Urbanismo y ordenación del territorio en españa y galicia (sistema urbano 1 e 2), temas pau

URBANISMO E ORDENACIÓN DO TERRITORIO EN ESPAÑA E GALICIA /SISTEMA URBANO 1.

  • AXENTES SOCIAI.
  • PLANEAMENTO URBANO

As cidades son lugares onde se concentran a poboación e as súas actividades. Estas cidades desempeñan unha serie de funcións básicas e concentran servizos esenciais. Na cidade coinciden os intereses (ás veces enfrontados) de moi diferentes axentes urbanos. A tarefa dos concellos, a través do urbanismo e dos plans urbanísticos, é servir de marco para consensuar eses intereses diverxentes.

OS AXENTES SOCIAIS

Chamámoslles axentes sociais urbanos a todas aquelas persoas, grupos de cidadáns e institucións que interveñen, dunha forma ou doutra na creación e mais na reproducción de espazo urbano. Os principais axentes son:

Os propietarios urbanos de solo urbano

Cando os propietarios de solo optan por contruir edificios (vivendas, locais de servizos, naves industriais) convértense, ademáis, en promotores inmobiliarios dispostos a venderen e alugaren o solo e as edificacións. Habitualmente os propietarios do solo e os promotores inmobiliarios son persoas ou empresas moi poderosas e influentes que buscan facer o maior negocio posible a través da compra-venta de terreos e edificios especulando con eles.

Os empresarios

Os empresarios industriais e de servizos son outro tipo de axentes destacados na transformación das cidades, dado que buscan a mellor localización para as súas instalacións. Estes axentes urbanos crean postos e reclaman que a administración lles constrúa infraestruturas (accesos, equipamentos). Moitas fábricas antigas que estaban no centro das cidades, ao desprazaranse aos polígonos industriais das periferias ou simplemente ao clausuraren a súa actividade, deixaron grandes espazos mo centro urbano que adoitan ser vendidos e utilizados por outros axentes.

Os cidadáns

Uns axentes urbanos esenciais son os cidadáns, que buscan satisfacer as súas necesidades básicas: vivenda, transporte, educación, sanidade, lecer. Ademáis queren maximizar o seu benestar (vivir preto de parques, en lugares ben comunicados, con suficientes equipamentos e servizos) e minimizar os aspectos negativos que leva consigo vivir na cidade (a contaminación, a aglomeración, as distancias, o conflicto entre actividades).

Os cidadáns e cidadás poden expresar as súas opinións a título individual, pero poden chegar a ter máis forza cando se organizan en movementos sociais urbanos: asociacións de veciños que reclaman algún servizo ou equipamento, grupos de defensa de valores ecolóxicos ou grupos de presión como asociacións de comerciantes, sociedades profesionais, etc.

Os poderes públicos

Os concellos, pero tamén deputacións e gobernos autonómicos, son uns axentes máis de entre os que producen cidade e xogan un papel moi especial no desenvolvemento urbano. Estes que representan o conxunto dos habitantes e os intereses dos diferentes axentes sociais, deben ter un rol arbitral.

A través dos plans de urbanismo, os poderes públicos son os encargados de decidiren os usos que lle atribúen a cada unidade do solo e a orientación que se lle da á expansión da cidade. A administración pública decide sobre o solo, pero tamén sobre a estrutura e a morfoloxía urbana.

Os poderes públicos teñen capacidade para lexislar e planificar e encargáranse da organización social da cidade ao aseguraren o benestar colectivo (o ensino, a seguridade, a limpeza, etc) e ao actuaren como árbitros nos conflictos de intereses entre diversos axentes.

Conflictos entre axentes urbanos

Entre os intereses dos diversos axentes urbanos existe un conflicto latente. O conflicto esencial estriba entre os que buscan incrementar o valor de cambio dos solos e dos edificios (os propietarios e os promotores inmobiliarios) eso que defenden o valor de uso, os cidadán, que utilizan a cidade a través das escolas, dos hospitais, das instalacións deportivas, etc.

Este conflicto pode xerar a aparición de movementos sociais, como por exemplo, as asociacións veciñais ou os grupos de cidadáns que reclaman máis escolas e parques e mellores transportes, e de grupos de presión (gremios de empresarios e de promotores ou lobbies de bancos).

PLANEAMENTO URBANÍSTICO

O territorio, é unha realidade complexa sobre a que interveñen diferentes axentes (persoas, empresas, institucións) con intereses e presións determinados, polo que se fai imprescindible, ter que establecer algunhas regras que sirvan para impor unha misma orde. De aí a necesidade da ordenación do territorio urbano que, no ámbito das cidades é o urbanismo.

O planeamento urbanístico ordena a forma en que deben desenvolverse as cidades, establecendo a distribución dos diferentes usos do solo. Desta forma, trátase de evitar o crecemento incontrolado das áreas urbanas. Concrétase nunha serie de plans, que deben referirse á cidade no seu conxunto ou a determinados barrios en particular.

Obxectivos do urbanismo

O urbanismo e mais a ordenación do territorio son o conxunto de procedementos técnicos e políticos que teñen por obxecto porlle orde ao desenvolvemento urbano, dunha vila ou dunha cidade. Preténdese así corrixir os déficits e os conflictos existentes, ao menos tempo que planificar; isto é prever e orientar a evolución futura da cidade, dando as pautas necesarias para un uso racional, equilibrado e xusto do solo urbano.

Os plans urbanísticos

En España os plans urbanísticos son un documento técnico que ten unha dimensión política e legal, xa que nel se concentran todas as disposicións e propostas relacionadas co crecemento e evolución da cidade. Nos plans urbanísticos formúlanse cales deben ser os lugares, as pautas e os ritmos de expansión da cidade; así como os procedementos para renovar os barrios xa construidos, modernizandoos ou resolvendo os problemas herdados.

Nos plans urbanísticos teñen moita importancia os transportes públicos e o desenvolvemento da viabilidade do tránsito privado: hai que pensar por onde deben circular os vehículos, as dimensións das rúas e avenidas e, especialmente, planificar o futuro dos transportes xa que a construcción das súas infraestruturas (metro, aeroportos, estacións de ferrocarril) require investimentos complexos, custosos e cunha previsión a longo prazo (cfr., PEIT). Tamén deben prever o fornecemento de servizos e de equipamentos (escolas, aparcadoiros, zonas verdes, auga potable, gas electricidade, recollida de residuos, etc.) en función da poboación que han de ocupar os novos barrios que se proxectan. Inclúen a normativa e ordenanzas de edificabilidade, os estándares de habilitabilidade das casas e do número mínimo e máximo de habitantes por cada equipamento, a altura e máis a tipoloxía dos edificios, separación de usos e funcións, etc.

O Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) é o instrumento que ordena o crecemento da cidade no seu conxunto. Tradicionalmente, eran elaborados por técnicos, sen contar apenas coa opinión pública; pero nas últimas décadas fóronse abrindo cada vez máis á participación cidadá. O PXOU establece a clasificación do solo do municipio en tres categorías:

– Solo urbano: é o solo xa construido, xa urbanizado e que conta con rúas trazadas e con subministración de auga, electricidade, rede de sumidoiros, etc. É a parte da cidade que vemos edificada ou ben que xa dispón de todo o necesario para que poda contruir nela.

– Solo urbanizable: son os terreos que nun futuro máis ou menos inmediato poderán ser urbanizados e construidos ata conformaren solo urbano e, deste xeito, seren considerados parte da cidade.

– Solo non urbanizable: trátase do solo que nunca poderá ser urbanizado, nin edificado baixo ningún concepto, xa sexa porque se trata de zonas protexidas polos seus valores ambientais, paisaxísticos, históricos, culturais, etc., ou ben porque son áreas que sofren riscos potenciais ou por outras razóns de beneficio colectivo.

Os Plans Especiais de Reforma Interior (PERI) ocúpanse da remodelación de barrios xa consolidados e que requiren un tratamento específico; por exemplo, polo seu especial valor histórico ou polas precarias condicións en que se desenvolveron.

TOMADO DE: No espazo e no tempo.

http://noespazoenotempo.webnode.es/calendario-de-eventos/o-sistema-urbano/temas/

LIGAZÓN DE INTERESE, VIDEO:

CONFERENCIA DE VILA VALENTI:

https://www.youtube.com/watch?v=ajUEbeV-2BU

PRESENTACION PPT:

http://es.slideshare.net/Robertobg/plan-general-de-ordenacin-urbanstica-galicia

http://es.slideshare.net/geopress/problemtica-de-la-vida-en-las-ciudades-espaolas

URBANISMO E ORDENACION TERRITORIAL.CMAPS.cmap

TEMA ALTERNATIVO : 

URBANISMO E ORDENACIÓN DO TERRITORIO EN ESPAÑA E GALICIA

Actualmente a produción e ordenación do espacio urbano e a solución dos problemas das cidades abórdanse mediante políticas urbanísticas, dentro das políticas globais de ordenación do territorio.

1. A PRODUCCIÓN DO ESPACIO URBANO.

Na creación do espacio urbano interveñen diversos axentes sociais:

– Os propietarios do solo: pretenden que o crecemento urbano se dirixa cara aos seus terreos para beneficiarse da revalorización que supón a conversión do solo rural en urbano.

– Os promotores e inmobiliarias: tratan de crear solo urbano e de logar a maior edificabilidade posible.

– Os empresarios industriais: entran en conflito cos propietarios do solo, que prefiren dedicalo a usos residenciais, e coa cidadanía, que sofre os inconvintes da industria.

– A cidadanía: organízase en asociación para defender os seus intereses, conseguir vivendas, equipamentos e servicios.

– Os poderes públicos: interveñen a través da planificación urbana e a resolución dos conflitos entre os axentes sociais.

2.A PLANIFICACIÓN URBANA: O URBANISMO

Da ordenación do espacio urbano encárgase o urbanismo. Este ten unha dimensión teórica e outra práctica, o planeamento urbano. Este último inclúe a totalidade do termo municipal, é dicir, o solo rústico e urbano, e ten como fin proxectar novos espacios para o futuro crecemento e transformar os existentes en función das demandas sociais de cada momento histórico. No planeamento urbano en España podemos distinguir tres etapas.

a) Os inicios do urbanismo (2ª metade do século XIX)

Os primeiros intentos de planificación urbana corresponden a segunda metade do século XIX, cando o crecemento urbano rebordou as murallas da cidade preindustrial. Sen embargo, as principais actuacións efectuaronse tan só nos espacios ocupados pola burguesía ( certas zonas do casco antigo e nos ensanches ). As máis destacadas foron as seguintes:

– A regularización do plano; estableceronse planos xeométricos para dirixir a expansión urbana, plans de aliñación de rúas ( que establecína que o seu trazado debía ser recto e ter unha determinada anchura para o tráfico ) e ordenanzas sobre os quinteiros (que debían ser rectangulares con patios regulares )

Plans de saneamento: construccións de redes de sumidoiros, abastecemento de augas, limpeza das rúas e a recollida do lixo.

– A mellora dos servicios e equipamentos urbanos, coa creación de parques públicos, tranvías, iluminación, pavimentación…

b) O urbanismo entre 1900-1975.

Durante o primeiro tercio do século XIX continuaron as actuacións anteriores. Posteriormente poderíamos diferenciar:

b.1. Na época da autarquía franquista ( 1939-1960 ): a planificación centrouse en tres obxectivos.

– A reconstrución das cidades tralos destrozos causados pola guerra.

– Elaboración de leis sobre a vivenda (vivendas protexidas, vivendas sociais, arrendamentos urbanos)

– A organización do crecemento urbano para ramatar co caos urbanístico e a especulación. Para iso, a Lei do Solo e Ordenación Urbana ( 1956 ) establecía unha planificación xerarquizada: a escala nacional ( Plan de Urbanismo ),  a escala provincial e para cada área urbana concreta. Os que tiveron máis aplicación foron os últimos, os plans xerais de ordenación urbana que dividían as cidades en zonas con funcións distintas ( administrativa, residencial, industrial ) e fixaban para cada unha os equipamentos e os servicios necesarios; aínda que na maioría dos casos as realizacións prácticas alonxáronse dos obxectivos iniciais.

b.2.Na época do desenvolvemento ( 1960-1975 ): mantívose a Lei do Solo e a tendencia zonificadora, pero non se logrou evitar que xurdira toda unha serie de problemas nas cidades:

– Problemas de vivendas. A iniciativa privada actuou especulativamente e conseguiu autorización para aumentar as alturas permitidas e a edificabilidade, a costa de non deixar a penas espacios para equipamentos e zonas verdes. Ademais non se esixiu unha calidade mínima de construción, o que causou a rápida deteriorización de moitos espacios e inmobles.

– Elimináronse elementos valiosos do patrimonio histórico-artístico.

– Apareceron novos problemas ambientais. A contaminación atmosférica e das augas e a conxestión urbana. En 1970, para loitar contra o crecemento desordenado e espectacular de moitas cidades creáronse polígonos de desconxestión nas principais vías de acceso, que debían ter unha densidade menor ca cidade central. Non obstante, dada a densidade autorizada inicial, esta foi crecendo sen límites.

c) Á época actual

O urbanismo actual presenta os seguintes trazos.

As comunidades autónomas adquiriron competencias sobre ordenación do territorio, urbanismo e vivenda. A súa lexislación sobre estes temas debe ser seguida polos concellos, a quenes lles corresponde o planeamento urbanístico dos seus municipios, mediante diversos instrumentos de planificación. O Plan Xeral de Ordenación Urbana e Municipal ( PXOUM ) é o instrumento básico para a ordenación urbanística integral dun municipio. Proxecta o desenvolvemento urbano para certo número de anos: os usos do solo de cada zona, a clasificación dos terreos ( urbano/urbanizable/ non urbanizable ), a edificación ou a densidade edificatoria permitida, a rede viaria, os equipamentos, e as medidas de protección ambinetal. Os plans parciais concretan o PXOUM para cada área urbana e os plans especiais ordenan aspectos específicos, como as áreas baldeiras, as degradadas, a zona vella etc

– Desde 1980 a democratización esténdese ó urbanismo e reflíctese na crecente participación dos cidadáns na planificación urbana e na tendencia desta a paliar a deficiencias herdadas.

– Desde a década de 1990 o urbanismo reflicte o desexo dalgunhas cidades en crise en buscar alternativas e a crecente competencia entre cidades para atraer investimentos, propia do actual capitalismo neoliberal e da globalización. O resultado é que nas cidades elabóranse plans estrátexicos de promoción que tratan de desenvolver todas as súas potencialidades, co fin de resultar atractivas para atraer investimentos, especialmente os relacionados co turismoe a cultura.

CONCLUSIÓN: para que todas estas actuacións individuais non incidan negativamente sobre o conxunto da cidade, é necesario que o planeamento urbano persiga un mellor planeamento de conxunto e se integre na política global de ordenación do territorio.

As cidades do futuro se enfrontan a retos xigantes e que van a obrigar ás distintas adminsitracións a tomar unha serie de medidas que traten, cando menos de palialos. Esas cidades deberán ter en conta algún dos seguintes aspectos

a) Respetar o patrimonio histórico-artístico e rehabilitalo como fonte de goce e disfrute cultural e turístico.

b) Reducir as distancias urbanas mediante a racionalización do transporte público e a construcción de novas e modernas vías de transporte e comunicación.

c) Usar racionalmente o solo urbano ampliando as superficies verdes e axardinadas, os lugares de ocio…

d) Distribuir dun xeito planificado as distintas unidades que integran á cidade: centros de negocios, barrios obreiros, zonas residenciais, áreas de servicios etc…

TOMADO DE:

https://docs.google.com/document/d/1sUumuXccsY5X-XwaZaKDjEUafgXuAlM30-rrwlln-MY/edit?pli=1

TRANSFORMACIONES RECENTES NA ESTRUTURA DAS CIDADES/ SISTEMA URBANO 2.

  • Cidade difusa.
  • Os cambios no centro urbano.
  • Cambios de uso no solo urbano.

Debido á dilatada historia da maior parte das cidades españolas, estas posúen elementos de épocas moi distintas, que lles confiren as súas diferentes zonas un carácter diverso: o centro histórico, cos seus monumentos e rúas estreitas e tortuosas; os ensanches, de trazado regular; os arrabaldes, de crecemento desordenado; os desenvolvementos urbanos densos, en edificación aberta; e as novas periferias, cada vez máis dispersas e fragmentadas.

As distintas partes da cidade conéctanse entre si a través dos sistemas de transporte urbano, utilizados pola poboación para a realización diaria de actividades. A cidade é un organismo en constante evolución; transfórmase constantemente, non só polo seu crecemento cara o exterior, senón tamén polos procesos de reestruturación que teñen lugar no seu interior. As áreas urbanas expándese en superficie como nunca antes o fixeran, coa creación de novos espazos residenciais e áreas de actividade económica.

Os crecementos non sempre se producen nos bordos do espazo xa edificado, senón que, con frecuencia, os novos centros comerciais, parques empresariais ou urbanizacións se constrúen en lugares cuxos arredores non presentan ningunha outra edificación. Neste sentido, fálase dun proceso de fragmentación do espazo urbano, xa que este se presenta como un conxunto de espazos aillados e conectados entre si por autovías e estradas.

CIDADE DIFUSA

Nos últimos anos producíronse decisivos cambios na morfoloxía urbana. O modelo de cidade mediterránea, compacta, foise sustituindo polo tipo de cidade difusa de modelo anglosaxón.

A cidade difusa ou dispersa esténdese horizontalmente e está separada en áreas especializadas e monofuncionais: zonas residenciais (diferenciadas por presos e clases sociais), áreas comerciais, zonas de lecer, centro de ensino, universidades, barrios administrativos e de oficinas…Ademáis disminúe aquilo que é propio da cidade: o contacto humano, os intercambios e a sociabilidade.

Trátase dunha zona urbana caracterizada pola mestura de usos e de funcións con tendencia a ocupar un territorio moi extenso. A dispersión ou espallamento urbano implicou unha aceleración na ocupación do espazo, xa que os modelos de urbanismo suburbano son altamente consumidores de solo; tamén implicou unha exarcebación da mobilidade individual: as viaxes pendulares cotiás (por motivos de traballo, estudo ou lecer) aumentaron en número e distancia xa que o ambito de relación pasou a ser o da escala rexional metropolitana.

OS CAMBIOS NO CENTRO URBANO (DEGRADACIÓN VS REHABILITACION)

A partir da 2ª metade do s.XIX, os centros históricos de moitas cidades españolas comezaron a sufrir unha progresiva deterioración e abandono; en efecto, coa construcción dos ensanches, as clases altas encetaron a deixar os centros históricos e despois tamén o fixeron outros grupos sociais.

Desde mediados do s.XX, intensificouse a perda de poboación nestas zonas. A maior parte dos que permaneceron eran anciáns con baixos niveis de renda, polo que o centro experimentou un proceso de envellecemento e empobrecemento. Todo isto reflectiuse nunha deterioración urbana, xa que moitas vivendas quedaron baleiras e noutras non se realizaron as obras necesarias de mantenemento e renovación.

Ao mesmo tempo a actividade económica tamén se foi desprazando cara os ensanches, onde se podía dispoñer de edificiós máis amplos e modernos para instalar os negocios. O centro histórico só foi capaz de reter algúns centros administrativos e eclesiásticos instalados en edificios monumentais, así como os comercios tradicionais; pero, gran parte do emprego trasladouse a outras zonas.

Ao longo das últimas décadas (especialmente, a partir dos anos oitenta do século pasado), as tendencias anteriores víronse, en parte compensadas por procesos de revitalización destas zonas debido a:

– Políticas públicas de conservación e revitalización. As administracións públicas investiron cuantiosas sumas na rehabilitación dos edificios e na mellora dos espazos públicos, rúas e prazas. Ademáis, deron un novo uso a vellos monumentos, convertendoos , por exemplo, en edificipos administrativos ou universitarios, e dinamizando así a vida dos centros históricos.

– Desenvolvemento do turismo cultural. Nos últimos anos produciuse en toda Europa unha auténtica explosión do turismo urbano, particularmente do denominado turismo cultural que potenciou a rehabilitación dos centros históricos españois, mediante a restauración de edificios e a peatonalización de rúas e prazas. No interior dalgunhas cidades están atraendo poboación nova e de maior niovel de renda, o que contribúe a conservar os edificios residenciais e dinamizar estas zonas.

– Cambio de actitude da poboación local. A poboación local tamén cambiou a súa valoración sobre o centro histórico, xa que en lugar de percibilo como un espazo deteriorado, comeza agora a velo como unha área de oportunidades económicas e tamén como un lugar agradable para vivir. Así, os centros dalgunhas cidades están atraendo poboación nova e de maior nivel de renda, o que contribúe a conservar os edificios residenciais e revitalizar estas zonas.

Pese a esta transformación dos centros históricos nos últimos anos, aínda subsisten algúns problemas; especialmente algúns barrios onde, ao envellecemento da poboación e o baixo nivel de renda, se unen a marxinación social e a conformación de áreas cunha forte concentración de inmigrantes, o que dificulta a integración no conxunto da sociedade.

CAMBIOS NO USO DO SOLO URBANO

Os usos do solo son as diferentes utilizacións do espazo urbano: comercial e de negocios, residencial, industrial, de equipamento, etc.

Na cidade preindustrial (dende a súa orixe ata mediados do s.XIX) o casco antigo era a parte da cidade urbanizada. Ocupaba unha pequena superficie da cidade actual; pero, ten un gran valor polo legado cultural que contén. Nesta época os usos do solo eran moi diversos (multifuncionalidade).

A cidade preindustrial sufríu notables modificacións como resultado dos procesos de industrialización desde mediados do s. XIX ata a década de 1960. Os usos do solo no casco antigo experimentaron unha progresiva tercerización, que consolidará ao casco antigo como o centro comercial e de negocios da cidade (CBD). O resultado foi, como citamos no punto anterior, o desprazamento dos usos residenciais e a deterioración dos edificos pola contaminación e polas vibracións do tráfico.

As cidades que nesta época implantaron industrias modernas atraeron unha numerosa poboación campesiña e estendéronse creando ensanches para os burgueses, barrios industriais e obreiros, e barrios axardinados. Nos usos do solo acabou producíndose unha división social entre unha área residencial e cara para a burguesía e as zonas industriais e os barrios marxinais -con escasos servizos e equipamentos- para o proletariado que creceron arredor do ensanche, ao longo das estrada e camiños que partían da cidade ou xunto ás industrias e ás estacións ferroviarias.

Os barrios-xardín creáronse a finais do s. XIX e no primeiro terzo do s. XX. Son o resultado da difusión en España das ideas naturalistas, que propugnaban o achegamento á natureza. Tratábase, en principios de vivendas destinadas ás clases medias e baixas, se ben co tempo tamén as clases altas demandaron este tipo de espazos. Co posterior crecemento da cidade, estes espazos quedaron situados en zonas relativamente céntricas, o que favoreceu a súa revalorización e, en bastantes casos, o seu cambio de uso, xa que numerosas casas foron ocupadas por pequenos negocios; por exemplo gardarías ou clínicas privadas.

Desde mediados do 1950 e sobre todo na década de 1960, as principais cidades españolas iniciaron un enorme crecemento. As súas causas foron o crecemento natural da poboación e a inmigración campesiña, atraida polo auxe industrial e o progresivo desenvolvemento dos servizos, especialmente do turismo. Así, as cidades ampliaron considerablemente a área edificada e crearon extensas periferias ao longo dos principais eixes de transporte. Estas áreas chegaron a unirse ás veces cos municipios veciños, constituindo aglomeracións urbanas (cfr., Modelo urabano de Ullman).

Na actualidade – época postindustrial– co crecemento urbano algunhas zonas industriais e barrios obreiros quedaron nunha posición máis céntrica no espazo urbano, o que revalorizou o solo que ocupan, dando lugar a diversas transformacións deste espazo (baleirado industrial e aparición de usos terciarios e residenciais). Pola contra, os espazos menos accesibles e desorganizados mantéñense como espazos marxinais cuxa deterioración se acentúa.

Nos últimos anos as grandes cidades teñen un ritmo de crecemento menor; pero, continúan estendéndose no espazo, debido á difusión de parte da súa poboación e da actividade económica cara as periferias cada vez máis afastadas. Estas periferias estrutúranse en diferentes áreas: barrios residenciais, áreas industriais e áreas de equipamento:

– Os barrios residenciais da periferia responden a diversas tipoloxías e presentan bastante homoxeneidade social derivada do prezo do solo e da distancia do centro:

a) Os barrios marxinais de infravivencia ou choupanas xorden sobre solo ilegal, rústico ou verde, e sen organización urbanística. As vivendas son autoconstruidas con materiais de refugallo e carecen de servizos elementais.

b) Os barrios de vivendas de protección oficial constituidos con axuda estatal e con limitacións nos prezos de venda ou de aluguer. Na maioría dos casos, formaron barrios de trama aberta con vivendas en bloques, caracterizados pola monotonía, a baixa calidade constructiva, que motivou o seu envellecemento prematuro, e graves carencias en equipamentos e servizos.

c) Os polígonos de vivendas de promocion privada adoptaron trama aberta en bloques ou torres con amplos espazos entre as vivendas para xardíns ou aparcamentos. Os edificios xeométricos, creadores dunha paisaxe monótona, deron a estes barrios a imaxe decolmea. O uso destes polígonos foi sobre todo residencial; os comercios e as dotacións de barrio concentráronse en certas zonas.

d) Os barrios de quinteiro pechado rexurdiron nas décadas de 1980 e de 1990, como forma de recuperar en altura a escala humana e a organización das rúas. Teñen menor densidade e danlle un uso colectivo ao patio, ben privado (xardíns xogos infantís, piscina), ou ben público (prazas).

e) As áreas de vivenda unifamiliar proliferan na periferia a partir da década de 1980, favorecidas polo desexo da clase media de contacto coa natureza e polo uso do automóbil. Presentan un uso do solo fundamentalmente residencial. Nalgúns casos xurden zonas residenciais exclusivas, construidas con capital privado, separadas do resto da cidade por muros e valos, con gardas de seguridade que controlan o seu acceso ás persoas que non residen nelas.

As áreas industriais localízanse xunto ás principais vías de acceso á cidade, buscando a proximidade urbana e solo abundante a prezo asumible. Estas áreas inclúen polígonos industriais das décadas de 1950 e 1960, ben planificados ou desorganizados, que nalgúns casos se rehabilitaron para acoller novas empresas. Tamén inclúen espazos industriais novos, como parques industriais e tecnolóxicos, en áreas de gran calidade ambiental; ou polígonos de naves acaroadas destinadas a empresas con menos recursos.

As áreas de equipamento son froito da actual descentralización das actividades económicas cara á periferia urbana. As máis frecuentes son grandes superficies comerciais, centros escolares, sanitarios e administrativos e outros servizos.

TOMADO DE: No espazo e no tempo

http://noespazoenotempo.webnode.es/calendario-de-eventos/o-sistema-urbano/temas/

LIGAZÓN DE INTERESE, VIDEO:

https://www.youtube.com/watch?v=lJB8PZgdDpQ

PRESENTACIÓNS PPT

http://es.slideshare.net/JoseAntonioCamposArroyo/estructura-urbana-13281612

http://es.slideshare.net/marijeaguillo/la-ciudad-proceaso-urbanizador-y-la-estructura-urbana

TRANSFORMACIÓN NA ESTRUTURA URBANA.cmaps.cmap

TEMA ALTERNATIVO EN ESPAÑOL: 

LA EVOLUCIÓN DE LA CIUDAD EN ESPAÑA: morfología y estructura urbana

INTRODUCCIÓN

El proceso de urbanización en España viene de lejos. Se remonta a la colonización griega y fenicia (etapa preindustrial), momento en el cual podemos hablar de las primeras ciudades en España. A estas siguieron las ciudades romanas y durante la Edad Media las ciudades continuaron proliferando, tanto en territorio musulmán como cristiano. Durante toda la edad moderna las ciudades españolas continuaron creciendo, sobre todo durante los siglos XVI y XVIII, mientras que el siglo XVII fue un período de estancamiento para el urbanismo. Pero sería a partir del S. XIX (etapa industrial), con la llegada de la industrialización, cuando las ciudades comenzaran a crecer como nunca lo habían hecho. Su crecimiento fue ininterrumpido desde mediados del S.XIX hasta la actualidad (salvo en el período de la Guerra Civil y la posguerra). No obstante desde 1975 (etapa postindustrial) se observa que el ritmo de crecimiento urbano ha descendido (sobre todo de las ciudades mayores).

  1. 1.      LA MORFOLOGÍA URBANA

La morfología es el aspecto que presenta la ciudad. Está influida por varios aspectos:

a)      El emplazamiento: es el espacio concreto sobre el que se asienta la ciudad. Dependerá de la función para la que se creó la ciudad (defensivo, comercial…)

b)      La situación: es la posición relativa de la ciudad respecto a un entorno geográfico amplio. Tiene que ver con la función de esa ciudad con su entorno.

c)      El plano. Es el conjunto formado por las superficies construidas y libres de la ciudad. Se distinguen tres tipos de planos: el irregular (calles estrechas, tortuosa sin forma definida), el radiocéntrico (tiene un centro del que parten calles radiales, cortadas por otras que forman anillos en torno al centro, pudiendo ser regular o irregular) y el ortogonal, en cuadrícula o damero (con calles que se cortan en ángulo recto).

d)     La construcción. Incluye la trama urbana, es decir la disposición de los edificios, que puede ser cerrada (edificios juntos) o abierta (edificios con amplios espacios entre sí) y la edificación, que puede ser colectiva o individual.

e)      Los usos del suelo: son las diversas utilizaciones que se hacen del espacio urbano (residencial, negocios, industrial…)

  1. 2.      LA ESTRUCTURA URBANA

Se llama estructura urbana a la división de la ciudad en áreas con morfología y funciones propias. La ciudad española, por su largo proceso de urbanización, tiene una estructura compleja. Pero generalmente en todas las ciudades podemos diferenciar tres zonas (casco antiguo, ensanche y periferia) y en otras, además, aglomeraciones urbanas.

2.1.LA CIUDAD PREINDUSTRIAL: EL CASCO ANTIGUO.

Es la parte de la ciudad urbanizada desde su origen hasta la industrialización del S.XIX. Ha pasado por varias etapas.

– El casco antiguo en la época preindustrial

De forma genérica, casi todos los cascos antiguos de esta época tenían un plano irregular, aunque también las había lineales o en cuadrícula. Su trama urbana era cerrada y la edificación de casas unifamiliares. Los usos del suelo eran diversos (viviendas, talleres, comercios…). Socialmente, en los lugares centrales vivían las élites de la ciudad, mientras que los trabajadores se alojaban en la periferia. No obstante cada civilización o período histórico trajo consigo diferenciaciones. Así las ciudades romanas se organizaban en damero, con calles rectas (cardo y decumanus que confluyen en el foro). Las ciudades musulmanas estaban amuralladas, su plano era irregular, con una zona central, la medina, donde se hallaban los edificios principales. La ciudad cristiana, también estaba amurallada, pero sus planos eran más variados.

– El casco antiguo en la época industrial

En esta etapa el casco antiguo sufrió numerosas modificaciones. Por ejemplo, en cuanto al plano, en la primera mitad del S.XIX, se ensancharon calles y plazas, con trazados más rectilíneos. En la segunda mitad del S.XIX y primer tercio del S.XX las reformas buscaron el saneamiento del suelo mediante la construcción de grandes vías (Gran Vía de Madrid), calles amplias con edificios majestuosos, donde se instalaron funciones terciarias. La trama se densificó y la edificación se verticalizó y se emplearon en ella nuevos materiales industriales (hierro y cristal). En la década de los 60 se sustituyeron edificios antiguos por otros de mayor altura, volumen y precio que no entonaban con la edificación tradicional. El uso del suelo experimentó una progresiva terciarización, como centro comercial y de negocios. Socialmente, en el S. XIX la burguesía se apropió de los espacios más valorados, hasta que más tarde se trasladaron a los ensanches urbanos, con lo que algunos barrios del casco antiguo quedaron ocupados por grupos sociales bajos y sufrieron gran deterioro a lo largo del S.XX.

– Las transformaciones actuales en el casco antiguo

En la época postindustrial (desde 1975) se inician políticas de rehabilitación integrada en el casco antiguo. En el plano se peatonalizan las calles, se ensanchan y ajardinan plazas. También se conceden ayudas de rehabilitación de viviendas. Los usos del suelo varían entre el uso residencial y el turístico, principalmente (también comercio).

2.2.LA CIUDAD INDUSTRIAL: EL ENSANCHE URBANO.

Entre mediados del S. XIX y el primer tercio del S. XX, la industria atrajo población rural a las ciudades industriales, ocasionando su expansión. Podemos distinguir varias zonas.

– El ensanche burgués

Fue la parte de la ciudad que surgió de acuerdo con los intereses de la burguesía. Era un espacio nuevo, situado más allá de las murallas. Su plano era regular en cuadrícula, con calles rectilíneas y más anchas. La edificación era variada (villas, inmuebles medianos) y el uso predominante fue residencial burgués.  Los primeros ensanches fueron los de Barcelona (Cerdá) y el de Madrid (C. María de Castro).

Con el paso del tiempo en los ensanches la trama se densificó y la edificación se verticalizó, sobre todo desde 1960. Los usos del suelo empezaron a ser más terciarios.

– Los barrios obreros e industriales del extrarradio

En el S. XIX se crearon zonas industriales y barrios marginales para el proletariado. Las instalaciones industriales se establecieron en la periferia urbana, junto a los principales caminos que conducían a la ciudad o junto a las estaciones de ferrocarril. Además, los trabajadores que emigraron a las ciudades industriales encontraron acogida en barrios obreros marginales, surgidos en el extrarradio o junto a las industrias y estaciones de ferrocarril. Su plano era muy diverso, su trama densa y la edificación se componía de viviendas de escasa dimensión y calidad (unifamiliares o pisos). En los usos del suelo se entremezclaron las residencias obreras con industrias, talleres, etc.

Actualmente tanto los barrios proletarios como los industriales, en muchos casos, han quedado incorporados a la ciudad. Los más próximos se han revalorizado y remodelado (las industrias han vendido su suelo), mientras que otros siguen siendo barrios marginales.

– Los barrios ajardinados

Fueron creados a finales del S. XIX y en el primer tercio del S. XX, como resultado de las ideas del momento de acercamiento a la naturaleza. En España destacan dos modelos:

a)      Siguiendo el modelo de la ciudad jardín británica (barrios de viviendas unifamiliares con  dirigidas al proletariado o clases medias), en España al amparo de la legislación de Casas Baratas (1911 y 1922) surgieron barrios obreros de casas baratas, monótonas y con pequeños jardines, aunque posteriormente se orientaron hacia las clases medias (era más rentable).

b)      La Ciudad Lineal de Arturo Soria, en Madrid, que se concibió como una gran calle de 40 metros de anchura, con manzanas de casas unifamiliares con huerto y jardín. Por esa calle discurrían los servicios básicos (agua, alcantarillas, electricidad) y el transporte (tranvía). Sólo se llevo a la práctica en una pequeña parte.

2.3.PERIFERIA ACTUAL Y RECIENTES TRANSFORMACIONES URBANAS

Desde la década de los sesenta, las ciudades españolas crecieron enormemente (por el aumento demográfico y el desarrollo de la industria y servicios en ellas). Las áreas edificadas se ampliaron, creándose extensas periferias urbanas.

– Los barrios residenciales de la periferia

Hay varios tipos:

a)      Barrios marginales chabolistas, sobre suelo ilegal y sin organización urbanística. Su mayores dimensiones se dieron en los años 50, por el éxodo rural.

b)      Barrios de viviendas de promoción oficial, se dieron fundamentalmente entre 1940 y 1960. Se crearon unas 400.000 viviendas con ayuda estatal. Eran casas de baja calidad, que han tenido que ir rehabilitándose.

c)      Polígonos de vivienda de promoción privada (desde 1960), de trama abierta, con bloques con espacios entre las viviendas para jardines o aparcamientos. Su uso fue fundamentalmente residencial.

d)     La manzana cerrada, que resurgió en los 80, aunque con menor densidad, con patio (privado o público).

e)      Áreas de vivienda unifamiliar (desde los 80). Su trama es abierta, la edificación individual, en viviendas exentas o adosadas. El uso del suelo es residencial y suele estar ocupado por clases medias.

– Áreas industriales y de equipamiento de la periferia

Se localizan en la periferia, junto a las principales vías de acceso a la ciudad, donde el suelo es más barato.

a)      Las áreas industriales de los años 50 que producían un impacto negativo sobre el entorno (ambiental, atascos…) han sido, en muchos casos, rehabilitados para nuevas implantaciones industriales. En la actualidad se están creando nuevos espacios industriales (parques empresariales y tecnológicos) de gran calidad.

b)      Las áreas de equipamiento más frecuentes son las grandes superficies comerciales, infraestructuras sanitarias, académicas (universidades)…

2.4. LAS AGLOMERACIONES URBANAS

Algunas ciudades han crecido hasta conectar con otros núcleos de población, creándose así diferentes tipos de aglomeraciones urbanas:

– El área metropolitana                                                                    

Es una gran extensión urbana que rodea a una ciudad importante y abarca administrativamente a varios municipios, entre los que existen importantes relaciones económicas y sociales. Está presidida por una ciudad importante (ciudad central) y la red de comunicaciones es esencial para garantizar las relaciones entre los núcleos que la forman. Son zonas de gran variedad de clases sociales y predominio de población joven. Su estructura espacial puede ser en coronas concéntricas en torno al núcleo central o sectorial o radial.

– La conurbación       

Es un área urbana continua formada por el crecimiento paralelo de dos o más ciudades hasta unirse. Cada ciudad mantiene su independencia administrativa. (Ej.: Málaga-Marbella)

– La región urbana                                       

Es un área discontinua, integrada por ciudades dispersas. No obstante todo el territorio presenta características urbanas.

– La megalópolis

Surge cuando la urbanización alcanza escala suprarregional. Está constituida por diversos elementos urbanos (áreas metropolitanas, conurbaciones, regiones urbanas, pequeñas ciudades) con funciones distintas y que forman una red urbana discontinua, pero sin fracturas importantes. En España puede considerarse megalópolis el eje mediterráneo, desde la frontera francesa hasta Cartagena.

TOMADO DE: www.beatrizdesuabia.com/…/TEMA_10_Bach.doc

LIGAZÓN DE INTERESE

http://98.red-80-59-24.staticip.rima tde.net/Joomla/IES/Departamentos/AngelLuis/TEMA10Geo.pdf

TRAMAS URBANAS A TRAVÉS DE GOOGLE EARTH

http://www.ub.edu/geocrit/aracne/araFcne-101.htm

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: