Archive for Xaneiro 2013

cambios e permanencias no sector primario; contidos temáticos ppau

28 Xaneiro, 2013

BLOQUE II.- TERRITORIO E ACTIVIDADES ECONÓMICA

1.- CAMBIOS E PERMANENCIAS NO SECTOR PRIMARIO

TEMA: USOS DO SOLO E A SÚA DISTRIBUCIÓN: TIPOS E FACTORES EXPLICATIVOS

EVOLUCIÓN DO TERCIARIO E PRODUCCION AGRARIA HOXE

Ata o século XIX, todos os países mantiñan un predominio do sector primario (o que inclúe as actividades agrarias e outras ligadas á extracción de recursos naturais, como a pesa e a explotación forestal), e boa parte da súa poboación activa dedicábase a obter alimentos e outros bens de primeira necesidade. Só entón, algúns países iniciaron un proceso de industrialización, que fixo que o sector secundario se convertese no máis importante dentro do seu territorio.

Nas últimas décadas, os países desenvolvidos mantiveron a redución progresiva do sector primario, e agora tamén do secundario fronte ao rápido crecemento do sector terciario ou de servizos. Na actualidade o sector primario só dá emprego ao 4,5% dos ocupados en España, e xera unha proporción algo inferior (4%) do PIB; moi por debaixo do secundario (29% dos ocupados) e, sobre todo, do terciario (66%).

De todos os xeitos, a producción final agraria é hoxe un 30% superior á de hai un cuarto de século grazas ao seu maior grao de tecnificación que permite aumentar a productividade do traballo e, pese á perda de importancia dentro da economía española e a dos restantes países desenvolvidos, as actividades do sector primaria aínda manteñen un gran valor estratéxico (autonomía alimentaria, achega de materias primas, manter poboación e emprego en áreas rurais, preservar o medio ambiente…). Por todos estes motivos, a Unión Europea mantén desde hai décadas unha Política Agraria Común (PAC), que busca a supervivencia desta actividade influíndo decisivamente sobre o sector agrario español.

OS GRANDES TIPOS DE USOS DO SOLO

Os máis de cincuenta millóns de hectáreas do territorio español destínanse a diferentes usos, o que xera diversos tipos de paisaxes. A grandes trazos, identifícase cato grandes tipos de usos de solo:

– As terras labradas, ocupadas por diferentes cultivos, comprenden algo máis de 16 millóns de hectáreas (34% da superficie total). Esténdese, sobre todo, polas grandes cuncas e vales interiores, de relevo predominantemente chan ou ondulado vales do Ebro, Douro, Texo, Guadiana, Guadalquivir), algunhas depresións interiores (Bierzo leonés, Baza e Guadix en Granada, Antequera en Málaga, etc.) E o litoral mediterráeno. Son, en cambio, escasas tanto

nas rexións do norte peninsular, coma nas áreas de montaña e o arquipiélago canario. Neste último, as condicións climáticas, topográficas ou a escasa fertilidade do solo dificultaron sempre a súa posta en cultivo, ou bne produciuse o seu abandono recente debido aos seus escasos rendementos ou á competencia doutros usos.

– Os prados e pastos ocupan uns 8 millóns de hectáreas (17% da superficie total). Están destinados á produción de herba para alimento do gando, e ocupan as áreas máis húmidas, topográficamente accidentadas ou con solos de pouca calidade para o cultivo. Pódense distinguir tres tipos de situacións:

· As pradarías permanentes constitúen o uso máis característico do solo nas rexións de clima oceánico próximas ao litoral cantábrico, desde Galicia ao País Vasco, e están asociadas a unha importante gandaría vacúa.

· No oeste da Península Ibérica predominan os pastos estacionais, verdes nos períodos chuviosos, pero que secan no verán; isto permitiu manter unha gandaría máis diversificada (bovina, ovina e porcina) e de carácter extensivo.

· Nos cumes das principais cordilleiras, onde desaparece o bosque polas baixas temperaturas e a pobreza dos solos, aparecen os pastos de altura, utilizados tradicionalmente por unha gandaría trashumante -principalmente ovina- que se traslada a eles no verán desde as terras máis baixas e cálidas.

– As áreas forestais, que se corresponden con bosques de especies caducifolias ou perennifolias, ocupan 15 millóns de hectáreas (32% da superficie total). A súa densidade é maior nas rexións máis húmidas, así como nas principais cadeas montañosas da Península e os arquipiélagos, que son tamén as áreas menos transformadas pola acción humana. Permiten a explotación da madeira e doutros produtos complementarios (cortiza, froitos, etc.), así como a súa utilización para a caza.

– Os restantes usos do solo suman outros 8,4 millóns de hectáreas (que constitúe o 17% da superficie total). Nesta sección inclúense desde os terreos ermos improdutivos ata as áreas urbanizadas, as ocupadas por infraestruturas (como son aeroportos, portos, estradas, ferrocarrís) e os espazos hídricos de auga doce e non mariños (lagos, ríos e encoros).

FACTORES EXPLICATIVOS DA DISTRIBUCIÓN DE USOS DO SOLO

A distribución dos usos do solo en España vén determinada por varios factores:

– As condicións naturais: En España distínguense tres dominios:

· O dominio atlántico, de clima húmido, que conta coa presenza de prados e bosques.

Esténdese polo norte e oeste peninsular, degradándose cara ao interior.

· O dominio mediterráneo, localizado no resto da Península e as illas Baleares. Caracterízase

pola existencia dunha estación seca no verán, e mostra un predominio das terras labradas.

· O dominio subtropical, nas illas Canarias, que ten na aridez o principal factor limitante para os cultivos e o bosque, agás nas zonas que están expostas aos ventos alisios.

– Outra división é a existente entre áreas montañosas e chairas. Nas primeiras, as condicións especiais de elevada altitude e pendente, solos pouco profundos e descenso térmico favorecen un uso do solo para pastos e bosques. En cambio, nas chairas, a ocupación humana foi históricamente máis intensa, polo que predominan as terras cultivadas. Exceptúanse as penechairas occidentais, onde os solos son de pouca calidade, o que explica o seu uso para pastos e non para cultivos.

– A evolución histórica e a estrutura da propiedade. Na econocía de subsistencia, cultivos, pastos e bosque complementábase, poñéndose en uso a maior superficie de terra posible para asegurar a alimentación da poboación. O desenvolvemento da economía de mercado, desde hai máis dun século, conduciu ao abandono das terras de cultivo pouco rendibles e a súa substitución por pastos destinados a alimentar o cada vez máis demandado gando; tamén produciu a destrución de certos bosques compensada coa repoboación doutros, o que produciu cambios no mapa de usos do solo.

Nos territorios dominados pola gran propiedade, son habituais os usos extensivos con poucos rendementos por hectárea, pero con investimentos de traballo e capital escasos, que os fan rendibles. En troques, a pequena propiedade asóciase a usos máis intensivos do solo para poder subsistir con pouca terra, pero maiores rendimentos.

TOMADO DE:

http://noespazoenotempo.webnode.es/

MAPA CONCEPTUAL BLOQUE II TEMA 1

USOS DO SOLO E FACTORES EXPLICATIVOS

IDEM EN CASTELLANO

LOS USOS DE LOS SUELOS Y SU DISTRIBUCIÓN: TIPOS Y FACTORES EXPLICATIVOS.

Hasta el s.XIX los países mantenían un predominio del sector primario, y buena parte de su población activa se dedicaba a obtener alimentos y otros bienes de primera necesidad. Luego algunos países iniciaron un proceso de industrialización, que hizo que el sector secundario se convirtiese en el más importante.

En las últimas décadas, los países desarrollados fueron abandonando el sector primario y el secundario frente al rápido crecimiento del sector terciario. En la actualidad el sector primario da empleo al 4’5% de los ocupados en España, y genera una proporción inferior del PIB; por debajo del secundario y del terciario.

Sin embargo, la producción agraria es hoy un 30% superior a la de hace ¼ de siglo, gracias a su mayor grado de tecnificación, lo que permite aumentar la productividad del trabajo y que las actividades del sector primario aún mantengan un gran valor estratégico. Debido a esto la U.E mantiene desde hace décadas una Política Agraria Común, que busca la supervivencia del sector y que es decisiva en el caso español.

Las múltiples hectáreas del territorio español se destinan a diferentes usos, que originan diversos tipos de paisajes. Se diferencian 4 grandes tipos de usos de suelo:

·Las tierras labradas. Están ocupadas por diferentes cultivos. Se extienden por: las grandes cuencas y valles interiores, algunas depresiones interiores y el litoral mediterráneo. Son escasas en el norte peninsular, las áreas montañosas y el archipiélago canario. En este último, las condiciones climáticas, topográficas o la escasa fertilidad del suelo dificultaron su puesta en cultivo o favorecieron su abandono.

·Los prados y pastos. Están destinados a la producción de hierba para alimento del ganado. Ocupan las áreas más húmedas, accidentadas o con suelos de poca calidad para el cultivo. Se pueden distinguir 3 tipos de situaciones: las praderías permanentes, los pastos estacionales o los pastos de altura.

·Las áreas forestales. Se corresponden con bosques de especies caducifolias o perennifolias. Su densidad es mayor en las regiones más húmedas o en las principales cadenas montañosas, que son también las áreas menos transformadas por la acción humana. Permiten la explotación de la madera y de otros productos complementarios, así como practicar la caza.

·Los restantes usos del suelo. Aquí se incluyen desde los terrenos yermos improductivos hasta las áreas urbanizadas, las ocupadas por infraestructuras y los espacios hídricos de agua dulce.

La distribución de los usos del suelo en España viene determinada por varios factores. Por un lado están las condiciones naturales, donde podemos distinguir 3 dominios:

·El dominio atlántico. Se trata de un clima húmedo con presencia de prados y bosques. Se extiende por el norte y oeste peninsular, degradándose cara al interior.

·El dominio mediterráneo. Se encuentra en el resto de la Península y en las islas Baleares. Se caracteriza por tener 1 estación seca en el verano. Predominan las tierras labradas.

·El dominio subtropical. Estamos a hablar de las islas Canarias. La aridez dificulta el desarrollo del bosque y de los cultivos a excepción de las zonas sometidas a los vientos alisios

Otro factor de la distribución de los suelos es la diferenciación entre áreas montañosas y las llanuras. En las primeras, los suelos son poco profundos y se producen descensos térmicos que favorecen la aparición de pastos y bosques. En las llanuras, la ocupación humana hace que predominen las tierras cultivadas.

Como último factor encontramos la evolución histórica y la estructura de la propiedad. En la economía de subsistencia, cultivos, pastos y bosques se complementaban. El desarrollo de la economía de mercado condujo al abandono de las tierras de cultivo poco rentables y a la substitución por pastos, destinados a alimentar al sector ganadero; también provocó la destrucción de ciertos bosques compensada con la repoblación de otros. En lo referente al 2º punto de este último factor, la gran propiedad se asocia a usos extensivos con inversiones de trabajo y capital escasos, mientras que la pequeña propiedad a usos más intensivos pero con mayores rendimientos.

 OUTRA VERSIÓN

TEMA: USOS DO SOLO E A SÚA DISTRIBUCIÓN: TIPOS E FACTORES EXPLICATIVOS

Os máis de cincuenta millóns de hectáreas do territorio español destínanse a diferentes usos . A grandes trazos diferéncianse os seguintes tipos.

Os terreos agrícolas ocupan un 34% da superficie:

Terras de labor: cultivo de cereais, legumes, tubérculos e terras en barbeito. Son as Depresións do Ebro e Guadalquivir e as chairas das dúas mesetas.

Cultivos permanentes: froiteiras, oliveiras e vides. Están nos Sur peninsular e na costa mediterránea.Sistemas agrícolas heteroxéneos. Coexisten cultivos anuais e permanentes. Distribuídos por todo o territorio.

A vexetación herbácea ocupa un 17% da superficie:

Pastos naturais, de baixa produtividade e matorrais, con vexetación baixa e pechada.

Pradarías permanentes. Son propias de zonas de clima oceánico e son cultivadas especialmente para alimentar á gandería de vacún.

Os bosques ocupan o 32% da superficie. Poden ser de especies caducifolias ou perennifolias. A súa densidade é maior nas rexións húmidas e das montañas- Permiten a explotación madereira e produtos complementarios 8 cortiza, froitos9, así como a súa utilización para a caza.

As zonas húmidas ocupan un 1%. Trátase de humedais e superficies de auga que inclúen: zonas pantanosas, encoros, marismas, turbeiras e salinas.

Zonas con escasa vexetación: 16%. Rocha, tundra, terras baldías, praias, áreas queimadas, zonas urbanas e redes viarias.

Cabe sinalar que hai toda unha serie de factores que explican que a superficie do terreo se adique a unha ou outra desas actividades ante sinaladas. Estes factores son por un lado físicos e por outro humanos.

Factores físicos:

Relevo. Por exemplo as zonas montañosas con forte pendente soen estar dedicadas á uso forestal xa que non poden ser cultivadas de xeito doado.

Clima: Por exemplo, os prados ou os cultivos que precisan de moita auga son máis frecuentes nas zonas con clima atlántico polas súas abundantes precipitacións.

Solos: Hai solos máis ricos que outros e polo tanto onde se obteñen maiores beneficios se se cultivan mentres que noutros solos sucede o contrario.

Como resultado da combinación destes factores aparecen os seguintes dominios naturais:

O dominio atlántico, de clima húmido, que conta coa presenza de prados e bosques. Esténdese polo norte e u oeste peninsular, degradándose cara ao interior

O dominio mediterráneo, localizado no resto da Península e nas Illas Baleares. Caracterízase pola presenza dunha estación seca no verán en el predominan as terras labradas

O dominio subtropical nas Illas Canarias, que ten na aridez o principal factor limítante para os cultivos e o bosque, agás as zonas que están expostas aos ventos alisios.

Tamén poderíamos facer outra división ente áreas montañosas e chairas. Nas primeiras, os factores explicados anteriormente fan que a predominancia sexa de bosque e pastizais. En cambio, nas chairas a explotación e ocupación foi máis intensa, o que explica a hexemonía das terras cultivadas, agás nas chairas occidentais, onde os solos de pouca calidade explican o seu uso para pastos.

Factores históricos e estrutura da propiedade

Na economía de subsistencia, cultivos, pastos e bosques complementábanse, poñendo en uso a maior superficie da terra posible. O desenvolvemento dunha economía orientada ao mercado conduciu ao abandono das terras menos rendibles e a súa substitución por pastos destinados a alimentar a unha cada vez maior demanda de gando para carne e leite; tamén produciu a destrución de certos bosques, compensada en parte coa repoboación doutros, especialmente con árbores de alto rendemento, o que trouxo numerosos cambios no mapa de usos do solo.

Ademais, nos territorios dominados pola gran propiedade son habituais os usos extensivos, con poucos rendementos por hectárea, pero con investimentos escasos en capital e traballo, que os fan rendibles. Onde domina a pequena propiedade aparecen usos máis intensivos do solo, para poder subsistir con pouca terra, pero con maiores rendementos.

TOMADO DE:

https://sites.google.com/site/xeomasabelen/ii-actividades-economicas/i-1-sector-primario/a-agricultura/usos-do-solo-e-a-sua-distirbucion-tipos-e-factores-explicativos

Advertisements