.‐ O oceánico húmido, suave e de choivas regularmente distribuídas ao longo do ano, cínguese franxa setentrional costeira, desde Fisterra ata a Mariña lucense, incluíndo a Costa da Morte e o Golfo Ártabro.

2.‐ Oceánico hiperhúmido, con precipitacións máis abundantes e redución da temperatura media, cínguese ao chanzo da « Terra de Ordes», Soneira, comarca de Santiago e vertentes occidentais da Dorsal Meridiana, onde o efecto foehn e a exposición a barlovento fai que se incrementen as precipitación por enriba dos 1.500 mm anuais.

3.‐ Nas Rías Baixas estamos diante dunha variedade climática con tendencia á aridez estival, con incremento das temperaturas medias e descenso das precipitacións no verán en comparación coa cornixasetentrional.

4.‐ As serras setentrionais, as da Dorsal Galega e o Xurés constitúen un ámbito de transición entre a Galicia occidental e oriental, marcado polo incremento medio das precipitacións e o descenso dastemperaturas medias por mor da altitude, aínda que opoñen as abas de barlovento máis chuviosas ás de sotavento máis secas.

5.‐ O oceánico continental, con incremento dos días de xeada, tendencia a una maior oscilación térmica e precipitacións máis reducidas en contraste coa costa, cínguese á meseta lucense e áreas do nterior Norte.

6.‐ Cara ao sur, nas depresións do Sil, Ourense, Limia e Verín, a continentalización dá paso a un matiz mediterráneo que se manifesta claramente na aridez estival e na elevación notable das temperaturas medias nesa época do ano.

7.‐ O oceánico de montaña afecta ás serras orientais e sudorientais, cos efectos propios da montaña: incremento das preciptacións de neve nos meses invernais‐ e baixada das temperaturas medias por mor da altitude.

OS RÍOS DE GALICIA.

A rede fluvial vén definida pola interrelación entre a disposición do relevo e a pluviosidade. As dúas favorecen a existencia de numerosísimos cursos fluviais, a meirande parte deles de curto percorrido. Case a totalidade dos ríos galegos amosan un réxime de tipo pluvial oceánico, caracterizado pola abundancia e regularidade dos caudais, con enchentasinvernaise estiaxes moderadas no verán. Os ríos que desembocan na vertente cantábrica (Navia, Eo,Masma, Landro, Sor, Mera etc.) son os que teñen maior regularidade neste réxime. Pola contra, os que desaugan nas Rías Baixas presentan descensos moi importantes no seu caudal durante o verán (Tambre, Ulla, Deza, Umia, Lérez,Verdugo etc.), mentres que os ríos que desembocan no Golfo Ártabro e na área de Fisterra manteñen uns caracteres intermedios (Grande de Xubia, Eume, Mandeo, Mero, Anllóns, Grande, Castro e Xallas).

O Miño e o seu principal afluente, o Sil, merecen unha mención á parte, xa que tanto por constituírse nunha longa arteria fluvial (cruza de N a S a maior parte da provincia de Lugo e boa parte das de Ourense e Pontevedra),como pola amplitude da súa cunca e a diversidade de áreas climáticas que atravesan, teñen unha variabilidade no seu comportamento hídrico que os individualizan respecto aos demais de Galicia.

A DIVERSIDADE BIOXEOGRÁFICA.

As condicións térmicas e pluviométricas son óptimas para o desenvolvemento do manto vexetal. A maior parte de Galicia inclúese na rexión florística Eurosiberiana, na superprovincia Atlántica. Só o extremo suroriental da provincia de Lugo e boa parte da de Ourense pertencen á rexión florística mediterránea. Na primeira destas rexións a vexetación climática son bosques mixtos caducifolios, con dominio de carballos (Quercus robur), agás nos Ancares e no Courel, onde dominan o cerquiño (Quercus pyrenaica), acompañado de sobreiras na Galicia occidental (Quercus suber), e do carballo peciolado (Quercus petrae) no N e NL, que á súa vez se ven acompañados en xeral de abeleiras (Corylus avellana), ameneiros (Alnus glutinosa), olmos (Ulmus glabra), freixos (Fraxinus excelsior e augustifolia), arces (Acer pseudoplatanus), (Betula alba) e faias (Fagus sylvatica).

Na rexión mediterránea as comunidades climáticas son tamén bosques, neste caso de cerquiños, agás na do Sil, onde son substituídos por aciñeiras (Quercus ilex subsp. Ballota). Os bosques de cultivo tamén adquiriron notable importancia dende épocas remotas; é o caso dos soutos de castiñeiros (Castanea sativa), introducidos hai máis de dous mil anos. Os piñeirais son de implantación máis recente, especialmente o Pinus pinaster (piñeiro marítimo ou galego), chegado dende Portugal no século XVII. Máis recentemente introduciuse o eucalipto (Eucaliptus globulus), orixinario de Australia e que comezou a cultivarse a partir de mediados do século XIX, malia os problemas medioambientais que xera.

A paisaxe vexetal actual é resultado da acción antrópica, pois a vexetación climática de frondosas caducifolias está moi deteriorada e en franco retroceso, predominando na actualidade as especies arbóreas foráneas, o mesmo o mato de substitución do bosque orixinario, fundamentalmente os toxos (Ullici europaei), piornos (Cytisus lusitanicus) ebreixos (Ericetum cinerae).

No mapa de distribución de cubertas vexetais en Galicia destaca a forte penetración dos eucaliptais na Mariña lucense e costa norte coruñesa, ao tempo que incrementan a súa proporción en todo o litoral occidental, onde as masas de frondosas ceden tamén ante a presión das coníferas e, en menor medida, nas montañas ourensás. De todos os xeitos, o espazo non arborado ocupa unha proporción moi notable nas altas serras orientais e, sobre todo, sudorientais, en depresións como a Limia e nos altos cumes da Dorsal Galega e outras serras máis occidentais. A mestura de coníferas e frondosas está moi estendida polas provincias de poñente e no cadrante noroccidental de Ourense, mentres que a principal cantidade de frondosas e carballeiras se refuxia na provincia de Lugo

TOMADO DE: Criterios de avaliación CIUG.CESGA.ES

LIGAZÓNS DE PPT:

http://www.vexetaciondegalicia.es/index.html  (VEXETACION GALEGA)

http://www.vexetaciondegalicia.es/arbores.html (HERBARIO, ÁRBORES E MATOS)

LIGAZÓNS PROPOSTAS POLA CIUG

http://www.meteogalicia.es/datosred/infoweb/meteo/docs/publicacions/libros/AtlasClimaticoGalicia.pdf

http://climantica.org/descargas/resource/atlas_climatico_galicia.pdf

PRÁCTICOS NATUREZA E MEDIO AMBIENTE EN GALICIA

PERFIL TOPOGRÁFICO DE GALICIA W.E

COMENTARIO DE PAISAXES NATURAIS DE GALICIA (SERRAS ORIENTAIS, CUNCAS INTERIORES E TIPOLOXÍA DAS RÍAS)

PERFIL TOPOGRÁFICO DE GALICIA W-E

 Un perfil topográfico é un diagrama lineal que permite establecer as diferencias altitudinais que se presentan ao longo dun percorrido, neste caso da Comunidade Autónoma de Galicia, dende a súa costa occidental ata a superficie da Meseta en dirección noroeste-sureste. A Comunidade Autónoma de Galicia localizase no extremo noroeste da Península Ibérica, tendo uns límites nítidos, que neste caso se corresponden co océano atlántico ao oeste e as cordilleiras orientais e sudorientais ao este que o enlazan, a través da Meseta, co resto do estado español.

Como pode observarse, o relevo galego organízase mediante unha sucesión de bloques elevados e afundidos que presentan un aumento xeral das alturas desde a costa cara ao interior. O relevo presenta fortes contrastes, que orixinan paisaxes moi variadas. O territorio ten unha altitude media duns 500 metros aínda que algúns cumes superan os 2.000 metros, como pode verso no perfil na Serra Segundeira.

En xeral o territorio galego é uunha zona montañosa na que predominan materiais moi antigos formados no Paleozoico: granito e gneis, aínda que ao leste do Miño afloran lousas e cuarcitas. O pregamento herciniano provocou arcos de pregamento e no tardohercínico unha serie de fracturas. No mesozoico o Macizo Galaico quedou convertido nunha penechairaou superficie de erosión. Na oroxénese alpina a penechaira fracturouse de novo e formáronse enormes fosas tectónicas (fosa do Sil) e altos bloques ou horst, truncados, xa que foran erosionados anteriormente. Durante o glaciarismo do cuaternario, os glaciares ocuparon as zonas máis elevadas mentres que as vertentes estiveron sometidas a importanes procesos periglaciares (procesos nas áreas marxinais dos glaciares).

No perfil podemos diferenciar as seguintes unidades morfolóxicas:

- A franxa litoral. Galiciacontacon preto de 1700kmde costaque presentaunhagran diversidade paisaxística e ambiental. O carácter abrigado das rías constitúe o trazo máis diferenciador do litoral galego, contrastando con sectores de acantilados de gran crueza, como os da Costa da Morte ou A Capelada e co carácter rectilíneo da rasa cantábrica. As rías son vales de antigos ríos, hoxe anegados e invadidos polas augas mariñas debido a un afundimento da costa ou ben á suba do nivel do mar. A parte suroccidental da costa galega (Rías Baixas) esténdese desde Muros ata a desembocadura do Río Miño. Son rías anchas que encadean zonas acantiladas con numerosos areais, dunas e multitudes de illas.

- Chairas e zonas afundidas como a fosa de Tui-Padrón. Constitúen sectores de menor altitude e establecen a transición entre o litoral galego e o interior montañoso. Pódense distinguir chairas ou zonas afundidas como as de Bergantiños e As Mariñas no norte e, como a que recolle o perfil, a depresión Tui-Padrón ao sur. Estas depresións, con fondo cuberto por unha importante capa de materiais sedimentarios de orixe basiamente fluvial, ofrecen interesantes matices climáticos e bioxenéticos e permiten a comunicación entre as zonas marítimas e a zona central da Comunidade.

- Dorsal galega. A dorsal galega, situada ao leste da depresión de Tui, forma, de norte a sur, un conxunto orográfico sinuoso, erosionado de xeito diferencial e con formacións de ollo de sapo (gneis con grandes cristais claros, normalmente de cuarzo, que destacan entre as finas banda escuras de mica). Esta dorsal actúa de divisoria de augas entre a cunca do Miño e os ríos da vertente atlántica. A dorsal esténdese de norte a sur, aumentando progresivamente en altura desde a serra da Faladoira(700 m.) ata o Faro de Avión (que se aproxima aos 1.100 m). Destacan aserra da Loba, a de Cova da Serpe ao norte, e a serra do Faro, do Suído e Testeiro ao sur.

- Superficie de Chantada. Un dos aspectos máis destacados do relevo galego é a existencia de amplos sectores aplanados, queacentúan ocontraste horizontalidade/verticalidade característico na configuración do noroeste peninsular. Así, no interior da provincia de Lugo, entre as serras orientais e a Dorsal Galega, temos a denominada Terra Chá, extensa superfice de erosión que supón unha gran superficie chá, situada entre os 600-700 metros de altitude. Ao sur desta meseta aparecen pequenas cubetas como Sarria-Lemos e adepresión de Ourense con outras adxacentes (Maceda, Limia). As depresións quedan pechadas ao sur polas serras de Larouco, Xurés e Laboreiro.

- Fosas miocénicas, coma a que podemos observar no perfil (Monforte). Trátase de depresións interiores que encadéanse dende o norte (As Pontes de García Rodríguez) ata o sur (Verín) e que foron orixinadas durante os movementos oroxénicos da era terciaria, presentando -como xa apuntamos- unha dirección dominante norte-sur. Como no caso da Fosa de Tui, presentan un fondo cuberto por una capa de materiais sedimentarios de orixe fluvial.

- As serras orientais e surorientais, como a Serra Segundeira. Como podemos observar no perfil, no extremo oriental de Galicia érguese un paredón rochoso creado por un encadenamento de serras, entre as que destacan as serras orientais representadas polas serras dos Ancares e O Courel con altitudes que rozan os 2.000 metros e as serras surorientais, que posúen as maiores altitudes de Galicia (2.124 metros de Pena Trevinca) e que están constituídas polas serras do Eixe, de Queixa, Segundeira e de San Mamede. Desde o punto de vista litolóxico, estas serras formadas durante a oroxénese alpina, na era terciaria, caracterízanse pola súa gran diversidade, con presencia de lousas, cuarcitas, calcarias e pequenas áreas de dominio granítico. Esta circunstancia, unida á intensa acción erosiva dos ríos Miño, Eo, Navia e Sil, e aos procesos glacial e periglacial, deu lugar a un relevo que se sintetiza nunha sucesión devalesecumios coroados fundamentalmente por cristas de cuarcita. Moitas destas serras, constituídas por materiais paleozoicos, presentan formas suaves e redondeadas, cortadas por multidude de fallas, que complican as comunicacións coa Meseta.

- Superficie da Meseta. No seu conxunto,o macizo galaico correspondea un fragmentodo relevo máis antigo da Península afectado polos movementos da codia terrestre e formado por un conxunto de bloques en falla, elevados e afundidos, que deu lugar -como podemos observar no perfil- a un macizo en escaleira. Neste conxunto a erosión encargouse de facer retroceder e suavizar as pendentes montañosas e formou depósitos co material erosionado.O Macizo galaico enlaza na súa vertente oriental, a través dos montes de León, coa princiapal unidade do relevo español, a Meseta, que durante o movemento alpino quedo fracturada en dous grandes bloques. A parte que contacta co macizo galaico é a submeseta norte, extensa planicie que ten unha altitude media de 800-850 metros.

diversidade xeomorfolóxica; natureza e medio ambiente; CIUG

6 Xullo, 2012

1. DIVERSIDADE XEOLÓXICA E MORFOLÓXICA

1.1. Historia xeolóxica e relevos morfoestructurais: zócalos, macizos antiguos, concas sedimentarias, cordilleiras de pregamento. COMO TEÓRICO E PRÁCTICO

TEMA (PREGUNTA TEÓRICA).

1.- FORMACIÓN E EVOLUCIÓN XEOLÓXICA (da era arcaica ao glaciarismo cuaternario).

(contrastar co Manual).

As estructuras tectónicas son o resultado da conxugación da intensidade das forzas tanxenciais da códea terrestre e daspropiedades e idade do rochedo. Así, a onda oroxénica hercínicadeu lugar a partires dos sedimentos precámbricos e paleozoicos a arcos de pregamento,recoñecibles por amosar os seus eixes, de dirección NW-SL ou “armoricana”(cfr. Macizo do NW francés). Pola súa parte, o paroxismo alpino deformou os materiais cratonizados dos macizos antigos por fractura (erguendo-os, vbgr., Sistema Central e Pirineo Axial ou afundíndo-os; vbgr., macizos do Ebro, catalano-balear e bético-rifeño); ao tempo, a tectónica alpina actuou sobre os sedimentos plásticos mesozoicos e paleóxenos, depositados durante a penetración continental do mar durante os periodos de transgresión mariña, pregando-os en arcos adaptados ao Macizo Hespéricoen función de ante-país (cfr., unidades periféricas á Meseta: Cordilleiras Cantábrica, Ibérica e Mariánica).

No estado actual o relevo peninsular amosa as seguintes estructuras e trazos xeomorfolóxicos representativos: Estructura xermánica (cfr., Selva Negra alemana) de bandas de fractura nas que alternan bloques-horst e fosas-graben (vbgr., Macizo Hespérico)e estructuras pregadas con diferentes estilos en función da comentada intensidade oroxénica e da plasticidade dos sedimentos; así, diferenciamos un estilo xurásico (cfr., Montes Xura, en Francia), de pregues suaves, simétricos e de plano axial vertical (vbgr., Montes Vascos); un estilo pirenaico, de pregues deitados e encabalgados uns sobre outros (vbgr., Pirineos); un estilo alpino (cfr., Alpes), con característicos mantos de corremento a favor da forte intensidade tectónica e do carácter lubricante das capas sedimentarias (vbgr., Sistema Penibético), e un estilo saxónico (Montes de Saxonia, en Alemaña), de formas pregadas na coberteira sedimentaria que repousa sobra a estructura xermánica do zócolo (vbgr., sectores do Sistema Ibérico). Nesta configuración xeral do relevo peninsular recoñécese a importancia dos movementos epiroxénicos, sincrónicos ou posteriores as fases finais (miopliocenas) da tectónica alpina, cun resultado de elevación do conxunto do bloque continental sen fracción interna (versus os movementos eustáquicos do nivel do mar, de repercusión meramente local -cfr., rías e rasas); a salientar, xunto ao abombamento de gran radio curvatura da Meseta, o seu basculamento atlántico.

Por outra parte, se os grandes volumes orográficos reciben unha definición estructural ou tectónica, as formas resultantes de erosión que dependen sobre todo dos axentes climáticos reciben unha definición morfoxenética ou de modelado (cfr., ciclos polixénicos e sistemas morfoxenéticos de Tricart). Así, diferenciamos entre sistemas glaciares (procesos mecánicos do xelo), periglaciares (forte meteorización mecánica por crioclastia), mornos (moderada meteorización mecánica e química), áridos (forte meteorización mecánica) e tropicais (meteorización mecánica moderada e química de moderada a forte).

Nas fases glaciais do cuaternario, as neves perpetuas na P.I. alcanzaron no sul a curva de nivel (isohipsa) dos 2400 m (Serra Nevada) e no norte os 1500 (Cordilleira Cantábrica); a partir da coberteira nivosa as língoas de xelo dirixíanse cara as bases das montañas ata os 800 m nas solainas das cordilleiras septentrionais, namentras nas meridionais non descendían alén dos 1800 m. Como resultado da acción glaciar atopamos unha morfología característica de circos e vales en artesa, xunto aos depósitos morrenicos (cfr., Pirineos, Picos de Europa e altitudes adxacentes, Montes de León, Montes Distércicos, Sistema Central e Serra Nevada). Nas fases periglaciais os resultados dos procesos erosivos deixáronse notar no modelado das vertentes das montañas e na formación de abundante material detrítico; as “rampas ou glacis de erosión” dalgunhas cubetas intramontanas teñen esta xénese (extensión afectada: núcleos orográficos ea bóa parte da Meseta). Nas fases interpluviais de tipo morno e sobre todo de tipo tropical, dominantes en todo o cuaternario, a meteorización química por unha parte e a acción da auga corrente e do vento por outra, foron os axentesdeterminantes da configuración habitual do modelado peninsular por erosión diferencial (relevo apalachense) e por erosión lineal (parameras, campiñas e terras malas). Finalmente, algunhas áreas (da Depresión do Ebro e da Meseta) amosan trazos de clima árido, correspondentes aos periodos pluviais; así, os mantos de arroiada xeraron nas vertentes montañosas “rampas de erosiónque acumulan no fondo das cubetas potentes depósitos de matriz arxilosa (cfr., “rañas”).

LIGAZÓN DE INTERESE: “MAPA DE UNIDADES GEOTECTÓNICAS

http://www.ign.es/espmap/mapas_relieve_bach/pdf/Relieve_Mapa_03_texto.pdf

TEMA 1 (PREGUNTA TEÓRICA).

FORMACIÓN E EVOLUCIÓN XEOMORFOLÓXICA DA P.I.   E DAS ILLAS CANARIAS. TIPOS DE UNIDADES MORFOESTRUCTURAIS.

FORMACIÓN E EVOLUCIÓN XEOMORFOLÓXICA DA PENÍNSULA IBÉRICA E DAS ILLAS

O relevo actual da Península é oresultado dunha historia xeolóxica de millóns de anos na que se alternaron fases oroxénicas con outras de calma, nas que predominou a erosión e a sedimentación.

a) Durante a era arcaica ou Precámbrico (4.000-600 millóns de anos) emerxeu do mar unha banda arqueada de noroeste a sueste, formada por lousas e gneis, que comprendía case toda a actual Galicia. Tamén xurdiron elevacións nalgúns puntos illados do Sistema Central e dos Montes de Toledo. Este macizo precámbricofoi arrasado posteriormentepola erosión e cuberto case na súa totalidade polos mares paleozoicos.

b) Na era primaria ou Paleozoico (600-225 millóns de anos) tivo lugar a oroxénese herciniana. Dos mares quecubrían a maior parte da Península xurdiron as cordilleiras hercinianas, formadas por materiais como o granito, lousa e cuarcita. Ó oeste elevouse o Macizo Hespérico, arrasado pola erosión durante a mesma era primaria e convertido en zócalo ou meseta inclinada cara ó Mediterráneo. Ó noroeste apareceron os macizos de Aquitania, Catalano-Balear e do Ebro, e ó sueste, o Macizo Bético-Rifeño. Todos eles foron tamén arrasados pola erosión e durante a era primaria convertidos en zócolos.

c) A era secundaria ou Mesozoico (225-68 millóns de anos) foi unperíodo de calma no que predominaron a erosión e asedimentación. Continuou o aplanamento das cordilleiras hercinianas. A inclinación do zócolo da Meseta cara ó Mediterráneo permitiu, nos períodos de transgresión mariña, unha fonda penetración do mar, que depositou no seu bordo oriental unha coberteira non moi potente de materiais sedimentarios plásticos (calcaria, arenito, marga). Tamén se depositaron enormes espesuras de sedimentos en fosas mariñas situadas nas actuais zonas pirenaica e bética.

d) Durante a era terciaria (68-1,7 millóns de anos) produciuse a oroxénese alpina. Como resultado desta:

- Levantaronse as cordilleiras alpinas, ó pregarse os materiais depositados nas fosas pirenaica e bética entre os macizos antigos, que actuaron como topes. Xurdiron os Pirineos entre os macizos de Aquitania, Hespérico e do Ebro (que acabou afundíndose), e as cordilleiras Béticas, entre os macizos Bético-Rifeño e o Hespérico.

- Formáronse as depresións prealpinas paralelamente ás novas cordilleiras, e entre estas e o macizo antigo: a depresión do Ebro, paralela ós Pirineos, e a do Guadalquivir, paralela ás Béticas.

- A Meseta viuse afectada pola oroxénese alpina. En primeiro lugar pasou a inclinarse cara ó Atlántico, determinando a orientación cara a este océano de boapartedos ríos peninsulares. En segundo lugar formáronse os bordos montañosos da Meseta. No seu bordo oriental pregáronse os materiais plásticos depositados polo mar na era secundaria, orixinando a parte oriental da cordilleira Cantábrica e o Sistema Ibérico. No bordo sur da Meseta, o empuxe das cordilleiras Béticas levantou Serra Morena. Por último, o zócolo da Meseta, formado por materiais paleozoicos ríxidos, experimentou fracturas e fallas. Estas últimas deron lugar á chamada estructura xermánica, constituida por bloques levantados ou rexuvenecidos (horst) e bloques afundidos (fosas tectónicas ou graben). Os bloques levantados formaron o Macizo Galaico e as serras interiores da Meseta (Sistema Central e Montesde Toledo), e os afundidos crearon as depresións interiores ou concas sedimentarias da Meseta (as das submeseta norte e sur). As fallas tamén deron lugar á actividade volcánica en zonas como o Campo de Calatrava, Olot-Ampurdán e cabo de Gata.

A partir dos movementos oroxénicos alpinos estableceuse a rede fluvial. Os ríos erosionaron fortemente as cordileiras novas, crearon rañas (acumulacións de seixos ós pés das montañas) e colmaron as depresións interiores e exteriores da Meseta, que actualmente son zonas prácticamente chás.

Nesta era tamén orixinouse o conxunto de natureza volcánica das Illas Canarias, cando a oroxénse alpina rompeu o fondo do Atlántico e, a través das súas fracturas, ascenderon grandes masas de rochas volcánicas que deron lugar ás illas.

e) Durante a era cuaternaria (1,7millóns de anos ata a actualidade) producíronse o glaciarismo e a formación de terrazas fluviais.

O glaciarismo afectou ás cordilleiras máis altas (Pirineos, cordilleira Cantábrica, Sistema Central, Sistema Ibérico e Serra Nevada), dando lugar a glaciares de circo e de val.

Os glaciares de circo redúcense á cabeceira do val (circo). O xeo e o desxeo rompen as rochas das paredes do circo, de modo que este faise cada vez maior e as súas formas fanse escarpadas. Na Península, pola súa latitude, a maior parte dos glaciares foron de circo e cando se fundiron os xeos orixinaron pequenos lagos.

Os glaciares de val fórmanse candoa espesurado xeo acumulado no circo é grande. Entón o xeo das capas inferiores desprázase val abaixo. O xeo contén fragmentos rochosos que escavan o val, dándolle a típica forma de “U”. Tamén escavan pequenas cubetas que, ó fundirse o xeo, se converten en lagos. Na Península, só os Pirineos se viron cubertos por unha potente capa de xeo, da que partían glaciares que crearon vales en “U” e lagos.

A época glaciar caracterizouse pola formación de terrazas fluviais, antigos chans de inundación abandonados polo posterior encaixamento fluvial. As terrazas son froito das alternancias climáticas do Cuaternario: nos períodos galciais, ó atoparse a auga xeada nas montañas, os ríos perderon forza erosiva e depositaron aluvións no seu leito. Nos períodos posglaciais, ó aumentar a temperatura e fundirse o xeo, creceron o caudal e a forza erosiva dos ríos, de modo que afondaron o seu leito e deixaron suspendidos ós lados os aluvións acumulados anteriormente, constituíndose así as terrazas. Os sucesivos ciclos glaciais e posglaciais do Cuaternario deron lugar a terrazas graduadas. Na Península, as máis características son as formadas polo Douro, o Texo, o Guadiana, o Guadalquivir e o Ebro.

TIPOS DE UNIDADES MORFOESTRUCTURAIS

Unidades morfoestructurais son as formas e a disposición interna que adopta o relevo. Resultan de movementos tectónicos que seorixinan no interior da Terra e dan lugar a levantamentos, afundimentos e desprazamentos da codia terrestre, e da posterior actuación da erosión e da sedimentación. Ambos procesos están condicionados pola natureza das rochas.

Na Península atópanse presentes as grandes unidades morfoestructurais do relevo continental: zócolos, macizos antigos, cordilleiras de pregamento, e concas sedimentarias ou depresións.

a) Os zócolos son chairas ou mesetas formadas na era primaria ou paleozoico como resultado do aplanamento pola erosión de cordilleiras xurdidas nas oroxéneses (formación de montañas) desta mesma era. Os materiais paleozoicos son rochas silíceas: granito, lousa, cuarcita e xistos. Son moi ríxidas, polo que, ante novos empuxes oroxénicos, non se pregan senón que se fracturan ou rompen. Na actualidade, os zócolos son relevos predominantemente horizontais, que ocupan extensas áreas na metade occidental da Península.

b) Os macizos antigos son montañas formadas na era terciaria polo novo levantamento (rexuvenecemento) dun bloque ou dun zócolo como consecuencia dos movementos oroxénicos alpinos. Polo tanto, os seus materiais tamén son paleozoicos. Na actualidade, estes macizos presentan cumes suaves e arredondados, ó ser superficies de erosión elevadas. Na Península, son macizos antigos as serras interiores da Meseta (Sistema Central e Montes de Toledo), o Macizo Galaico e a parte occidental da Cordilleira Cantábrica.

c) As cordilleiras de pregamento son grandes elevacións montañosas que xurdiron na oroxénese da era terciaria polo pregamento de materiais sedimentarios, fundamentalmente calcarios, depositados polo mar na era secundaria. Distínguense dous tipos:

- Cordilleiras intermedias, formadas polo pregamento de materiais depositados nos bordos dos zócolos (Sistema Ibérico e parte oriental da cordilleira Cantábrica).

- Cordilleiras alpinas, formadas polo pregamento de materiais depositados en xeosinclinais ou fosas mariñas longas e profundas (Pirineos e cordilleiras Béticas).

Na actualidade as cordilleiras de pregamento presentan fortes pendentes e formas escarpadas, xa que, pola súa relativa xuventude, a erosión aínda non as suavizou.

d)As concas sedimentarias ou depresións son zonas afundidas formadas na era terciaria e cheas con sedimentos, principalmente de calcaria, arxila, arenitos e margas. As concas sedimentarias son de dous tipos:

- As concas sedimentarias formadas polo afundimento dun bloque dun zócalo a causa daspresións oroxénicas da era terciaria (depresións das mesetas do Douro, Texo e Guadiana).

- As depresións prealpinas, localizadas a ambos lados das cordilleiras alpinas (depresións doEbro e do Guadalquivir).A súa orixe explicouse pola descompresión posterior ó levantamento das cordilleiras, que provocou o afundimento dalgúns fragmentos; ou porque, ó levantarse os antigos xeoxinclinais, quedaron nos seus flancos fosas mariñas pouco profundas que acabaron colmándose. Hoxe estas concas sedimentarias son relevos horizontais ou suavemente inclinados porque non foron afectados por oroxéneses posteriores.

 

TOMADO de:

http://noespazoenotempo.webnode.es/tema-1-diversidade-xeoloxica-e-morfoloxica/tema/

ESQUEMA SIMPLE TEMA 1

ESQUEMATEMA 1 XEO BACH CIUG

 

SEPNOSE ADAPTADA TEXTO TEMA 1

SEPNOSE TEMA 1 XEO BACH CIUG

DIRECTRICES PAU 2011-12

1.2. Variedade litolóxica: dominio silíceo, calizo, arxiloso e volcánico. COMO TEÓRICO E PRÁCTICO

CUESTIÓN PRÁCTICA:

1.- MAPA LITOLÓXICO DE ESPAÑA. ANÁLISE E COMENTARIO.-

O documento proposto, un mapa temático que representa a distribución do rochedo peninsular e do arquipélago balear mediante un sistema de tramas simple con desigual intensidade de gris e de raiado, vertical/horizontal, en contraste con superficies en branco, que segundo a lenda identificamos coa clásica división litolóxica de Hernández Pacheco, pai da xeoloxía española: Iberia síliceaIberia calcaria e Iberia arxilosa, respectivamente.

A representación de coropletas en cuestión, permite asociar a extensión do dominio silíceo co Macizo Hespérico de Isidro Parga Pondal, unha unidade maciza aínda que parcialmente só quede reflictada na representación co raiado vertical no seu sector máis occidental polo desmatelamente da coberteira arxiloxa a partir da configuración da rede de drenaxe da vertente atlántica tralo basculamento da Meseta durante o neóxeno. Sen embargo, a xeneralización do documento non permite a localización diferenciada do rochedo silíceo no que refire a oposición das rochas plutónicas ácidas e das rochas metamórficas ou do rochedo sedimentario de facies mariña e paleozoico (cfr., Mapa litológico de Matte, 1946).

Igualmente, permite asociar a extensión do dominio calcario mesozoico e paleóxeno cos rebordes da mencionada Meseta adoptando unha forma de arco, indicadora da función daquéla como antepaís. Quedarían integrados nesta formación as unidades periféricas da Cordilleira Cantábrica (sector oriental) e do Sistema Ibérico e as unidades externas do Sistema Subbético, do Prepireneo ou do sector meridional da Cordilleira Costeiro-Catalana. Polo que se refire ao dominio arxiloso, a súa localización, condicionada polo seu ambiente xenético ás áreas topográficamente máis baixas, queda restrinxida á coberteira da parte oriental da Meseta, ás depresións exteriores (Ibérica e Bética) e aschairas do litoral.

Nos mapas xeolóxicos usuais, os didácticos por exemplo, o rochedo clasifícase dacordo coas unidades estratigráficas maiores (eras e periodos), sen decir nada directamente da súa composición. A diferencia déles, o mapa de Oriol Riba e Macau (IGME, 1970) atende a unha representación cartográfica do subsolo peninsular sen ter en conta a súa idade. Estes autores quixeron realzar trazos dominantes como o seu ambiente xenético e a súa coherencia ou resistencia á erosión.

D.p.d.v. xenético aportan a seguinte taxonomía:

a) Rochas de xénese interna:

1) Rochas ígneas ácidas, cristalinas, de composición silícea como o granito, as granodioritas e rochas filonianas asociadas (pórfidos e seixos). Correspóndense co rochedo dunha placa continental.

2) Rochas ígneas básicas, de composición ferro-magnésica como a peridotita e os gabros, en asociación con rochas metamórficas do tipo das ecloxitas e anfibolitas. Correspóndense co rochedo dunha placa oceánica.

3) Rochas ígneas básicas efusivas ou volcánicas tipo basalto. A diferencia das anteriores son de cronoloxía recente.

4) Rochas metamórficas tipo gneises ou tipo xisto-lousa; éstas últimas, alternan habitualmente con cuarcitas e calcarias.

b) Rochas sedimentarias:

1) Rochas de sedimentación ou facies mariña tipo calcarias e dolomías ou margas e arxilas con areniscas asociadas.

2) Rochas de sedimentación ou facies lacustre: depósitos xesos e sales solubles, calcarias bermellas, areniscas e conglomerados en interiores e marxes de concas endorreicas, respectivamente. E rochas de sedimentación ou facies continental: aluviais e costeiros pliocenos e cuaternarios e en xeral moi soltos.

D.p.d.v. da coherencia ou resistencia á erosión os complexos rochosos dos grupos “rochas ígneas ácidas”, “rochas ígneas básicas”, os gneises e as calcarias sedimentarias de facies mariña ou lacustre constituen rochas moi duras. Os sedimentos recentes de acumulación continental son os máis incoherentes e deleznables, mentras as margas e areniscas de sedimentación mariña representarían unha dureza
intermedia.

Rematamos o presente comentario do documento proposto cun Balance xeográfico das Iberias litológicas: As rochas duras correspóndense cos relevos montañosos de terreos de cultivo pobres con accesibilidade difícil e poboamento disperso. As rochas sedimentarias acumuladas en sectores deprimidos, vales fluviais e litorais, son o asentamento de cultivos intensivos e o emprazamento de grandes cidades, favorecidas polas fáciles comunicacións. As rochas sedimentarias máis endurecidas dan lugar a relevos non moi abruptos e a áreas de cultivo extensivo, tradicionalmente de secaño; en ocasións, a erosión os abarranca e noutras a composición salina impide o cultivo e o hábitat.

2.- MAPA LITOLÓXICO DE ESPAÑA. ANÁLISE E COMENTARIO.-

Observa o mapa e fai un comentario dos distintos tipos de rochedo peninsular e dos tipos de relevo.

A evolución xeolóxica da Península Ibérica fixo posible distinguir tres áreas de acordo coa natureza do rochedo (área silícea, calcaria e arxilosa), modelándose en cada unha distintos tipos de relevo (relevo granítico, cárstico, arxiloso ou relevo por erosión ou diferencial).

A área silícea está integrada por rochas antigas da era precámbrica e primaria. Polo tanto, atópase maioritariamente no oeste peninsular (Galicia, León e Estremadura) e presenta ramificacións cara á parte occidental da cordilleira Cantábrica, o Sistema Central, os Montes de Toledo e Serra Morena. Tamén se localiza noutras áreas onde quedan restos de macizos antigos: zona axial dos Pirineos e algúns sectores do Sistema Ibérico, da cordilleira Costero-Catalana e do Sistema Penibético.

Nesta área, a rocha predominante é o granito que é unha rocha magmática plutónica, é dicir, formada no interior da terra e solidificada a partir dun estado de fusión ó verse obrigada a ascender cara á superficie terrestre. É de cor clara, agrisallada, e está integrada por grans grosos de cuarzo, feldespato e mica. O modelado desta área está determinado polas características desta rocha, cristalina e ríxida, sensible a distintas formas de alteración.

Nuns casos, o granito é alterado quimicamente e en profundidade pola auga: os seus cristais descompóñense e transfórmanse en areas pardoamarelas, que poden acadar grandes espesuras nos vales e zonas de escasa pendente. Noutros casos, a alteración do granito pordúcese a partir dunha rede de diáclases ou fracturas. O resultado é diferente segundo a altitude:

Nas áreas de alta montaña as rochas rompen ó filtrarse a auga polas fisuras e xearse posteriormente, de modo que o xeo preme nas fisuras das rochas e rómpeas. Iso da lugar á formación de cristas agudas, escarpadas e dentadas (agullas ou galaios) e á apareción de pedreiras, acumulacións de fragmento de rochas ó pé das montañas.

Nas zonas menos elevadas, se a alteración se produce a partir de diáclases paralelas á superficie, orixina a escamación ou disgragación lenta do granito, resultando unha paisaxe suavemente ondulada de formas redondeadas (domos).

Se a alteración se produce a partir dunha rede de diáclases perpendiculares, fórmanse bólas. Estas poden quedar amoreadas unhas sobre outras formando barrocais, nos que son típicos os tores (amoreamentos de bólas graníticas) e as rochas cabaleiras (bólas graníticas situadas de forma natural en equilibrio sobre unha das súas superficies máis pequenas). Outras veces dispóñense de forma caprichosa nas ladeiras ou ó pé das montañas (caos granítico).

Se a alteración se produce a partir dunha rede de diáclases perpendiculares, fórmanse bólas. Estas poden quedar amoreadas unhas sobre outras formando barrocais, nos que son típicos os tores (amoreamentos de bólas graníticas) e as rochas cabaleiras (bólas graníticas situadas de forma natural en equilibrio sobre unha das súas superficies máis pequenas). Outras veces dispóñense de forma caprichosa nas ladeiras ou ó pé das montañas (caos granítico).

A área calcárea está formada por sedimentas da era secundaria pregados durante a eraterciaria. Os terreos calcarios forman unha “Z” invertida que se estende polos prepirineos, os Montes Vascos, o sector oriental da cordilleira Cantábrica, o Sistema Ibérico, parte da cordilleira Costeira- Catalana, e a cordilleira Subbética. A rocha predominante é a calcaria que é unha rocha sedimentaria, é dicir, formada no exterior da terra a partir de fragmentos de rochas ou organismos preexistentes, depositados despois de ser transportados polos ríos, océanos, o vento ou o xeo. Está constituida esencialmente por carbonato cálcico e trátase dunha rocha dura que se fractura formando fisuras ou diáclases, pero que se disolve facilmente coa auga da chuvia, sobre todo a través das diáclases. Orixina un relevo complexo, relevo cárstico, que ten as seguintes formas características:

  • Os lapiás ou lenares, que son sucos abertos polas augas de escorrentía sobre as vertentes ou sobre superficies chás con fisuras
  • As gargantas ou foces son vales estreitos e profundos, enmarcados por vertentes abruptas, causadas polos ríos.
  • Os poljes son depresións ou vales cerrados de fondo horizontal percorridos total ou parcialmente por correntes de auga, que desaparecen subitamente por un sumidoiro ou ponor e continúan circulando subterraneamente. O polje pode inundarse de forma temporal ou permanente transformándose nun lago.
  • As dolinas ou torcas son cavidades que se orixinan nos lugares onde a auga se estanca.
  • As covas crénase ó inflitrarse a auga polas fisuras do terreo calcario e circular de forma subterránea. Nelas fórmanse estalactitas (a partir da aguga, rica en carbonato cálcico, que pinga do teito) e estalagmitas (a partir da auga depositada no solo).
  • As simas son aberturas estreitas que comunican a superficie coas galerías subterráneas.

A área arxilosa está constituída por materiais sedimentarios pouco resistentes (arxilas, margas e xesos) depositados a finais do Terciario e no Cuaternario. Comprende boa parte das depresións das submesetas norte e sur, as depresións do Ebro e do Guadalquivir e as chairas costeras mediterráneas.

O relevo arxiloso é basicamente horizontal, xa que son terreos non afectados por pregamentos posteriores. A súa erosión é rápida, debido a brandura dos materiais. Os ríos abren vales que separan estructuras horizontais, que son de contado desgastadas, dando lugar a relevos suavemente ondulados.

Nas zonas nas que alternan longos períodos secos e calorosos con outros de chuvias torrenciais, cortas e intensas, e non existe a protección vexetal (SE peninsular), a auga de arroiada desgasta as vertentes, orixinando cárcavas ou fisuras estreitas e profundas separadas por arestas, que crean unha topografía abrupta similar a unha montaña en miniatura. O seu amplo desenvolvemento sobre unha zona dá lugar á paisaxe denominada badlands.

No interior de cada unha das tres áreas citadas é moi común que aparezan rochas de distinta orixe e resistencia. A erosión actúa entón de forma diferencial ou selectiva, dando lugar a distintos relevos segundo a inclinación dos estratos.cando os estratos están suavemente inclinados, e alternan materiais duros e brandos,fórmanse costas. Nelas distínguense un dorso ou reverso, formado polo estrato duro, inclinado, e unha fronte que ten unha parte superior de forte pendente, formada por unha carpa dura, e unha parte inferior cóncava na capa branda, onde a erosión é máis rápida. O retroceso das costas pola erosión dá lugar tamén a cerros testemuña e a antecerros.

Cando os estratos están pregados dan lugar ós relevos apalachenses e xurásico:

– O relevo apalachense fórmase sobre un relevo montañoso herciniano, arrasado e nivelado pola erosión, que experimenta un rexuvenecemento que reactiva a erosión. A erosión diferencial deixa ó descuberto as capas duras, que forman cristas paralelas, longas e estreitas, de altitude similar, separadas por depresións abertas nas capas brandas. Exemplos deste relevo poden atoparse nos vales asturianos do Eo e do Navia, na comarca de Somiedo, nos Montes de Toledo e, no sur da Península, en Serra Morena.

– O relevo xurásico fórmase nas cordilleiras novas. Está constituído por unha alternancia de pregamentos convexos (anticlinais) e cóncavos (sinclinais). Nos anticlinais, a erosión da auga crea vales perpendiculares ó cumio (cluses) e vales paralelos ó cumio (vales anticlinais ou combes). O baleiramento dos angiclinais (rápido unha vez que a erosión perforou o estrato duro), deixa levantados entre eles os antigos vales sinclinais (sinclinal colgado), de modo que o relevo invertiuse. A erosión do val anticlinal deixará en resalte o anticlinal do estrato inferior (anticlinal exhumado) e o ciclo reiniciarase. Formas típicas deste relevo poden verse no Sistema Ibérico, a cordilleira Cantábrica, os Pirineos e as cordilleiras Béticas.

Tomado de:

http://noespazoenotempo.webnode.es/tema-1-diversidade-xeoloxica-e-morfoloxica/practicos/p3-mapa-litoloxico/

Ligazón comparativo:

http://geoperspectivas2bachiller.blogspot.com/2011/03/realizar-un-comentario-del-mapa-con-las.html

Ligazóns de interese:

Enlace scrib del profesor Félix González Chicote sobre “Variedad litológica”

Enlace “Términos de relieve”

 

EXERCICIO 2 DA PPAU XUÑO 2012 OPCIÓN B

(CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA CIUG)

Atendendo ao documento, conteste (puntuación máxima de 4 puntos):

a) Enumere as 4 unidades do relevo marcadas coas letras A, B, C, D no mapa (1 punto):

A.- Cordilleira Costeira-Catalá; B.- Montes Vascos; C.- Montes de Toledo; D.- Serra da Tramontana.

B) COMENTE O DOCUMENTO (MAPA LITOLÓXICO) ATENDENDO ÁS SEGUINTES CUESTIÓNS:

IDENTIFIQUE O DOCUMENTO E COMPLETE A LENDA (1 PUNTO):

Mapa da Península e arquipélagos canario e balear de tipo corocromático temático coa trama de provincias, a rede fluvial principal e a representación corocromática da litoloxía predominante na península e nos arquipélagos.

Número 1 coa cor verde: Área silícea

Número 2 coa cor vermella: Área calcaria

Número 3 coa cor amárela: Área arxilosa

Número 4 coa cor azul: Área volcánica

ORIXE XEOLÓXICA E LOCALIZACIÓN DE CADA ÁREA/DOMINIO (1 PUNTO):

Área silícea:

– Rochas moi antigas, do Precámbrico e do Paleozoico que foron antigos macizos arrasados.

– Localízanse nas rexións nas que aflora o vello zócalo herciniano da Meseta e en zonas de outros macizos antigos. Todo o terzo oeste peninsular (excepto zona de Lisboa) e se estende cara o oeste da Cordilleira Cantábrica, Sistema Central, Montes de Toledo e Serra Morena; e formando manchas illadas, no eixe central dos Pireneos, Penibéticas, algunhas serras do Sistema Ibérico e a Cordilleira Costeira-Catalá.

Área calcaria:

– Rochas sedimentadas durante o Mesozoico e comezos do Terciario que co pregamento alpino formaron os conxuntos montañosos da zona oriental española.

– Esténdese formando unha Z invertida, desde as costas catalanas ata o estreito de Xibraltar. Pireneos, Sur da Cordilleira Costeira-Catalá, Montes Vascos, e metade oriental da Cordilleira Cantábrica, Sistema Ibérico e Subbéticas. Domina no arquipélago balear, salvo as chairas centrais.

Área arxilosa:

– Rochas que foron depositadas a finais do Terciario e no Cuaternario.

– Se estende polas depresións terciarias: as concas castelás, as depresións do Ebro e Guadalquivir; as chairas litorais mediterráneas e a depresión do Sado-Texo.

Área volcánica:

– Nas erupcións volcánicas durante a era terciaria, ascenderon masas de rochas volcánicas.

– Illas Canarias e zonas da península como Cabo de Gata, Olot e Campo de Calatrava.

ROCHEDO PREDOMINANTE E EXEMPLOS DE MODELADO CORRESPONDENTE (1 PUNTO):

Área silícea:

– Poden ser metamórficas como as lousas, xistos ou gneis, ou ígneas como o granito.

– Relevo granítico: areas pardoamarelas, cristas, pedregais, domos, barrocais, caos granítico.

Área calcaria:

– Rocha predominante e a calcaria.

– Relevo cárstico: lapiás, foces, poljés, dolinas, covas e simas.

Área arxilosa:

– Rochas como as arxilas, margas e xesos.

– Forman relevos basicamente horizontais, por non sufrir pregamentos posteriores. A súa rápida erosión xera: o Zonas de escasa vexetación: cárcavas que poden orixinar os badlands. o Zonas onde a erosión dos ríos abriu vales que separan estruturas horizontais con alternancia de materiais e orixinan chairas suavemente onduladas: as campiñas.

Área volcánica:

– Segundo a viscosidade da lava e a proporción de produtos sólidos poden ser: lapilli, escorias, bombas volcánicas ou coladas.

– Formas máis características: conos volcánicos, calderas, domos, malpaíses, diques, barrancos volcánicos.

———————–…………………………………————————

1.3. Unidades de relieve: a) Meseta.

Rebordos montañosos. COMO TEÓRICO E PRÁCTICO

CUESTIÓN PRÁCTICA:

2.-ANÁLISE E COMENTARIO DO PERFIL N-S DA P.I.

INTRODUCCIÓN: Tipo de representación gráfica: Forma e función.

O perfil topográfico ou corte topográfico é unha representación do relevo que se obtén trazando unha recta sobre un mapa con curvas de nivel, de xeito que as isohipsas se cortan transversalmente. Debúxase xeralmente na mesma escala horizontal que o mapa, mais a utilización dunha escala vertical realzada ou expresiva é aconsellable para subraiar os elementos do relevo. No caso que nos ocupa a escala de altura resulta 30 veces superior á horizontal, favorecendo a individualización das unidades estructurais (escala horizontal) e a súa definición altimétrica (escala vertical).

ANÁLISE:

1.- Identificar as unidades morfolóxicas representativas (nominándoas directamente sobre o perfil proposto).

– Cordilleira Cantábrica (Unidade periférica); Submeseta  norte (sector da Unidade fundamental); Sistema Central (Unidade interior); Submeseta sur (sector da Unidade fundamental): Val do Tajo, Montes de Toledo  (Unidade interior), Val do Guadiana; Serra Morena (Unidade periférica); Val do Guadalquivir (Unidade externa); Cordilleira Subbética (Unidade externa); Cordilleira Penibética (Unidade externa).

2.- Caraterízalas:

a) Altimétricamente (altitude aproximada sobre o seu nivel de base).

Picos de Europa (2.500 m); Submeseta  norte (900-400 m); Serra de Gredos (2.500 m/1.500m); Submeseta sur (800-300 m); Montes de Toledo (- 1500/-1000 m); Serra Madroña (-1500m/-1000 m); Serra Mágina (2000m/1.500 m); Serra Nevada (3000 m). (A altitude das unidades subraiadas referenciadas ao nivel da mar).

COMENTARIO:

b) Xeolóxicamente (paleozoica,mesozoica e cenozoica):

c) Litolóxicamente (silícea, calcárea e arxilosa).

d) Tectónicamente (superficie de erosión, cordal ou cubeta –hercínica ou alpina).

e) Morfoxenéticamente (relevo apalachense, relevo cárstico, glaciarismo, vulcanismo, etc.)

– Cordilleira Cantábrica

Materiais paleozoicos e mesozoicos; lousas e cuarcitas e calcarias; estructuras rexuvenecidas xermánicamente na tectónica alpina; glaciarismo.

– Meseta

Sedimentos cenozoicos sobre zócalo paleozoico; areas e arxilas sobre granitos e lousas; superficies de erosión sobre o zócalo e superficies de acumulación  nos sedimentos; páramos e rañas.

– Sistema Central

Materiais paleozoicos; granitos entre rochas metamórficas; estructura xermánica (superficie de erosión fracturada); Glaciarismo.

– Montes de Toledo

Materiais paleozoicos; rochas metamórficas; estructura germánica; relevo apalachense: erosión diferencial y rañas.

– Serra Morena

Materias paleozoicos; rochas metamórficas; flexión prealpina da Meseta; relevo apalachense.

- Depresión do Guadalquivir

Materiais cenozoicos; sedimentos arxilosos e margosos; fosa prealpina; campiñas.

– Cordilleiras Béticas: Subbéticas e Penibéticas

Dominio alpino e mesozoico e dominio alpino e mesozoico sobre sustrato paleozoico, respectivamente; complexo litolóxico de rochas sedimentarias (facies mariña e continental), e de rocchas sedimentarias con sustrato metamórficos e plutónico, respectivamente; estilo alpino de mantos de corremento, parautóctonos e alóctonos, respectivamente; glaciarismo, morfoloxía cárstica, erosión liñal (cárcavas) e morfoloxía dunar.

Ligazón comparativo:

http://geoperspectivas2bachiller.blogspot.com/2011/03/en-el-perfil-topografico-se-suceden-las.html

b) Relevos exteriores:  Cordilleiras e depresións. Relevo insular. COMO TEÓRICO E PRÁCTICO.

LIGAZÓNS PROPOSTOS POLA CIUG 

http://www.slideshare.net/isaacbuzo/comentario-del-mapa-topogrfico-presentation

http://www.slideshare.net/sennumero/o-relevo-da-pennsula-ibrica

http://www.slideshare.net/sergisanchiz/geo-01-c-el-espacio-geogrfico-espaol-relieve-2-roquedo-y-modelado

1.4. O litoral español: Cantábrico, atlántico e mediterráneo.

PREFERENTEMENTE COMO VOCABULARIO

LIGAZÓN EN CATALÁN

http://www.slideshare.net/hanszimmermann/15-el-relleu-litoral-peninsular

OUTROS LIGAZÓNS

http://www.slideshare.net/geopress/el-relieve-espaol-1-formacin-9041668

http://www.slideshare.net/geopress/el-relieve-espaol-unidades-morfoestructurales#

MAPA TEMÁTICO DE UNIDADES XEOTECTÓNICAS DE ESPAÑA

1.20 UNIDADES GEOESTRUTURAIS

TIPO DE IMAXE.-

Mapa temático das unidades estruturais da P.I. e das Illas Baleares (e sen as Illas Canarias). Trátase dunha representación de superficie ou cartográfica de coropletas, diferenciadas mediante 4 signos (branco, punteado, trama lineal vertical continua e horizontal discontínua máis densa), que refiren respectivamente a zócolo hercínico, ás concas e cubetas sedimentarias, ás cordilleiras moderadamente pregadas (montañas medias) dos bordos da Meseta e ás cordilleiras alpinas de maior altimetría.

ANÁLISE.-

En realidade como reflicte a rotulación na área do zócolo hercínico ou variscico hai que discriminar as superficies de erosión postpaleozoica da penichaira da Meseta castellana da formación de relevos rexuvenecidos por fractura durante a oroxenia terciaria ou alpina, como o Macizo Galaico, o sector astur da Cordilleira Cantábrica ou como o Sistema Central e os Montes de Toledo. Da mesma maneira, na área de puntos hai que distinguir as superficies de acumulación de sedimentos dos vales fluviais; no caso da Meseta corresponden aos cursos altos do Duero e do Tajo cunha coberteira fosilizando o zócolo, mentras nos vales externos á Meseta, do Guadalquivir e do Ebro, a acumulación de sedimentos amosan unha fronte máis ampla nos cursos baixos. Finalmente, as áreas de estrutura pregada, moderada (menor intensidade oroxénica e menor potencia dos estratos sedimentarios co zócolo como antepaís) e alpinas (maior intensidade oroxénica e maior potencia sedimentaria), quedan identificadas co Sistema Ibérico e coas unidades externas dos Pirineos-Montes vascos-sector cántabro da Cordilleira Cantábrica no norte, e dos Sistema bético e penibético no sul.

E COMENTARIO DO MAPA SUPRA

Da análise do documento concluimos que as unidades de relevo a definir estrutural ou tectónicamente as seguintes:

1.- Unidades con xénese no Macizo hespérico

1.1.- A Meseta (1): Un zócolo hercínico, parcialmente oculto por unha coberteira sedimentaria máis recente cenozoica. Aquel, constituido litolóxicamente por granitos e lousas, representa o mellor exemplo de penichaira ou superficie de erosión da P.I.

1.2.- Unidades interiores. Sistema Central e Montes de Toledo: Formando parte do mesmo dominio litolóxico da Meseta son relevos rexuvenecidos por fractura en “estrutura xermánica” como resultado do paroxismo terciario alpino sobre sectores do zócolo (ríxidos).

1.3.- Unidade periférica noroccidental. Macizo galaico: Independizado da Meseta tras o basculamento postectóníco do terciario pertence ao mesmo dominio litolóxico de rochas plutónicas e metamórficas do zócolo e das “bandas de fractura”. Estruturalmente constitue unha unidade con morfoloxía peniplanizada e dislocada por fallas antigas (N-S) e alpinas (W-E).

2.- Unidades sedimentarias das depresións externas: Vales do Guadalquivir e do Ebro

2.1.- Unidade externa do Val do Guadalquivir. Trátase dunha depresión triangular aberta ao Atlántico, estruturalmente resultado dun “movemento de subsidencia alpina”, e colmatada por sedimentos lacustres (calcarias) e continentais (areas) que dan lugar a formas de superficies de acumulación (campiñas).

2.2.- Unidade externa do Val do Ebro. Trátase dunha depresión triangular pechada ao Mediterráneo pola Cadea Costeiro-Catalana. Estruturalmente resultado de ”subsidencia alpina” e colmatada por sedimentos lacustres (yesos) e continentais (pudingas) que dan lugar a formas de acumulación, máis diversas que no Guadalquivir (relevos en costa, moas).

3.- Unidades moderadamente pregadas no rebordo do zócolo. Unidade periférica do Sistema Ibérico. Formado por tres sectores de altimetria +/- 2000 m, amósase como unha “estrutura saxónica” (unha estrutura de pregues sobre unha estrutura de fractura), resultado da deformación alpina dunha potente sedimentación mesozoica depositada no rebordo do zócolo paleozoico.

4.- Cordilleiras alpinas intensamente pregadas.

4.1.- Unidade externa dos Pirineos. Este relevo de sección transversal disimétrica (cfr., Prepireneo aragonés) amosa unha “estrutura pirenaica”, de pregues deitados con encabalgamentos, resultado da deformación intensa dunha sedimentación mesozoica de facies mariña (calcarias), que no sector central (Macizo da Madeleta) fixo aflorar un rochedo plutónico (granitos).

4.2.- Unidade externa da Cordilleira Penibética. Cunha apariencia de macizos izados desde altiplanicies (cumios por riba dos 3.000 m), amosa unha “estrutura alpina”, de mantos de corremento alóctonos, resultado da intensidade da deformación sobre materiais mesozoicos de facies mariña (flysch), que no sector central (Serra Nevada) fixo aflorar un rochedo plutónico (granitos).

LIGAZÓN DE INTERESE

http://www.ign.es/espmap/mapas_relieve_bach/Relieve_Mapa_03.htm


Seguir

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.