Archive for Febreiro 2015

programa xeo ppau 2014-15

19 Febreiro, 2015
RELACIÓN DE BLOQUE E UNIDADES PAU DE XEOGRAFIA DE ESPAÑA

PROBA AVALIATORIA 1º CUATRIMESTRE [PAAU/OPCIÓN B]

BLOQUE I: Natureza e medio ambiente en España

TEMA 1: XUÑO 2013, Formación e evolución xeomorfolóxica da P.I. e das Illas Canarias e Baleares. Tipos de unidades morfoestruturais.

– Formación e evolución xeomorfolóxica da P.I. e das Illas (da era arcaica ao glaciarismo cuaternario).

– Tipos de unidades: zócolo, macizos antigos, cordilleiras de pregamento, cuncas sedimentarias.

PRÁCTICOS: Perfil topográfico N-S/Mapa temático (Unidades xeotectónicas ou litoloxicas* (XUÑO 2012)

CONCEPTOS: Aluvión; Foz; Litosfera; Meseta; Penechaira; Somontano ou pé de monte;Tectónica de placas

TEMA 2: XUÑO 2012 e 2014, Factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España.

– Factores xeográficos: latitude, situación, influencia do mar, relevo.

– Factores termodinámicos: en altura (Jet Stream) e en superficie (centros de acción, masas de aire, frontes)

PRÁCTICOS: Mapas do tempo* (XUÑO 2013) e climogramas. Mapa temático (Unidades climáticas, de elementos climáticos -mapas térmicos e pluviométrico* (SETEMBRO 2012 e 2014).

CONCEPTOS: Aridez; Barlovento; Inversión térmica; Isóbara; Isohieta; Umbría

TEMA 3: Problemática dos recursos hídricos en España e posibles solucións.

– Os transvases.

– A desalinización.

– A recuperación de acuíferos.

– O saneamento dos ríos

PRÁCTICOS: Hidrogramas e perfís hidrográficos. Mapa temático (Confederacións hidrográficas).

CONCEPTOS: Cunca fluvial; Estiaxe; Marisma

TEMA 4: SETEMBRO 2014, Factores da diversidade bioxeográfica.

– Situación xeográfica e procesos naturais.

– Acción antrópica.

PRÁCTICOS: Catenas. Mapa temático (Mapas de distribución de especies arbóreas* (SETEMBRO 2013).

CONCEPTOS: Laurisilva; Maquis; Vexetación clímax; Vexetación antrópica

TEMA 5: SETEMBRO 2013, Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e na vexetación.

-Diversidade climática.

-Os ríos de Galicia.

-A diversidade bioxeográfica

PRÁCTICOS: Perfil topográfico W-E* (XUÑO 2014) e Paisaxes naturais.

CONCEPTOS: Esteiro; Landa; Ría; Tómbolo

TEMA 6: SETEMBRO 2012, Repercusións ambientais da acción humana: contaminación, cambio climático e pegada ecolóxica.

PRÁCTICOS: Mapa de riscos e Mapa de espazos protexidos

CONCEPTOS: Avaliación de impacto ambiental; Ecosistema; Efecto invernadoiro; Paisaxe

BLOQUE IV: A organización políticoadministrativa española, contrastes e políticas rexionais

TEMA 1: Contrastes e políticas rexionais en España.

– Antecedentes históricos.

– Desequilibrios territoriais.

– Factores de transformacións.

– Políticas rexionais.

PRÁCTICOS: Mapa temático (Desequilibrios rexionais)

CONCEPTOS:- Parroquia; Municipio; Provincia; Comunidade Autónoma; Estatuto de Autonomía

BLOQUE V: España en Europa e no mundo

TEMA 1: O novo escenario xeopolítico:

– Desigualdade no mundo.

– Comercio desigual, débeda externa.

– Posición de España no mundo.

PRÁCTICOS: Mapa témático (Mapamundi dos grandes fluxos comerciais).

CONCEPTOS: Comisión europea; Movementos antiglobalización; Obxectivos do Milenio; Xeopolítica

Advertisements

prácticos bloques IV-V, temas 15 e 16

9 Febreiro, 2015

PROBA DE AVALIACION BLOQUES IV-V. XEOGRAFIA 2º BACH D. XANEIRO 2015

3.- PRAXE: A&C “OS INDECADORES DE BENESTAR”. Valor 4 puntos

3.1.1.- Relacione as provincias das CCAA de Extremadura e Castela A Mancha e cita as capitais autonómicas. 1 punto.

3. 1.2.- Comente o documento en cuestión, segundo as seguintes p.d.v. 3 puntos.

3.1.2.1.- Tipo de imaxes. 1 punto.

3.1.2.2.- Lectura dos documentos propostos (desigualdades rexionais segundo os indicadores de benestar social) e aporta as tuas conclusións (rexións de convergencia e rexions de competitividade) . 1 punto.

3.1.2.3.- Desenvolve un comentario coherente cos factores explicativos destes desequilibrios territoriais e das políticas de cohesión (Fonde de Compensación interterritorial). 1 punto.

Fonte: http://files.noespazoenotempo.webnode.es/200000600-cd12ccf066/benestar%20social.pdf

PLANTA/MODELO

.1.2.- COMENTE O DOC. EN CUESTIÓN, SEGUNDO AS SEGUINTES P.D.V. 3 PUNTOS.

3.1.2.1.- TIPO DE IMAXES1 PUNTO.

– Docs cartográficos: Mapas referenciais, político-administrativos, provinciais e mapas temáticos/de temática territorial (contrastes rexionais) en relación con indicadores de benestar social (poboación con estudos superiores, nº de camas hospitalarias por 10.000 habs, nº de asalariados con contrato laboral indefinido e taxa de actividade feminina). Estos mapas temáticos adoptan, como é habitual na representación de superficies, a forma de mapa de coropletas (coras), que no caso concreto dos docs propostos coinciden con agregados de CCAA. As lendas articúlanse en 4 rangos ou categorías con valores expresados en porcentaxes, que na versión en cor reserva os valores extremos aos matices de maior intensidade.

3.1.2.2.- LECTURA DOS DOCS PROPOSTOS (desigualdades rexionais segundo os indicadores de benestar social) e aporta as tuas conclusións (rexións de convergencia e rexions de competitividade) .1 PUNTO.

– Para a lectura ou análise dos docs propostos como exercicio de avaliación (vs traballo de casa) simplificámo-la en función dun rango medio alto e doutro rango medio baixo segundo respectivamente ás porcentaxes superiores e inferiores a 45%, 35%, 65% e 45%, hipotéticamente suficientes para reflictar as rexións en inferioridade ou de superioridade a equilibrar a traves dos Fondos de compensación interterritorial.

Dacordo co anterior, destacamos: 1) un contrate entre as CCAA de Pais Vasco e de Navarra coas de Cantabria e Madrid frente ao resto do territorio nacional; 2º) un contraste norte-sur do territorio español; 3) confirmación do contrate anterior norte-sur con tendencia a privilexiar o benestar do nordeste; 4ª) ratificación da tendencia anterior de maneira nítida. En sentido mais restrinxido constátase unha xerarquía do benestar en España a favor das CCAA de Cataluña (3 veces no rango alto), de Madrid, de País Vasco e da Comunidade Foral (2 veces en rango alto).

Como factor explicativo, apuntamos a coincidencia das 4 CCAA no mapa de asalariados indefinidos, é dicir, da importancia do desenvolvemento económico. Outros factores serían a autonomía orzamentaria no caso das CCAA do norte (cfr., concerto económico), a centralidade histórica de Cataluña como rexión industrializada (cfr., taxa de actividade feminina) vs a unha centralidade de Madrid mais limitada (cfr, capital dun Estado con ampla descentralización política).

3.1.2.3.- DESENVOLVE UN COMENTARIO coherente cos FACTORES EXPLICATIVOS DESTES DESEQUILIBRIOS TERRITORIAIS E DAS POLÍTICAS DE COHESIÓN (Fondo de Compensación interterritorial). 1 punto.

(FONTE TEMA 15) DESEQUILIBRIOS TERRITORIAIS E POLÍTICAS REXIONAIS

No Estado das autonomías, un Estado democrático e social de dereito, que se basea na igualdade territorial e na solidaridade, existen desequilibrios entre as rexións dertivados de factores internos de desigualdade e tamén de factores externos de relacións desiguais que afectan á súa competitividade económica, ao benestar da súa poboación e á calidade do seu medio ambiente.

O desenvolvemento económico dunha rexión relaciónase coa súa capacidade de producción, cos ingresos e nivel de consumo da súa poboación, coa creación de emprego e co investimento de capital realizado en infraestruturas ou en servizos sobre todo cos relacionados coa producción e difusión do coñecemento. Sen embargo, o benestar das rexións non depende só do crecemento económico, senón tamén da distribución dos beneficios entre os seus diferentes grupos de poboación.

A persistencia dos desquilibrios territoriais fai necesario implementar políticas sociais para atenualos. En España a política rexional iniciouse na década dos 60 cos Plans de Desenvolvemento (1964-75), ou de descentralización en certas áreas atrasadas para que actuasen como motor de desenvolvemento do contorno. Tras un periodo de letargo (1975-85, crise das fontes de enerxía e transición política), deron lugar a partir de 1986 coa adhesión española á Comunidade Europea a unha nova política rexional marcada polas directivas da Comisión Europea e os seus instrumentos de financiación, os chamados Fondos Estructurais (FEOGA, FEDER, FSE) e de Cohesión interterritorial, cuxo reparto se establecer segundo criterios socio-económicos que clasifican o mapa europeo en rexións de obxectivo 1 ou de convergencia e de Obxectivo 2 ou de competitividade,

benestar para blogue

PROBA DE AVALIACION BLOQUES IV-V. XEOGRAFIA 2º BACH D. XANEIRO 2015

MAPA DE FLUJOS DE MERCANCIAS

3.- PRAXE: A&C “OS FLUXOS DO COMERCIO MUNDIAL”. Valor 4 puntos

3.1.1.- Relacione as provincias das CCAA de Andalucía e de Aragón. 1 punto.

3.1.2.- Comente o documento en cuestión, segundo as seguintes p.d.v. 3 puntos.

3.1.2.1.- Tipo de imaxe. 1 punto.

3.1.2.2.- Lectura do documento proposto (comercio desigual: grandes área económicas e grandes fluxos comerciais) e aporta as tuas conclusións (relacións de dependencia, rexións centrais e rexions periféricas) . 1 punto.

3.1.2.3.- Desenvolve un breve comentario do novo escenario xeopolítico, dos factores explicativos da desigualdade entre os países e de iniciativas dirixidas a correxilas. 1 punto.

PLANTA/MODELO

3.1.2.- COMENTE O DOC EN CUESTIÓN, SEGUNDO OS SEGUINTES P.D.V. 3 PUNTOS.

3.1.2.1.- TIPO DE IMAXE1 PUNTO.

– Doc. cartográfico: Mapa referencial, un mapamundi sen divisións político-administrativas, se ben con rotulación de continentes e grandes espazos por exemplo Europa occidental ou Oriente Medio (o máis chamativo é a súa proxección azimutal polar a favor da continentalidade do hemisferio norte) e mapa de temática económica O comercio mundial de mercadorías no ano 2000”, sen lenda. Como mapa temático adopta, como é habitual na representación das actividades de transporte, a forma de mapa de fluxos (frechas), que no caso concreto do doc proposto teñen como punto de partida e de destino círculos negros de tamaño proporcional cunha clara intención de xerarquizar os mencionados flujos de intercambios, que en tódolos casos preséntanse como frechas de correspondencia, ainda que non da mesma intensidade en ambas direccións.

3.1.2.2.- LECTURA DO DOC. PROPOSTO (comercio desigual: grandes área económicas e grandes fluxos comerciais) e aporta as tuas conclusións (relacións de dependencia, rexións centrais e rexions periféricas) . 1 PUNTO.

– As vantaxes derivadas da proxección deste mapamundi temático son manifiestamente intencionadas al quedar desde o inicio significativamente expresada coa escala xerárquica, centro vs periferia. Non se trata, en consecuencia, de mera cuestión estética, se non mais ben provocativa.

Os feitos observados son: 3 círculos desiguais de rango superior que identificamos por esta orde, Europa occidental e América do Norte con relacións atlánticas mutuamente intensas, mais favorables aos europeos (á súa balanza comercial ou saldo exportacións vs importacións), que perden esta vantaxe nas súas relacións coa área económica do Extremo Oriente; por outra parte, estos países, Xapón, China, Corea, establecen relacións na área do Pacífico con América Norte mutuamente intensas, mais outra vez favorables aos asiáticos. Nesta descripción queda patente a primacía do comercio exterior da Europa Occ. cun valor de 1654 millardos de $ e unha capacidade productiva de bens de alto valor engadido, a capacidade adquisitiva do mercado norteamericano, a prol da súa divisa, coa metade do valor do asiático, 427 vs 807 millardos de $, malia o volume de tráfico de mercadorías, indicativa do tipo de mercadorías (prezos baixos pola explotación laboral).

Fronte a estas tres áreas económicas que hexemonizan o comercio internacional encontramos as áreas do Oriente Medio con as maiores reservas de hidrocarburos do mundo, Iberoamérica con producción agraria tropical de alto valor nos mercados e finalmente, África como productora de minerais. Este último es, como caso extremo, moi revelador do comercio desigual al mantener todos os fluxos de importanción con volumen superior ás exportacións ou dito forma o seu comercio en lugar de ser fonte de financiación do seu desenvolvemnento o é de endebedamento.

3.1.2.3.- DESENVOLVE UN BREVE COMENTARIO DO NOVO ESCENARIO XEOPOLÍTICO, dos factores explicativos da DESIGUALDADE entre os países e de INICIATIVAS DIRIXIDAS A CORREXILA. 1 PUNTO.

O mundo de hoxe é, en gran parte, o resultado do extraordinario desenvolvemento das novas tecnoloxías da información e da comunicación. O que caracteriza o fenómeno da globalización é que estas relacións na actualidade teñen unha cobertura mundial e unha intensidade descoñecida ao redor de Estados Unidos, a Unión Europea, Xapón e, recentemente, China. Estes países controlan a información e o coñecemento, concentran gran parte do capital, as finanzas mundiais e numerosas empresas, e teñen un gran poder político e de decisión.

Pola contra o sistema de economia de mercado resultou moi problemático para moitos outros países, periféricos ou colonizados, que viron aumentar a súa pobreza, a súa explotación e a súa dependencia. O volume comercial dos países menos desenvolvidos é moi escaso debido as características da súa produción (países de economía de subsistencia ou de monocultivos dos que apenas rendibilizan no mellor dos casos o 10% do seu valor fronte aos beneficios das empresas de producción de capital extranxeiro ou das multinacionais da distribución) e dos fluxos comerciais ás que non teñen acesso con as súas actuais redes de comunicación. A alternativa só pode vir do Comercio Xusto *

Deste xeito, as balanzas comerciais son estructuralmente deficitarias como reflictou á análise (exportan poucos bens a baixos prezos, mentres que importan produtos manufacturados a prezos elevados, procedentes do mundo desenvolvido). A súa vez, o déficit agrava o problema de débeda externa, a acumulación de xuros resultado dos empréstitos do Fondo Monetario Internacional (FMI) ou o Banco Mundial (BIRF), que chega a triplicar o valor dos mesmos e forza a barallar a condonación da débeda, máis tamén a perda de confianza no país das institución acreedoras.

comercio desigual BLOGUE

sepnose, novo escenario xeopolítico e a posición de España

5 Febreiro, 2015

POLUIÇAO 16

sepnose, contrastes e políticas rexionais de España

5 Febreiro, 2015

MAPA CONCEPTUAL (modificado) DO TEMA 15 E BLOQUE IV

Sin título