Arquivo para a categoría ‘Perfil topográfico’

diversidade climática, hidrolóxica e bioxeográfica en Galicia; natureza e medio ambiente en España

11 Xullo, 2012

I.- NATUREZA E MEDIO AMBIENTE EN ESPAÑA (BLOQUE 1 PROGRAMA PAU)

5.  NATUREZA E MEDIO AMBIENTE EN GALICIA. DIVERSIDADE CLIMÁTICA GALEGA E A SÚA INFLUENCIA NOS RÍOS E NA VEXETACIÓN

1. DIVERSIDADE CLIMÁTICA

Pola súa posición xeográfica, entre os 41º 48′ e 43º 47′ de latitude norte, Galicia inclúese dentro das rexións de clima oceánico de fachada occidental, que se caracterizan por contar cunha amplitude térmica reducida, con invernos suaves, veráns frescos e precipitacións abundantes regularmente repartidas durante todo o ano.

Non obstante, certos factores como a disposición do relevo -que segue en moitos casos unha orientación transversal ás masas de aire dominantes, de compoñente O e SO-; a orientación da maioría das rías a favor dos ventos oceánicos, a distancia ao mar, ou as peculiares características das depresións e dos vales fluviais, introducen unha serie de matices climáticos.

De modo simplificado, pódese dicir que de oeste a leste e de norte a sur se produce unha progresiva gradación dos trazos típicos do dominio oceánico. Esta transición bioclimática fai que poidamos distinguir, polo menos, cinco ámbitos diferentes: a Galicia occidental, a fachada cantábrica, as áreas de montaña, a Galicia interior e os vales e depresións do sector meridional.

1.1. GALICIA OCCIDENTAL

As temperaturas medias sitúanse arredor dos 12º, mentres que as precipitacións poden chegar a superar os 1500 mm anuais. No caso da área centro-occidental de Galicia, a orientación das rías favorece a entrada das masas de aire que, ao se atoparen cos pés das serras centrais, producen abundantes precipitacións.

Nas Rías Baixas rexístranse temperaturas elevadas durante gran parte do ano (entre 12-15ºC de media) e, aínda que o total de precipitacións é similar ao resto da fachada, estas presentan unha distribución máis estacional, cunha forte tendencia á aridez estival.

1.2. FACHADA CANTÁBRICA

A Mariña lucense presenta un descenso relativo das precipitacións, que se sitúan entre os 800- 1000 mm anuais, con respecto á fachada atlántica, aínda que sen aridez estival. As temperaturas mantéñense, así e todo, en valores semellantes, con invernos frescos e veráns suaves.

1.3. ÁREAS DE MONTAÑA

En Galicia o clima oceánico de montaña dáse, en xeral, por riba dos 700 metros de altitude, aínda que as súas características esenciais (aumento xeral da oscilación térmica anual e diaria, e maior frecuencia das precipitacións en forma de neve) rexístranse fundamentalmente nas serras orientais e sudorientais.

1.4. GALICIA INTERIOR

A distancia ao mar e a portección das serras nos sectores da Terra Chá, Chantada, Terra deLemos, Arnoia e A Limia fan que as chuvias sexan inferiores ás dos outros dominios e que aumente a oscilación térmica, que se aproxima aos 14º C, con invernos rigorosos e veráns moi cálidos.

1.5. VALES E DEPRESIÓNS DO SECTOR MERIDIONAL

Os vales do Miño medio e do Sil, así como as pequenas depresións do sur, constitúen ossectores máis áridos de Galicia, sobre todo durante a época estival. En xeral, as precipitacións adoitan ser inferiores a 700-800 mm e rexístrase un aumento xeneralizado das temperaturas, cunha media anual superior aos 14º C. Estas características fan que a zona sexa considerada de transición ao clima mediterráneo.

2. INFLUENCIA NA REDE FLUVIAL

A compartimentación do relevo xunto cunha elevada pluviometría e un substrato litolóxico moi impermeable propicia unha rede fluvial moi densa. Os ríos galegos teñen un gran poder erosivo e presentan na súa maioría un réxime pluvial oceánico, cun ritmo anual simple dun máximo no inverno, en xaneiro ou febreiro, e un mínimo no verán, en agosto ou setembro. Os cursos da cunca hidrográfica costeira divíndense en dúas zonas: os ríos da vertente norte, nacen nas serras litorais, a excepción do Eo e do Navia, que teñen o seu nacemento nas serras orientais. Son de curso moi curto, agás o Navia, o máis longo desta vertente, que desemboca fóra de Galicia. Os ríos da vertente atlántica nacen nas serras litorais ou nas occidentais. Destacan o Tambre, o Ulla e o Eume.

O Miño e o Sil son os ríos máis longos de Galicia. O Miño nace na Serra de Meira e, despois de percorrer 340 km, desemboca nun esteiro. O Sil nace fóra da Comunidade, na Cordilleira Cantábrica, a 1.980 m. Esta elevada altitude fai que sexa o único río galego de réxime pluvionival. A cunca meridional situada ao sueste, inclúe algúns ríos que nacen en Galicia pero que desembocan fóra da Comunidade, como o Támega, que desauga no Douro e o Limia, que desemboca en augas oceánicas portuguesas.

Galicia conta con gran cantidade de terreos húmidos diseminados por todo o territorio en forma de zonas de marismas, esteiros, deltas, lagoas, etc. Entre estas zonas húmidas galegas destacan cinco pola súa riqueza natural e pola cantidade de especies endémicas que as habitan. Trátase da ría de Ribadeo; a ría de Ortigueira e Ladrido; a lagoa e areal de Valdoviño; o complexo das praias, dunas e lagoas de Corrubedo e finalmente o complexo intermareal de Umia-O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e lago Bodeira. Os acuíferos, bastante numerosos, supoñen un importante recurso xa que as súas augas abastecen os pequenos núcleos das áreas rurais e algunhas industrias, aínda que a súa principal función é subministrarlles auga ás zonas húmidas e lagoas de Galicia

3. INFLUENCIA NA VEXETACIÓN

O noroeste  peninsular atópase no límite de dúas importantes rexións bioxeográficas: a Eurosiberiana, que ocupa gran parte de Galicia, e a Mediterránea, restrinxida fundamentalmente ao sueste da provincia de Lugo e á maior parte de Ourense. Esta transición faise visible no paso do dominio do carballo (Quercus robur) ao do cerquiño ou rebolo (Quercus pyrenaica); o primeiro, típico da fachada atlántica, adáptase á humidade e aos solos silíceos, mentres que o segundo representa o tránsito cara a condicións climáticas caracterizadas por unha maior irregularidade das precipitacións e pola existencia dun período de seca estival.

En xeral, pódese establecer unha estreita correspondencia entre os diferentes dominios climáticos e as unidades bioxeográficas. Non obstante, a proliferación das plantacións de piñeiro e de eucalipto (orixe antrópica) esvaneceu, en gran medida, a distribución de especies tradicionais que, como o carballo ou o castiñeiro, sufriron un notable retroceso nos últimos tempos debido á menor rendabilidade económica. Nas beiras dos ríos e polo xeral en áreas húmidas medran amieiros, salgueiros ou freixos. Pola contra, nas áreas máis secas están presentes as sobreiras e as aciñeiras.

Dentro das formacións arbustivas atópanse os breixos, que invaden amplas áreas comosotobosque ou como cuberta arbórea, debido á intensiva deforestación, as xestas, que ocupan principalmente a Galicia interior e de montaña, e o piorno, que se estende polas serras orientais. Nas áreas máis secas dos vales orientacións aparecen formacións de xarais, que poñen de relevo a existencia de condicións mediterraneizantes. Nas zonas de marismas e dunas predominan especies adaptadas á salinidade  (psamofilas, cardo mariño), e nas pozas, xuncos, carrizos e ranúnculos.

Tomado de: 

http://noespazoenotempo.webnode.es

 

TEMA 5.- “DIVERSIDADE CLIMÁTICA GALEGA E A SÚA INFLUENCIA NOS RÍOS E NA VEXETACIÓN : A) Diversidade climática. B) Os ríos de Galicia. C) A diversidade bioxeográfica”.

TEMA 5.- “DIVERSIDADE CLIMÁTICA GALEGA E A SÚA INFLUENCIA NOS RÍOS E NA VEXETACIÓN :a) Diversidade climática. b) Os ríos de Galicia. c) A diversidade bioxeográfica”.

DIVERSIDADE CLIMÁTICA

O clima de Galicia vese moi influído pola súa localización xeográfica. Así, a situación á beira do océano e a latitude na que se atopa marcan os caracteres climáticos. A orografía é outro factor definitorio do clima, que favorece a subdivisión interna nunha serie de variedades. A posición do país fai que existan uns contrastes estacionais moi marcados, alternando a influencia da corrente polar no inverno e das altas presiós subtropicais (Anticiclón de Azores) no verán. Esta variedade de condicións atmosféricas explican a diversidade notoria de tipos de tempo que se dan en Galicia.

O clima da nosa comunidade presenta trazos comúns con todos os climas oceánicos de Europa Occidental, pero tamén características diferenciais. Os elementos comúns son as continuas chegadas de masas húmidas do Oeste que favorecen unhas intensas precipitacións e unhas características térmicas de suavidade. Malia estes caracteres comúns, Galicia individualízase pola seca estival acentuada e a maior duración do verán.

As variedades climáticas de Galicia están todas incluídas dentro do clima oceánico, malia que se deben diferenciar diversas áreas:

1.‐ O oceánico húmido, suave e de choivas regularmente distribuídas ao longo do ano, cínguese franxa setentrional costeira, desde Fisterra ata a Mariña lucense, incluíndo a Costa da Morte e o Golfo Ártabro.

2.‐ Oceánico hiperhúmido, con precipitacións máis abundantes e redución da temperatura media, cínguese ao chanzo da « Terra de Ordes», Soneira, comarca de Santiago e vertentes occidentais da Dorsal Meridiana, onde o efecto foehn e a exposición a barlovento fai que se incrementen as precipitación por enriba dos 1.500 mm anuais.

3.‐ Nas Rías Baixas estamos diante dunha variedade climática con tendencia á aridez estival, con incremento das temperaturas medias e descenso das precipitacións no verán en comparación coa cornixasetentrional.

4.‐ As serras setentrionais, as da Dorsal Galega e o Xurés constitúen un ámbito de transición entre a Galicia occidental e oriental, marcado polo incremento medio das precipitacións e o descenso dastemperaturas medias por mor da altitude, aínda que opoñen as abas de barlovento máis chuviosas ás de sotavento máis secas.

5.‐ O oceánico continental, con incremento dos días de xeada, tendencia a una maior oscilación térmica e precipitacións máis reducidas en contraste coa costa, cínguese á meseta lucense e áreas do nterior Norte.

6.‐ Cara ao sur, nas depresións do Sil, Ourense, Limia e Verín, a continentalización dá paso a un matiz mediterráneo que se manifesta claramente na aridez estival e na elevación notable das temperaturas medias nesa época do ano.

7.‐ O oceánico de montaña afecta ás serras orientais e sudorientais, cos efectos propios da montaña: incremento das preciptacións de neve nos meses invernais‐ e baixada das temperaturas medias por mor da altitude.

OS RÍOS DE GALICIA.

A rede fluvial vén definida pola interrelación entre a disposición do relevo e a pluviosidade. As dúas favorecen a existencia de numerosísimos cursos fluviais, a meirande parte deles de curto percorrido. Case a totalidade dos ríos galegos amosan un réxime de tipo pluvial oceánico, caracterizado pola abundancia e regularidade dos caudais, con enchentasinvernaise estiaxes moderadas no verán. Os ríos que desembocan na vertente cantábrica (Navia, Eo,Masma, Landro, Sor, Mera etc.) son os que teñen maior regularidade neste réxime. Pola contra, os que desaugan nas Rías Baixas presentan descensos moi importantes no seu caudal durante o verán (Tambre, Ulla, Deza, Umia, Lérez,Verdugo etc.), mentres que os ríos que desembocan no Golfo Ártabro e na área de Fisterra manteñen uns caracteres intermedios (Grande de Xubia, Eume, Mandeo, Mero, Anllóns, Grande, Castro e Xallas).

O Miño e o seu principal afluente, o Sil, merecen unha mención á parte, xa que tanto por constituírse nunha longa arteria fluvial (cruza de N a S a maior parte da provincia de Lugo e boa parte das de Ourense e Pontevedra),como pola amplitude da súa cunca e a diversidade de áreas climáticas que atravesan, teñen unha variabilidade no seu comportamento hídrico que os individualizan respecto aos demais de Galicia.

A DIVERSIDADE BIOXEOGRÁFICA.

As condicións térmicas e pluviométricas son óptimas para o desenvolvemento do manto vexetal. A maior parte de Galicia inclúese na rexión florística Eurosiberiana, na superprovincia Atlántica. Só o extremo suroriental da provincia de Lugo e boa parte da de Ourense pertencen á rexión florística mediterránea. Na primeira destas rexións a vexetación climática son bosques mixtos caducifolios, con dominio de carballos (Quercus robur), agás nos Ancares e no Courel, onde dominan o cerquiño (Quercus pyrenaica), acompañado de sobreiras na Galicia occidental (Quercus suber), e do carballo peciolado (Quercus petrae) no N e NL, que á súa vez se ven acompañados en xeral de abeleiras (Corylus avellana), ameneiros (Alnus glutinosa), olmos (Ulmus glabra), freixos (Fraxinus excelsior e augustifolia), arces (Acer pseudoplatanus), (Betula alba) e faias (Fagus sylvatica).

Na rexión mediterránea as comunidades climáticas son tamén bosques, neste caso de cerquiños, agás na do Sil, onde son substituídos por aciñeiras (Quercus ilex subsp. Ballota). Os bosques de cultivo tamén adquiriron notable importancia dende épocas remotas; é o caso dos soutos de castiñeiros (Castanea sativa), introducidos hai máis de dous mil anos. Os piñeirais son de implantación máis recente, especialmente o Pinus pinaster (piñeiro marítimo ou galego), chegado dende Portugal no século XVII. Máis recentemente introduciuse o eucalipto (Eucaliptus globulus), orixinario de Australia e que comezou a cultivarse a partir de mediados do século XIX, malia os problemas medioambientais que xera.

A paisaxe vexetal actual é resultado da acción antrópica, pois a vexetación climática de frondosas caducifolias está moi deteriorada e en franco retroceso, predominando na actualidade as especies arbóreas foráneas, o mesmo o mato de substitución do bosque orixinario, fundamentalmente os toxos (Ullici europaei), piornos (Cytisus lusitanicus) ebreixos (Ericetum cinerae).

No mapa de distribución de cubertas vexetais en Galicia destaca a forte penetración dos eucaliptais na Mariña lucense e costa norte coruñesa, ao tempo que incrementan a súa proporción en todo o litoral occidental, onde as masas de frondosas ceden tamén ante a presión das coníferas e, en menor medida, nas montañas ourensás. De todos os xeitos, o espazo non arborado ocupa unha proporción moi notable nas altas serras orientais e, sobre todo, sudorientais, en depresións como a Limia e nos altos cumes da Dorsal Galega e outras serras máis occidentais. A mestura de coníferas e frondosas está moi estendida polas provincias de poñente e no cadrante noroccidental de Ourense, mentres que a principal cantidade de frondosas e carballeiras se refuxia na provincia de Lugo

TOMADO DE: Criterios de avaliación CIUG.CESGA.ES

 

LIGAZÓNS PROPOSTAS POLA CIUG

http://www.meteogalicia.es/datosred/infoweb/meteo/docs/publicacions/libros/AtlasClimaticoGalicia.pdf

http://climantica.org/descargas/resource/atlas_climatico_galicia.pdf

PRÁCTICOS NATUREZA E MEDIO AMBIENTE EN GALICIA

PERFIL TOPOGRÁFICO DE GALICIA W.E

COMENTARIO DE PAISAXES NATURAIS DE GALICIA (SERRAS ORIENTAIS, CUNCAS INTERIORES E TIPOLOXÍA DAS RÍAS)

PERFIL TOPOGRÁFICO DE GALICIA W-E  

Un perfin topográfico é un diagrama lineal que permite establecer as diferencias altitudinais que se presentan ao longo dun percorrido, neste caso da Comunidade Autónoma de Galicia, dende a súa costa occidental ata a superficie da Meseta en dirección noroeste-sureste. A Comunidade Autónoma de Galicia localizase no extremo noroeste da Península Ibérica, tendo uns límites nítidos, que neste caso se corresponden co océano atlántico ao oeste e as cordilleiras orientais e sudorientais ao este que o enlazan, a través da Meseta, co resto do estado español. 

Como pode observarse, o relevo galego organízase mediante unha sucesión de bloques elevados e afundidos que presentan un aumento xeral das alturas desde a costa cara ao interior. O relevo presenta fortes contrastes, que orixinan paisaxes moi variadas. O territorio ten unha altitude media duns 500 metros aínda que algúns cumes superan os 2.000 metros, como pode verso no perfil na Serra Segundeira.

En xeral o territorio galego é uunha zona montañosa na que predominan materiais moi antigos formados no Paleozoicogranito e gneis, aínda que ao leste do Miño afloran lousas e cuarcitas. O pregamento herciniano provocou arcos de pregamento e no tardohercínico unha serie de fracturas. No mesozoico Macizo Galaico quedou convertido nunha penechaira ou superficie de erosión. Na oroxénese alpina a penechaira fracturouse de novo e formáronse enormes fosas tectónicas (fosa do Sil) e altos bloques ou horst, truncados, xa que foran erosionados anteriormente. Durante o glaciarismo do cuaternario, os glaciares ocuparon as zonas máis elevadas mentres que as vertentes estiveron sometidas a importanes procesos periglaciares (procesos nas áreas marxinais dos glaciares). 

No perfil podemos diferenciar as seguintes unidades morfolóxicas:

- A franxa litoral. Galiciacontacon preto de 1700kmde costaque presentaunhagran diversidade paisaxística e ambiental. O carácter abrigado das rías constitúe o trazo máis diferenciador do litoral galego, contrastando con sectores de acantilados de gran crueza, como os da Costa da Morte ou A Capelada e co carácter rectilíneo da rasa cantábrica. As rías son vales de antigos ríos, hoxe anegadoseinvadidospolasaugasmariñasdebidoaunafundimento dacostaoubenásubadonnivel do mar. A parte suroccidental da costa galega (Rías Baixas) esténdese desde Muros ata a desembocadura do Río Miño. Son rías anchas que encadean zonas acantiladas con numerosos areais, dunas e multitudes de illas.

- Chairas zonas afundidas como fosa de Tui-Padrón. Constitúen sectores de menor altitude e establecen a transición entre o litoral galego e o interior montañoso. Pódense distinguir chairas ou zonas afundidas como as de Bergantiños e As Mariñas no norte e, como a que recolle o perfil, a depresión Tui-Padrón ao sur. Estas depresións, con fondo cuberto por unha importante capa de materiais sedimentarios de orixe basiamente fluvial, ofrecen interesantes matices climáticos e bioxenéticos e permiten a comunicación entre as zonas marítimas e a zona central da Comunidade.

- Dorsal galega. A dorsal galega, situada ao leste da depresión de Tui, forma, de norte a sur, un conxunto orográfico sinuoso, erosionado de xeito diferencial e con formacións de ollo de sapo (gneis con grandes cristais claros, normalmente de cuarzo, que destacan entre as finas banda escuras de mica). Esta dorsal actúa de divisoria de augas entre a cunca do Miño e os ríos da vertente atlántica. ADorsalesténdesedenorteasur,aumentandoprogresivamenteenalturadesdeaserra da Faladoira (700 m.) ata o Faro de Avión (que se aproxima aos 1.100 m). Destacan aserra da Loba, a de Cova da Serpe ao norte, e a serra do Faro, do Suído e Testeiro ao sur.

- Superficie de Chantada. Un dos aspectos máis destacados do relevo galego é a existencia de amplos sectores aplanados, queacentúan ocontraste horizontalidade/verticalidade característico na configuración do noroeste peninsular. Así, no interior da provincia de Lugo, entre as serras orientais e a Dorsal Galega, temos a denominada Terra Chá, extensa superfice de erosión que supón unha gran superficie chá, situada entre os 600-700 metros de altitude. Ao sur desta meseta aparecen pequenas cubetas como Sarria-Lemos e a depresión de Ourense con outras adxacentes (Maceda, Limia). As depresións quedan pechadas ao sur polas serras de Larouco, Xurés e Laboreiro.

- Fosas miocénicas, coma a que podemos observar no perfil (Monforte). Trátase de depresións interiores que encadéanse dende o norte (As Pontes de García Rodríguez) ata o sur (Verín) e que foron orixinadas durante os movementos oroxénicos da era terciaria, presentando -como xa apuntamos- unha dirección dominante norte-sur. Como no caso da Fosa de Tui, presentan un fondo cuberto por una capa de materiais sedimentarios de orixe fluvial.

- As serras orientais e surorientais, como a Serra Segundeira. Como podemos observar no perfil, no extremo oriental de Galicia érguese un paredón rochoso creado por un encadenamento de serras, entre as que destacan as serras orientais representadas polas serras dos Ancares e O Courel con altitudes que rozan os 2.000 metros e as serras surorientais, que posúen as maiores altitudes de Galicia (2.124 metros de Pena Trevinca) e que están constituídas polas serras do Eixe, de Queixa, Segundeira e de San Mamede. Desde o punto de vista litolóxico, estas serras formadas durante a oroxénese alpina, na era terciaria, caracterízanse pola súa gran diversidade, con presencia de lousas, cuarcitas, calcarias e pequenas áreas de dominio granítico. Esta circunstancia, unida á intensa acción erosiva dos ríos Miño, Eo, Navia e Sil, e aos procesos glacial e periglacial, deu lugar a un relevo que se sintetiza nunha sucesión devalesecumios coroados fundamentalmente por cristas de cuarcita. Moitas destas serras, constituídas por materiais paleozoicos, presentan formas suaves e redondeadas, cortadas por multidude de fallas, que complican as comunicacións coa Meseta.

- Superficie da Meseta.No seu conxunto,o macizo galaico correspondea un fragmentodo relevo máis antigo da Península afectado polos movementos da codia terrestre e formado por un conxunto de bloques en falla, elevados e afundidos, que deu lugar -como podemos observar no perfil- a un macizo en escaleira. Neste conxunto a erosión encargouse de facer retroceder e suavizar as pendentes montañosas e formou depósitos co material erosionado. O Macizo galaico enlaza na súa vertente oriental, a través dos montes de León, coa princiapal unidade do relevo español, a Meseta, que durante o movemento alpino quedo fracturada en dous grandes bloques. A parte que contacta co macizo galaico é a submeseta norte, extensa planicie que ten unha altitude media de 800-850 metros. 

COMENTARIO DUNHA PAISAXE NATURAL DOS ANCARES

La imagen corresponde a un área de las sierras orientales gallegas (Ancares) que está situada al este de la comunidad y que posee altitudes que rozan los 2000 metros, dificultando enormemente las comunicaiones con la Meseta. Como puede apreciarse en la imagen se trata de sierras que tienen un aspecto redondeado por el efecto del glaciarismo. Desde el punto de vista litológico, estas sierras se formaron durante la orogénesis alpina, en la era terciaria, y se caracterizan por su gran diversidad, con presencia de pizarra, cuarcitas, calcarias y pequeñas áreas de dominio granítico. Esta circunstancia, unida a la intensa acción erosiva de los ríos y, como ya comentamos, a los procesos de origen glaciar y periglaciar, dio lugar a un relieve que se sintetiza en una sucesión de valles y cumbres coronadas fundamentalmente por crestas de cuarcita.

El espacio natural de los Ancares se extiende por un área más extensa, compartido por la Comunidad Autónoma de Castilla y León (provincia de León, cerca de 56.000 ha) y el Principado de Asturias (Ibias). Está drenada por la cuenca del río Navia, con múltiples afluentes (Rao, Ser, Cervantes) y subafluentes (Murias, Xunquiñas, Piornedo, Ortigal, Vara, Brego, Noceda), que discurren de este a oeste. El rango altitudinal va de los 460 a los 1.935 m s.n.m., encontrándose una buena parte del cordal suroriental alrededor o por encima de los 1.800 m s.n.m. (Mostallar, Corno Maldito, Tres Bispos, Penarrubia).

Pertenece a la Región Eurosiberiana, provincia Atlántica-Europea, Subprovincia Orocantábrica y Sector Laciano-Ancarense. El subsector corológico correspondiente (Coureliano-Ancarense) es casi exclusivo de estas montañas surorientales de Lugo. Su dominio climático es el oceánico de montaña, con precipitaciones medias anuales de 2.042 mm (a media altitud) y temperatura media de 8 ºC (aunque la media de las mínimas invernales puede rondar los 2 ºC bajo cero y los 4 ºC la media anual de las cumbres), un promedio de 157 días libres de heladas y frecuentes, aunque irregulares, precipitaciones en forma de nieve entre noviembre y abril.

En conjunto, la masa arbórea autóctona es posiblemente la más extensa y mejor conservada de Galicia, con sus mejores representaciones en los valles de los ríos Ortigal, Vara y Brego. También existen algunas plantaciones forestales de pinos. Alrededor de la mitad de la superficie del espacio natural está ocupada por diferentes tipos de matorrales y monte bajo, que predominan en laderas de solana y en las cumbres. En la parte septentrional del espacio natural (Murias-Rao), la escasa influencia mediterránea se hace notar en la presencia de alcornoques y madroños. La vegetación arbórea es particularmente diversa, variando según la orientación de los montes y el gradiente altitudinal. Asociados a la presencia de aldeas y a los cursos de agua, en los fondos de valles y laderas bajas hay soutos de castaños, bosqueres de avellanos y arbolado ripario. A mayor altura (hasta unos 1.000 m de altitud) y en fuerte pendiente, predominan los robledales de roble melojo en las vertientes de solana, alternando con brezales de Erica arborea, mientras que en las umbrías aparecen los bosques montanos más extensos y variados, dominados por carvallos y robles albares, acompañados de avellanos, robles melojos, fresnos, arces, etc., con un sotobosque rico en arándanos, entre otras muchas especies. Entre los 1.000 y los 1.800 m se encuentran los acebales, algunos muy extensos, y los abedulares, acompañados de serbales y tejos, con estratos arbustivos y herbáceos bastante densos. A partir de los 1.700-1.800 m desaparece la vegetación arbórea, que es sustituida por formaciones de brezos blanco, piornos, tojos y enebros rastreros, juntamente con diferentes pastizales asociados a suelos esqueléticos y pedrizas. En valles de origen glaciar se desarrolla una vegetación propia de zonas higroturbosas (brezales higrófilos, cervunales, etc.). 

COMENTARIOS TOMADOS DE:

http://noespazoenotempo.webnode.es/tema-5-natureza-e-medio-ambiente-en-galicia/practicos/

 

LIGAZÓN PROPOSTA POLA CIUG

http://age.ieg.csic.es/recur_didacticos/index.htm


Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.