Archive for the ‘Rexime fluvial’ Category

diversidade hídrica; natureza e medio ambiente; CIUG

10 Xullo, 2012

I.- NATUREZA E MEDIO AMBIENTE EN ESPAÑA (BLOQUE 1 PROGRAMA PAU)

3.- DIVERSIDADE HÍDRICA. TEMA: “PROBLEMATICA DOS RECURSOS HÍDRICOS E POSIBLES SOLUCIÓNS” 

España é un territorio onde a auga é escasa e está desigualmente repartida. Podemos considerar a España como un área xeográfica árida porque as precipitacións únicamente superan os 1000 mm anuais nos lugares de clima propiamente oceánico, onde chegan os efectos das borrascas atlánticas, en algunhas zonas de montaña. Nas terras de clima interior e mediterráneo as chuvias son escasas e irregulares, con veráns secos, e con intensa evaporación. Do elevado grao de aridez de boa parte das terras de España derívase a escaseza dos seus recursos hídricos.


As confederacións hidrográficas son entidades adscritas ao Ministerio de Medio Ambiente que teñen como función xestionar os recursos hídricos do territorio que se lles asignou. Os recursos hídricos son importantes nas confederacións do Norte, Douro, Texo e Ebro. Pola contra manteñen un precario equilibrio as do Guadiana, Xúcar, Pirineo Oriental e Canarias e son claramente deficitarias as confederacións do Guadalquivir, Sur, Segura e Baleares. Por elo, as políticas hídricas están orientadas á obtención de auga. Cabe diferenciar entre as políticas de transvasamentos, a desalinización da auga do mar, a recuperación dos acuíferos e os plans de saneamento dos ríos.

1.  AS POLÍTICAS DE TRANSVASAMENTOS

A desigual distribución dos recursos hídricos presentou a posibilidade dunha política de transvasamentos, ao derivar augas dun río a outro. De feito o abastecemento de cidades como Madrid, Barcelona, Bilbao, Valencia, Murcia, Alacante, Sevilla ou Cádiz depende de pequenos transvasamentos de augas e de complexos sistemas de distribución.

Para levar a cabo grandes transvasamentos son necesarias obras que, en ocasións, atopan unha forte oposición. De feito, dos proxectos existentes, únicamente se cumpriu a primeira fase do transvasamento Texo-Segura. A condución de auga a gran distancia require custosos traballos de enxeñaría e de bombeo, e pérdese moita auga por evaporación.

Doutra banda, a cesión de caudais dun río a outro pode producir cambios nos acuíferos, limitacións para ampliar o uso da auga nas cuncas fluviais de orixe, e tamén producir cambios na achega de sedimentos. Parece que se abandonou o polémico Plan Hidrolóxico Nacional que propuña unha serie de medidas entre as cales salientaba o transvasamento de caudais do Ebro cara ás terras deficitarias de auga de Levante e do Sur.

2. A DESALINIZACIÓN DA AUGA DO MAR

Na actualidade, búscase satisfacer a demanda de auga das áreas deficitarias coa instalación de plantas desalgadoras. Esta solución resulta custosa e o seu funcionamento consume moita enerxía. No entanto, a técnica para desalgar a auga do mar está a realizar numerosos progresos para abaratar os seus custos e mais o seu consumo de enerxía, e a agua que se obtén é de boa calidade. En España funcionan plantas desalgadoras nas illas Canarias e Almería, e estanse a construír novas instalación ao longo da costa mediterránea.

3.- A RECUPERACIÓN DOS ACUÍFEROS

As augas subterráneas, cuxa renovación pode representar decenas de milleiros de anos, explótanse a partir da perforación de pozos e o bombeo de auga. Este aproveita-mento foi moi intenso nas terras mediterráneas, para regar as hortas, e tamén para aquelas terras que non contan con outro recurso hídrico, como o Campo de Níxar, áreas do Maestrazgo e algúns lugares da Mancha. A extracción de auga dos acuíferos non soamente fixo diminuír o seu nivel, senón que tamén provocou o desecamento total ou parcial de áreas lacustres e palustres.

Nas áreas litorais, o risco máis grave é a salinizaciónda auga dos acuíferos. Para poder extraer auga doce, as perforacións alcanzaron ás veces os 600 m de profundidade. A falta de presión da auga doce rompe o equilibrio entre a presión que exerce esta e a auga do mar, que penetra nos acuíferos e provoca a salinización dos solos de cultivo e a perda da súa fertilidade. Esta auga non é apta para algúns usos industriais nin para o consumo.

A crecente urbanización da costa mediterránea e a agricultura e mais a gandaría intensiva coa filtración das augas residuais, xurros e produtos químicos que corromperon a calidade de moitas augas subterráneas. Para resolver estes problemas actualmente se propón inxectar auga para recargar algún acuíferos e proceder á depuración das augas que conteñen.

4.- OS PLANS DE SANEAMENTO DOS RÍOS

En España aplícanse plans de saneamento dos ríos coa finalidade de reducir a deterioración da calidade das súas augas e acadar un bo estado ecolóxico, o que significa que os seus leitos van poder ter a capacidade de xerar vida. Estes plans supoñen un maior control sobre as verteduras urbanas e industriais. Así como a instalación de colectores e plantas depuradoras de auga, para converter algúns ríos cloaca en ríos de augas limpas. Algúns exemplos témolos nos ríos Ego (País Vasco), Guadiaro (Andalucía) e Besós (Cataluña).

Un dos obxectivos do Plan Nacional de Calidade das Augas 2007-2015 e a restaura-ción dos ríos españois co fin de devolver ao seu estado natural ríos, corgos, regueiros e brañais.

TOMADO de: http://noespazoenotempo.webnode.es/tema-3-diversidade-hidrica/tema/

SEPNOSE TEMA 3  CIUG PARA PAU

SEPNOSE TEMA 3 XEO CIUG

3.1. Factores e elementos do réxime fluvial  e 3.2. Rexímenes fluviais. Os grandes cursos fluviais.  PREFERENTEMENTE COMO PRÁCTICO (HIDROGRAMAS; PERFÍS LONXITUDINAIS)

 

 

LIGAZON DE INTERESE: CONCEPTOS HIDROGRÁFICOS

LIGAZÓN PROPOSTA POLA CIUG

http://www.02.ign.es/espmap/mapas_agua_bach/Hidro_Mapa_03.htm

http://ntic.educacion.es/w3//recursos/secundaria/sociales/geografia/regimen_fluvial.html

PROPOSTA DE PPAU

CONVOCATORIA DE SETEMBRO 2002 OPCIÓN 1

Esta cuarta pregunta ten unha puntuación máxima de 3 puntos. Requírese a correcta interpretación do documento, valorando tanto a súa comprensión (lectura) como a súa explicación (análise) en termos, sempre que sexa procedente, de causas e consecuencias posibles. Como criterios orientativos pódense citar os seguintes: tipoloxía da imaxe (sistema de representación, tipo de información), definición de HIDROGRAMA, modelos que representan ambas gráficas (réxime fluvial pluvial mediterráneo continental e nival, respectivamente), características de ambos en relación coa distribución das temperaturas e as precipitacións, relación coa diversidade naturalde España, relación cos grandes tipos de réximes fluviais españois, cita de algúns exemplos de ríos con estes réximes, etc. Consideraranse pertinentes as referencias ao problema da desigualdade hídrica de España e aos intentos por resolvela como o Plan Hidrolóxico.

HIDROGRAMAS TIPO DE REXIMES HIDROGRÁFICOS DA P.I. (IGN.ES)

CLASIFICACIÓN DOS RIOS PENINSULARES. MASACH ALAVEDRA

1.- RIOS DE ALTA MONTAÑA

1.1.- Extensión: Cabeceiras dos ríos pirenaicos.

1.2.- Fortes pendentes e rápidas crecidas de finais de primavera e comenzos de verán.

1.3.- Forte escorrentía e escasa evaporación.

1.4.- Gran caudalosidade relativa e escasa irregularidade (coeficiente entre 2 e 5).

1.5.- Rexime nival puro con 2,5 como coeficiente máximo de caudal no mes de xuño (cfr., Caldarés no Gállego alto en Ibón de Baños) ou rexime nival de transición  con augas altas en maio e un lixeiro pico secundario outonal e polo tanto pluvial (cfr., Segre alto na Seo de Urgell).

                                                                        

2.- RIOS DE MONTAÑA MEDIA

2.1.- Extensión: Cursos prepirenaicos e das unidades de relevo +2.000 m.

2.2.- En relación cos rios da categoría anterior son rios de menores pendentes, e menor caudalosidade; pero de maior irregularidade (cfr., coeficientes de irregularidade entre 3-10).

2.3.- Reximes con caudais máximos en primavera e outono e mínimos en inverno e en verán (cfr., Gállego en Puendeluna), polo tanto reximes nivopluviais (máximo en maio) ou pluvionivais (máximo en marzo-febreiro).


3.- RIOS DA PROVINCIA ATLÁNTICA

3.1.- Extensión: Rios cantábricos e galegos.

3.2.- Bóa alimentación que garanta a estabilidade do módulo relativo dende a cabeceira.

3.3.- Coeficiente de irregularidade entre 2 e 5 (cfr., os rios de réxime nival ou nival de transición).

2.4.- Rexime de caudal con augas altas em abril de alimentación pluvionival ou pluvial oceânico, segundo a altitude da cabeceira (cfr., Miño en Ourense).

4.- RIOS DA PROVINCIA MEDITERRÁNEA

4.1.- Extensión: Rios mediterrâneos a excepción dos pirenaicos como orio Ter ou de curso largo como o rio Segura.

4.2.-En xeral, son rios curtos e de forte pendente na cabeceira.

4.3.- De caudal pobre e grande irregularidade

4.4.- Terribles crecidas e profundas estiaxes.

4.5.- Rexime pluvial con animada curva de variación estacionais de caudal:  picos en febreiro-marzo, maio-xuño e setembro-outubro (cfr., Mijares en Vilarreal).

ANÁLISE E COMENTARIO DO HIDROGRAMA DO RIO MIJARES NA ESTACION DE AFORO DE VILLARREAL EN CASTELLÓN

INTRODUCCIÓN

O estudo científico dun rio pódese facer, ben desde a perspectiva dos rios como axentes modeladores do relevo (vbgr., con erosión lineal –canóns e foces sobre materiais duros e páramos e campiñas sobre materiais brandos; formacións de terrazas, deltas, etc.), ou desde a perspectiva do trazado e xerarquización da súa rede fluvial e dos factores que condicionan o seu rexime hidrográfico.

Para os últimos dispoñemos de dous tipos de representacións gráficas moi axeitadas: o perfil da canle dun rio, expresión hipsométrica da súa conca de drenaxe, no que diferenciamos os sectores alto, medio e baixo, e o hidrograma dese rio, expresión fundamentalmente do rexime de precipitacións do matiz climático correspondente a esa conca e da diferente alimentación pluvial ou nival derivada da altimetría das súas cabeceiras, anque tamén poden intervir factores de regularización tanto antrópicos (deforestación/repoboamentos e construccións hidráulicas, encoros trasvases, etc,) como litolóxicos (térreos silíceos e arxilosos impermeables vs areosos e calcarios permeables).

ANÁLISE

Na presente proposta, trátase dun hidrograma, concretamente o do rio Mijares na estación de aforo de Villarreal en Castellón, localidade onde o curso de auga alcanza un módulo de caudal absoluto mensual de 12.72 m3/seg (cfr., ángulo inferior dereito da gráfica); pola contra, non se explicita o valor do caudal absoluto anual e tampouco do caudal relativo; é dicir, en relación á extensión da conca, que por ser descoñecida impide igoalmente o seu cálculo. En canto á representación formal, definímola como un diagrama lineal sobre táboa cartesiana en cuxas abcisas figuran os coeficientes mensuais de caudal (cociente resultado da división dun caudal mensual entre o promedio de caudais mensuais); mentras, no eixe de ordenadas figura unha escala empírica de0,1 a3 correspondendolle o valor 1 ao módulo ou promedio mensual do caudal anual, resultante da división do caudal anual entre os 12 meses do ano.

O diagrama en cuestión amosa unha animada línea de variacións estacionais de caudal en forma de dentes de serra con tres “picos” ou augas altas: febreiro con coeficiente 1.23, xuño con coeficiente 1.29 e octubro con coeficiente 1.36. Estos picos correspondense con outros tantos “vales”: xaneiro con coeficiente 0.76, abril con coeficiente 0.8 e xullo con coeficiente 0,72. Son, sen embargo, estos valores os que nos permitirían cualificar en aparente contradicción co antedito o diagrama proposto como unha curva con tendencia á regularidade, dadas as fluctuaccións sempre arredor do valor modular 1; é decir, de 12,72/12 = 1.06 m3/seg.

COMENTARIO EXTERNO

Por todo o anterior, clasificamos ao rio Mijares en Villarreal como un curso fluvial da vertente mediterránea: ao seu relativo escaso caudal, engádese un rexime de variacións estacionais moi característico do rexime de precipitacións propio do matiz mediterráneo levantino, constituido por chuvias invernais, primaverais e outonais con marcada aridez estival. Entre os trazos característicos dos rios da vertente mediterránea (excepcións: o rio Ter por pirenaico e o rio Segura pola extensión da súa conca) salientan: a forte pendente na cabeceira que garanta unha intensa escorrentía e a consecuente moderación da permeabilidade nas áreas calcarias, ser curtos, de escaso caudal e grande irregularidade, de terribles crecidas e de profundas estiaxes.

Neste punto, resulta moi significativo contrastar os datos do hidrograma elaborado polo pai da hidroloxía española Valentin Masachs Alavedra (Los rios peninsulares, 1948) cos aportados polo Instituto Geográfico Nacional (IGN). Da comparativa resulta unha disminución do módulo mensual medio de caudais que pasa a 10,91 m3/seg. e unha maior regularización das variacións estacionais que racha durante o período estival (cfr., contraste entre a máxima de xuño e mínima de agosto, 1.28 e 0.46, respectivamente), que manifestamente obedece a factores antrópicos, en última instancia asociados aos regadíos da agricultura intensiva prototípica desta rexión co importante déficit hídrico agravado polo aumento da poboación nos meses de maior afluencia turística.

LIGAZÓN DE INTERESE

http://www.ign.es/espmap/fichas_agua_bach/pdf/Ficha%20hidro_01.pdf

Addenda:

O rio Mijares de 150 kms de lonxitude e cun curso na metade do seu traxecto sobre a chaira litoral castellonense, salva un desnivel próximo aos 2.000 m desde as estribacións da Serra de Gúdar, onde ten o seu nacemento (fontes de cabeceira tan altas nesta vertente só as teñen os rios Turia, Júcar e Segura), axudando a explicar o mínimo de xaneiro. Por outra parte, a reducida extensión da conca explica a influencia monoclimática  do tipo mediterráneo levantino.

5.- RIOS DA PROVINCIA SUBTROPICAL OU ATLÁNTICO-MEDITERRANEA

5.1.- Extensión: Rios con nacemento nos Montes de León e os rios manchegos.

5.2.- Escasa caudalosidade e elevada irregularidade.

5.3.- Profundas estiaxes e crecidas menores que os rios mediterrâneos.

5.4.-Rexime pluvial com curva de variacións estacionais caracterizada por dous máximos de primavera adiantada e de outono retrasado (cfr., Jabalón en Aragonés).

3.3. Lagos humedais e augas subterráneas.

LIGAZÓNS PROPOSTOS POLA CIUG:

http://www.slideshare.net/arelar/hidrografa-en-espaa

http://www.slideshare.net/sennumero/comentario-dun-hidrograma

PRACTICO MAPA TEMÁTICO REXIMES FLUVIAIS EN ESPAÑA

Mapa Tipos de Régimen Fluvial

TIPO DE IMAXE

Mapa temático de “Reximes fluviais de España” (ver rotulación sobre o mapa para os matices de rexime pluvial, e dos símbolos da lenda para os de rexime nival). Formalmente, trátase dun mapa de superficie, e concretamente de coropletas a partir de líneas que identificamos con interfluvios (“talwegs”); é dicir das líneas de cumes, que definen as vertentes das concas fluviais. Estas “coras” aparecen complementadas con manchas hipsométricas de diversos raiados, que refiren aos sectores montañosos de maior altimetría, e reforzadas con figuras de hidrogramas, representacións gráficas das variacións estacionais do caudal dos cursos de auga.

ANÁLISE OU LEITURA DO DOCUMENTO

Atendendo aos elementos de xeito ordenado, constatamos tres vertentes, oceánica, subtropical e mediterránea, identificadas respectivamente como de rexime pluvial e pluvio-nival oceánico, de rexime pluvial subtropical e de rexime pluvial mediterráneo, en lugar das dous únicas existentes na P.I., a oceánica (cantábrico-atlántica) e mediterránea. Así, pois, no norte e NW da P.I. constatamos dous reximes fluviais, ainda que só un hidrograma (estación de aforo do Miño en Ourense (curiosamente, augas abaixo da confluencia do principal rio galego co Sil, éste de nacemento na Cordilleira Cantábrica e ca dos 2000 m.). Na rexión mediterránea, aquí de extenso litoral (queda excluido o litoral penibético do Mar de Alborán) e limitada no seu interior por sectores do Sistema Ibérico (Serra da Demanda vs Montes de Albarracín) e dos Sistemas Béticos (Sagra e Segura vs Sª Nevada), o hidrograma corresponde ao rio Foix, un pequeño curso fluvial de Barcelona (cfr., o hidrograma do rio Mijares en Castellón). Na artificial rexión subtropical, que da mesma maneira poderiamos chamala de interior ou de transición oceánico-mediterránea, o hidrograma tipo é nesta ocasión o rio Manzanares en Colmenar.

O resto dos hidrogramas corresponden a altos cursos con cabeceiras montañosas nos sistema Central e Ibérico Tajo en Buendía) ou nos Pirineos (Caldarés en Ibón de Baños e Segre na Seo de Urgell), con reximes de alimentación nival, identificables polo seu pico de augas altas de primavera ou de inicio de verán.

Recapitulando, dos factores que interveñen na clasificación dos reximes fluviais, destácanse dous: os climáticos (o rexime de precipitación e secundariamente as temperaturas -aridez estival; neste sentido, non sería arbitraria a cualificación de subtropical da provincia hidrolóxica de transición). E, os orográficos (a altimetría e secundariamente a orientación do relevo aos ventos húmidos).

Recordamos que outros factores son, os litolóxicos (solos permeables/ impermeables que acentúan ou moderan as variacións de caudal mensual e básicamente das estacionais), e os antrópicos, derivados tanto da tendencia á aridez do territorio peninsular e do crecente consumo doméstico e económico de auga, como da construcción de encoros, reguladores do caudal das concas.

COMENTARIO: Factores climáticos dos reximes fluviais da P.I.:

Los ríos de régimen fluvial pluvial tienen el caudal determinado exclusivamente por las precipitaciones. Los tipos de ríos con régimen fluvial pluvial son estos:

-Ríos de régimen fluvial pluvial oceánico, es el régimen propio de los ríos de la vertiente cantábrica. Disponen de un caudal abundante, con un máximo en invierno y un estiaje estival potente, pero no tan fuerte como el de los ríos mediterráneos. Tampoco significa que haya escasez de caudal en verano, porque los valores se refieren al propio río y este tiene un elevado caudal medio anual.

-Ríos de régimen pluvial mediterráneo puro, es el régimen propio de los ríos del litoral levantino. De caudal irregular además de escaso, tienen tres máximos -dos debidos a las lluvias de primavera en febrero-marzo y mayo-junio y el tercero debido a las lluvias otoñales en septiembre-octubre- tres mínimos -el principal debido a la sequía veraniega y otros dos más débiles en enero y marzo-abril-.

-Ríos de régimen pluvial mediterráneo continentalizado, es el régimen propio de los ríos del interior peninsular. Tienen un estiaje pronunciado y largo veraniego y con máximos en primavera -marzo, abril y mayo- y en otoño -noviembre, diciembre-.

-Ríos de régimen pluvial subtropical, es el régimen propio de los ríos más meridionales de la península Ibérica. Con un caudal muy escaso y muy irregular, tienen un mínimo muy acentuado en verano, con siete meses estando por debajo de la unidad entre mayo y noviembre. El máximo está asociado a las precipitaciones de invierno en febrero-marzo y disminuyen en enero a causa del anticiclón peninsular.

Los ríos de régimen nival tienen determinado su caudal por el aporte de la fusión de las nieves. Estamos hablando de ríos caudalosos, con un máximo de primavera (por el deshielo) y un mínimo de invierno, cuando el agua está retenida en forma sólida. Este es el régimen fluvial propio de los ríos de montaña, y podemos distinguir dentro de él dos subtipos:

-Ríos de régimen nival puro, propio de ríos situados alrededor de los 2500 metros de altitud o más. Vemos en la gráfica que su máximo se da en fecha avanzada (junio-julio), puesto que las nieves permanecen más tiempo en estado sólido a esta altitud.

-Ríos de régimen nival mixto, propio de los ríos situados en alturas inferiores a los 2500 metros. La nieve funde antes, así que su máximo principal es anterior a junio. También hay un máximo secundario en otoño, de origen pluvial. Dentro de estos ríos tenemos que distinguir entre:

-Ríos con régimen nivo-pluvial, situados entre los 2500 y los 2000 metros, con aguas altas en el mes de mayo y con un estiaje veraniego no excesivamente acusado.

-Ríos de régimen pluvio-nival, situados entre los 1800 y los 1600 metros, con aguas altas en marzo o abril y con estiaje veraniego hasta entrado el otoño.

LIGAZÓN DE INTERESE:

http://www.ign.es/espmap/mapas_agua_bach/Hidro_Mapa_03.htm

LECTURA RECOMENDADAS DA WEB ING.ES

A AUGA EN ESPAÑA (IGN.ES)

El agua es un recurso imprescindible para la vida y, por ello, también para las actividades humanas. Su comprensión desde una perspectiva integrada combina dos aspectos esenciales: por un lado, el funcionamiento natural del ciclo del agua y, por otro, la gestión que cada sociedad realiza de este recurso. Aunque parece un elemento muy abundante en nuestro planeta, el agua directamente utilizable por la sociedad está muy desigualmente repartida, y en muchos lugares las personas sufren problemas importantes a causa de su escasez o de su mala calidad.

España, en su conjunto, no puede considerarse como un país seco en el contexto mundial. No obstante, los recursos hídricos disponibles muestran enormes diferencias, debidas a la diversidad climática de su territorio. El acceso al agua constituye uno de los problemas territoriales más importantes, y es el más crítico en relación con los otros recursos naturales del país.

La diversidad de regímenes hidrológicos (nivopluvialpluvionivalpluvial oceánicopluvial mediterráneo), junto a la incertidumbre sobre la disponibilidad de agua en gran parte del territorio español, han obligado a crear importantes infraestructuras de captación y transporte de la misma. Iniciadas en la antigüedad, estas intervenciones se han prolongado hasta la actualidad, aumentando progresivamente en tamaño y complejidad. Además, estas actuaciones de carácter técnico han tenido que complementarse con el desarrollo de una amplia legislación, y con una organización administrativa específica.

La demanda total de agua también presenta importantes diferencias regionales. Desde el punto de vista cuantitativo destaca la demanda para riego, que representa cerca del 80% del total, seguida del abastecimiento urbano (14%) y de la demanda para la industria (6%). La mayor parte de la demanda se satisface gracias a los recursos superficiales, aunque en ciertas regiones la extracción deaguas subterráneas ha permitido paliar su déficit. A su vez, en los últimos años, la tecnología asociada a la desalación del agua marina ha alcanzado un gran desarrollo, y las plantas en las que se “fabrica” agua potable se están multiplicando por todas las regiones litorales de España, que se ha convertido en uno de los países más avanzados del mundo en este campo.

No obstante, el continuo aumento de la demanda, la ausencia de mecanismos eficaces de control, y la facilidad con la que se extrae el agua subterránea, han permitido que en ciertos casos se produzcan situaciones de sobreexplotación, lo que ha ocasionando graves impactos ambientales y un deterioro del recurso.

ANÁLISE E COMENTARIO DO PERFIL LONXITUDINAL DO RIO EBRO

INTRODUCCION

O estudo científico dun rio pódese facer, ben desde a perspectiva dos rios como axentes modeladores do relevo (vbgr., con erosión lineal –canóns e foces sobre materiais duros e páramos e campiñas sobre materiais brandos; formacións de terrazas, deltas, etc.), ou desde a perspectiva do trazado e xerarquización da súa rede fluvial e dos factores que condicionan o seu rexime hidrográfico.

Para os últimos dispoñemos de dous tipos de representacións gráficas moi axeitadas: o perfil da canle dun rio, expresión hipsométrica da súa conca de drenaxe, no que diferenciamos os sectores alto, medio e baixo, e o hidrograma dese rio, expresión fundamentalmente do rexime de precipitacións do matiz climático correspondente a esa conca e da diferente alimentación pluvial ou nival derivada da altimetría das súas cabeceiras, anque tamén poden intervir factores de regularización tanto antrópicos (deforestación/repoboamentos e construccións hidráulicas, encoros trasvases, etc,) como litolóxicos (terreos silíceos e arxilosos impermeables vs areosos e calcarios permeables).

ANÁLISE

O rio Ebro, un dos cinco grandes rios peninsulares, nace entre Peña Labra e Pico Tres Mares, no sector santanderino da Cordilleira Cantábrica, con fontes próximas aos2.000 mde altitude; pasa por Reinosa, Miranda do Ebro, Zaragoza, Caspe e Tortosa (localidades con estacións de aforo), formando na súa desembocadura no Mediterrâneo un coñecido delta.

O seu perfil lonxitudinal reflicte que ata a estación de aforo de Miranda é un rio de cabeceira que salva un desnível de case1500 men 200 kms; este sector alto, poderiamolo estender ata a estación de aforo de Castejón. Deste xeito, o sector medio corresponderia a rexión central da Depresión Ibérica coincidente coa província zaragozana, no que o desnivel carece de consideración; finalmente, o río encáixase para atravesar a barreira orográfica do Sistema Costeiro-Catalán, antes de percorrer a partir de Mora de Ebro un curto sector baixo, resultante da forte sedimentación do propio curso fluvial, paralela ao desaugue da conca lacustre do mesozoico, que  desde o mio-plioceno prolóngase ata hoxe.

En canto aos seus afluentes, é de sobra coñecida a disimetría das súas vertentes. Nun primeiro sector, esta disimetría é favorable á vertente ibérica dos Montes Distércicos da Serra da Demanda e de Moncayo, fronte a vertente pirenaica da rexión navarra, o que explica  que neste tramo os rios máis importantes sexan os rioxanos Tirón, Najerilla, e Iregua con fontes de nacemento próximas aos2.000 m. Sen embargo, augas abaixo fanse dominantes os colectores pirenaicos oscenses con fontes por riba dos2.500 m, como o Aragón e o Gállego, sobre os ibéricos Jalón (Jiloca e Piedra), Huecha, Martín e Guadalope, cuxas fontes superan os1.000 m. En calquera dos casos, o protagonismo no apartado da rede fluvial de colectores, corresponde ao complexo Segre-Cinca con manantiais nos Pirineos ilerdenses próximos aos3.000 m. e con caudais superiores ao do proprio rio principal.

COMENTARIO

O Ebro defínese como o terceiro rio peninsular pola lonxitude (máis de 900 kms), como o primeiro dos españois –é dicir, ata a fronteira con Portugal- pola superfície da súa conca (82.000 kms2) e caudalosidade (na desembocadura, o seu módulo absoluto é de 600 m3/seg). Sen embargo, a súa especial caracterización no conxunto hidrográfico peninsular ven dada polo seu complexo rexime de caudais por mor da intervención de factores litolóxicos e dos contrastados matices climáticos (climas de montaña, oceánico, continental e mediterráneo), a parte da mencionada disimetría morfolóxica (contraste de alimentación nival/pluvial).

Dacordo co anterior información, poderíamos explicar o rexime do Ebro, a través do seu perfil lonxitudinal e das estacións de aforo que o articulan, como un rio sectorialmente pluvionival oceánico no tramo máis próximo á cabeceira (montaña rioxana e vasca), pluvio-oceánico no curto tramo da Navarra baixa e pluvio-nival no resto ata a desembocadura. Por outra parte e conforme o rio vai reducindo desnivel e aumentando a extensión de conca, o Ebro perde caudal relativo por causas climáticas (ausencia de novos aportes de montaña, agravada pola aridez propia dunha depresión pechada ás influencias marítimas) e litolóxicas (presencia de sedimentos permeables e salinos propios dun ex-fondo lacustre), ainda que grazas ao Segre (cfr., estacións de aforo da Seo de Urgell e Lleida) e ao Cinca (estacións de aforo de Barbastro e  Fraga) logrará multiplicar a abondancia en términos absolutos. A importancia destes últimos póñese de manifesto pola cantidade e cualidade dos colectores secundarios (Cinca: Ara, Esera e Isabena; Segre: Noguera Ribagorzana e Noguera Pallaresa), responsables exclusivos de que os coeficientes de irregularidade interanual sexan no curso baixo inferiores incluso aos do curso alto en Castejón (coeficientes 2.3 vs 2.9) ou de que o máximo estacional invernal (octubro-marzo) se prolongue ata maio polo factor nival  e de que nos anos secos as profundas estiaxes, que se estenden de xullo-outubro en Miranda, se concentren en Tortosa en agosto-setembro.

Advertisements