Archive for Xaneiro 2015

práctico ponderado para proba avaliatoria

21 Xaneiro, 2015

PAISAXE DAS ANCARES

COMENTARIO DE PAISAXES NATURAIS: OS ANCARES

CUESTIÓNS

DESCRIPTIVA DA OROGRAFÍA GALEGA: Principais unidades montañosas ordenadas altimétricamente. Valor 1

Tipo de imaxe ? E motivacións na elección dunha imaxe ?. Valor 1

Lectura da imaxe proposta, unha paisaxe de montaña, desde d.p.d.v. 2

Elixe os p.d.v. que xustificam a clasificación da paisaxe como análise do doc.

Desenvolve os p.d.v. elixidos para o comentario.

Na redacción do exercicio usa como fonte o texto infra e o tema 5 bloque 1

————————————

A imaxe corresponde a unha área das serras orientais galegas (vbgr., Ancares) que está situada ao leste da Comunidade e que posúe altitudes que rozan os 2000 metros, dificultando enormemente as comunicacións coa Meseta.

Desde o punto de vista xeotectónico formáronse durante a oroxénese alpina, na era terciaria, e desde o punto de vista litolóxico caracterizanse pola grande diversidade de materiais, con presencia de lousa, cuarcitas, calcarias e pequeñas áreas de dominio granítico. Desde o punto de vista morfoxenético trátase de serras que teñen un aspecto redondeado polo efecto do glaciarismo de macizo e de periglaciarismo nas pendientes durante os periodos fríos do cuaternario e á intensa acción erosiva dos ríos nas fases de interglaciarismo dando lugar a un relevo que se sintetiza nunha sucesión de vales e cumios coroadas fundamentalmente por crestas de cuarcita (erosión diferencial).

O seu dominio climático é o oceánico de montaña, con precipitacións medias anuais de 2.042 mm (a media altitude) e a temperatura media de 8 ºC (se ben a media das mínimas invernais pode rondar os 2 ºC baixo cero e os 4 ºC a media anual dos cumios), un promedio de 157 días libres de xeadas e frecuentes, e irregulares, precipitacións en forma de neve entre novembro e abril.

O espazo natural dos Ancares, compartido pola Comunidad Autónoma de Castilla e León (cerca de 56.000 ha da provincia de León) e do Principado de Asturias (Ibias), está drenado pola conca do río Navia, con múltiples afluentes (Rao, Ser, Cervantes) e subafluentes (Murias, Xunquiñas, Piornedo, Ortigal, Vara, Brego, Noceda).

O rango altitudinal vai dos 460 aos 1.935 m s.n.m., encontrándose unha boa parte do cordal suroriental alrededor ou por encima dos 1.800 m s.n.m. (Mostallar, Corno Maldito, Tres Bispos, Penarrubia). Pertence botanicamente á Rexión Eurosiberiana, provincia Atlántica-Europea, Subprovincia Orocantábrica e Sector Laciano-Ancarense. O subsector corolóxico correspondiente (Coureliano-Ancarense) é case exclusivo destas montañas surorientais de Lugo.

Arredor da metade da superficie do espazo natural está ocupada por diferentes tipos de sotobosque e monte baixo, que predominan en ladeiras de solana e nos cumios. A partires dos 1.700-1.800 m desaparece a vegetación arbórea, sustituida por formacións de breixo blanco, piornos, toxos xuntamente con diferentes pastizais asociados a solos esqueléticos e pedrizas. En vales de orixe glaciar desenvólvese a vexetación propia de zonas higroturbosas (brezais higrófilos, cervunais, etc.).

A vexetación arbórea é particularmente diversa (bosques mixtos), variando segundo a orientación dos montes e o gradiente altitudinal. Asociados á presencia de aldeas e aos cursos de áuga, nos fondos de vales e ladeiras baixas danse soutos de castaños, bosquetes de avelaneiros e arbolado ripario (vbgr., ameneiros, salgueiros).

A maior altura (ata uns 1.000 m de altitude) e en forte pendiente, predominan os robledais de roble meloxo nas vertentes de solana, alternando con brezais de Erica arborea, mentras que nas umbrías aparecen os bosques montanos máis extensos e variados, dominados por carballo e roble albar, acompañados de avelaneiras, roble meloxo, fresnos, arces, etc., con un sotobosque rico en arándanos, entre otras muchas especies.

Entre os 1.000 e os 1.800 m se encontran os acebais, algúns moi extensos, e os bidueiros, acompañados de teixos, con estratos arbustivos y herbáceos bastante densos.

Na parte septentrional del espacio natural (Murias-Rao), a escasa influencia mediterránea se fai notar na presencia de sobreira e madroño.

En conjunto, a masa arbórea autóctona é posiblemente a máis extensa e mellor conservada de Galicia, con as súas manifestacións máis importantes nos valles dos ríos Ortigal, Vara e Brego, anque tamén existen algunhas plantacións forestais de coníferas.

LIGAZON DE INTERESE:

http://www.vexetaciondegalicia.es/arbores.html 

BUSCAR NO HERBARIO:

ÁRBORES: Ripícolas e caducifolios (abeleiros, ameneiros, bidueiros, freixos). Caducifolios (carballos, castiñeiros, faias e sobreiras). Perennifolios (teixos, aciñeiras, piñeiros e eucaliptos); arbustos (salgueiros, acivros);

MATOS (arandeiras, breixos, piornos, toxos, xestas)

Advertisements

práctico ponderado para proba avaliatoria

21 Xaneiro, 2015

MAPA TEMATICO INCENDIOS FORESTAIS

 

MAPA TEMÁTICO: NÚMERO DE INCENDIOS FORESTAIS POR PROVINCIA

CUESTIONS:

EXERCICIO DE DESCRIPTIVA: Valor 1

Identificación de provincias e CCAA coas suas respectivas capitais

PRÁCTICO. VALOR 3 (TIPO DE IMAXE E ANALISE = 1/ COMENTARIO = 2 [CAUSAS =1/ CONSECUENCIAS = 2].

TIPO DE IMAXE:

Documento cartográfico, um mapa político-administrativo de España, concretamente provincial. Un mapa de figuras, concretamente un par de barras que segundo a súa cor diferencian os incendios inferiores dos maiores a 1 Ha. Un mapa temático baixo o título ou idea principal dos incendios forestais, concretamente acerca da localización, extensión e distribución do promedio anual de incendios forestais para o periodo 1995-2005.

ANÁLISE DO DOCUMENTO:

Unha simple observación crítica do documento permítenos constatar a xeneralización de incendios en todas as provincias con excepción do arquipélago canario, unha tendencia á intensificación dos incendios en perxuizo das provincias occidentais con un crecente número deles conforme ascendemos en latitude, maioría dos incendios menores dunha Ha nas provincias de litoral con excepción das provincias do litoral cantábrico e de varias de León-Castela. Esta distribución corresponderiase coas provincias con maior superficie de arbolado e con usos dos espazos de monte non restrinxidos únicamente a aproveitamentos forestais, senón tamén gandeiros; por outra parte, trátase de provincias que padecen desde décadas dumha migración das súas poboacións cara aos núcleos urbanos e costeiros dificultando así a limpeza preventiva das parcelas abandonadas.

COMENTARIO:

Un dos problemas ambientais máis graves que sofre o territorio español é o dos incendios forestais. Éstos afectan tanto a superficies arboladas (bosques e plantacións) como as non arboladas (matogueiras, pastizais e espartizais). As súas causas poden ser humanas (queima de rastroxos, mantenimento de pastos, neglixencias, intención delictiva…) ou naturais, como a caída de raios.

As rexións de clima mediterráneo son especialmente proclives aos incendios forestais. Nelas, gran parte da vexetación se seca durante o verán, como consecuencia das elevadas temperaturas e da aridez estival, convertíndose nun combustible fácil de incendiar; sen embargo, as provincias nas que arde unha maior superficie cada ano son as do noroeste peninsular, a pesar de ter un clima menos favorable ao lume e con frecuentes chuvias. Isto débese a que nestas zonas a mayor parte son incendios provocados. Os incendios das rexións do interior peninsular vense favorecidos tamén pola aridez e a evapotranspiración e acontecen xeneralmente en verán, mentras que os da área cantábrica son invernais e induzidos para favorecer o crecimento da herba dos pastos. En Galicia, a rexión máis castigada polo fume, coinciden ambos tipos de incendios.

O lume ademáis das consecuencias sociais e económicas que anualmente provoca coa morte de persoas, os danos no patrimonio natural e cultural e os costes das políticas de prevención e loita contra os incendios, produce graves impactos medioambientais; entre os máis importantes merecen citarse a morte dun grande número de animais, a destrucción da cuberta vexetal, o aumento do risco de erosión e de alteración no balance hídrico das concas nas que se produce e á larga a aparición da desertización especialmente a causa da perda de solo e dos solos máis fértis pola localicación dos nutrientes no horizonte mais superficial. Lembremos que baixo circunstancias naturais, leva 10 anos producir 1 milímetro de solo, e tan só un minuto destruilo; por outra parte, estamos perdendo solo fértil a un ritmo alarmante nun territorio como no caso galego caracterizado pola movida topografia e a escasa extensión das chairas nas que os cultivos compiten coa crecente demanda de habitación.

Asi pois, se as campanhas de repoboamento forestal são suficientes para fazer frente ao impacto ambiental dos incêndios distanciados no tempo, as políticas que se precisam para atacar a degradación do monte pasan pola implementación de proxectos de prazos largos na medida en que as solucións ainda estan en experimentación. Nos estamos a referir á recuperación de estratéxias do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, algunhas xa postas en práctica polas sociedades agrarias tradicionais; por exemplo, técnicas extensivas de protección e de recuperación do solo a posteriori da queima do monte, como a sistemática aplicación de palla ou a sembra de herbáceas nas hectáreas afectadas, previa á estación central das chuvias (mês de novembro) cando o solo está saturado de auga e se produce o arrastre de solo pola escorrentía.

LIGAZONS DE INTERESE:

Sobre incendios e causas

http://www.wwf.es/que_hacemos/bosques/problemas/incendios_forestales/

Videos de TVE2 e Informe Semanal

https://www.youtube.com/watch?v=QSB3k_X8kro

https://www.youtube.com/watch?v=WLqqp2upTt4

Ver Mapa temático de erosión, desertizacion e incendios forestais (No espazo e no tempo)

http://noespazoenotempo.webnode.es/tema-6-riscos-e-problemas-ambientais/practicos/mapas-de-erosion-desertizacion-e-incendios/